Saltar ao contido

Fotóforo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A lura Histioteuthis reversa, que presenta fotóforos que adornan o seu corpo de modo que parede cuberto de xoias.
O peixe de augas profundas Photostomias guernei mostrando o seu fotóforo.

Un fotóforo é un órgano emisor de luz que ten o aspecto dunha mancha luminosa, que aparece sobre todo en animais mariños, como peixes e cefalópodos. O órgano pode ser simple ou tan complexo como un ollo humano, equipado con lentes, pantallas ou obturadores, filtros de cor e reflectores.[1] A luz poden producirla a partir de compostos químicos durante a dixestión das presas, ou en células especializadas chamadas fotocitos, ou por medio de bacterias simbióticas coas que está asociado o organismo.

O carácter dos fotóforos é importante para a identificación de peixes abisais. Os peixes utilizan os fotóforos principalmente para atraer alimento ou confundir aos depredadores. Os fotóforos atópanse en cefalópodos, como Watasenia scintillans, unha lura que pode orixinar impresionantes emisións luminosas.

  1. "Cephalopod Photophore Terminology". Tolweb.org. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 2014-12-06.  Foto, diagrama e descrición dun fotóforo de cefalópodo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]