Isistius labialis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isistius plutodus é unha especie de peixe elasmobranquio da orde dos escualiforme e familia dos dalatíidos,[2] unha das integradas na actualidade, segundo moitos autores, no xénero Isistius.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1985 por Meng, Zhu e Li.[4]

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Durante un tempo algúns autores consideraron a existencia desta especie, e aínda hoxe, por exemplo a FishBase e a ADW admítena como especie diferente,[5][6] pero o WoRMS a identifica como Isistius brasiliensis,[2] e a EOL e o ITIS non a consideran.[7][3]

Distribución e bioloxía[editar | editar a fonte]

Habita no mar da China Meridional, no noiro continental, a profundidades de até 520 m. Presumibelmente é unha especie oceánica ou semioceánica. O único espécime coñecido tiña unha lonxitude de 44 cm. Non se sabe nada da súa bioloxía.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Compagno, L. J. V. (2009): Isistius labialis na Lista vermella da UICN.
  2. 2,0 2,1 Isistius labialis Meng, Zhu & Li, 1985 no WoRMS
  3. 3,0 3,1 Isistius Gill, 1865 no WoRMS.
  4. Meng, Q., Zhu Y. & Li S. (1985): "A new species of Dalatiidae (Squaliformes) of China". Acta Zootaxon Sinica 4: 442-444.
  5. Isistius na ADW.
  6. Especies de Isistius en FishBase.
  7. Isistius na EOL.
  8. Compagno, Leonard J. V. (2002): Sharks of the World. An annotated and illustrated catalogue of Shark species known to date. Volume 2. Bullhead, mackerel and carpet sharks (Heterodontformes, Lamniformes and Orectolobiformes). Roma: FAO. ISBN 92-5-1045-437.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]