Décimo Xunio Bruto Albino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Décimo Xunio Bruto Albino
Nacemento85 a. C.
Lugar de nacementoRoma Antiga
Falecemento43 a. C.
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico da Roma antiga e militar da Roma antiga
PaiDécimo Júnio Bruto (cônsul de 77 a.C.)
NaiPostumia
CónxuxePaulla Valeria
editar datos en Wikidata ]
Denario de Décimo Xunio Bruto acuñado no 48 a.C. A lenda do anverso di "Cónsul de Aulus Postumius", pero descoñécese cal está representado aquí (había seis cónsules con ese nome). O reverso coa coroa de espigas podería referirse a unha subministración de trigo ordenada por este home.[1]

Décimo Xunio Bruto Albino (en latín, Decimus Iunius Brutus Albinus) nado en 85 a. C./81 a. C.[2]-43 a. C.) e finado en setembro do 43 a. C. foi un político e militar romano que viviu durante o século I a. C.

A pesar de ser un primo distante do ditador da República Romana Xulio César, Bruto foi un dos principais persoeiros que interviron no seu asasinato. Non debe confundirse con Marco Xunio Bruto, outro membro da familia dos Xunios Brutos que tamén participou no complot.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Michael Crawford 1974.
  2. Ronald Syme, "Bastards in the Roman Aristocracy," Proceedings of the American Philosophical Society 104 (1960), p. 327, argumenta a favor da data de nacemento do 81 sobre a base da cuestura de Décimo, probabelmente no ano 50 a. C.: xa que cuestor era o primeiro chanzo no cursus honorum e á idade requirida para iso eran trinta amos, un home coas conexións de Décimo non é crible que deixara pasar a idade de elexibilidade na súa carriera política.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guglielmo Ferrero: (1901-1907): Grandeza y decadencia de Roma (Grandezza e decadenza di Roma), en 6 volumes; texto castelán no sitio da Biblioteca Tercer Milenio.
    • Vol. III: Fin de una aristocracia.
      • Vol. III, 6: La ley de permutación (lex de permutatione provinciarum).
  • Pierre Grimal (1980): El mundo mediterráneo en la Edad Antigua. III. La formación del imperio romano. Historia universal siglo XXI. Editorial Siglo. XXI ISBN 978-84-3230-168-1.
  • Michael Crawford (1974): Roman Republican Coinage. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5210-7492-6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.