Década de 1270
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XIII | |||||
| |||||
|
1270
- Artigo principal: 1270.
África
- Etiopía: Co rei Yekuno Amlak (1270-1285) comeza a reinar a dinastía salomónida.
Europa
- 25 de agosto : Inicia o reinado de Filipe III, o Atrevido, rei de Francia (até 1285).
1271
- Artigo principal: 1271.
- Inicio da viaxe de Marco Polo a oriente.
1272
- Artigo principal: 1272.
- O rei de Dongola, en África, David I, apodérase do porto de Aydhab no mar Vermello.
- Afonso X de Castela concede carta foral á vila galega de Pontedeume.
1273
- Artigo principal: 1273.
1274
- Artigo principal: 1274.
Europa
- Coroación de Eduardo I de Inglaterra.
- 7 de maio-6 de xullo - Concilio de Lión II:
- Unión das Igrexas de Occidente e Oriente: Miguel VIII Paleólogo recoñece a primacía romana para neutralizar o papado e impedir os proxectos orientais de Carlos I de Anjou.
- Proxecto de reconquista da Terra Santa.
- Institución do conclave que regulamenta a elección pontificia.
- Carlos I de Anjou, privado do apoio papal, debe concluír unha tregua con Bizancio, que se aproveita para reforzarse na Albania e Morea, en canto que os corsarios lle devolven o dominio do mar Exeo.
- A unión das Igrexas, puramente política, non é comprendida nin polo clero nin polo pobo grego. Rexeitada de principio polos estados gregos disidentes Epiro, Tesalia, é abandonada polo papa e por Andrónico II Paleólogo cando cesa a necesidade política.
- O papa Gregorio X adquire o Condado de Venecia.
- Filipe III de Francia casa con María de Brabante.
- Filipe III de Francia adquire o condado de Nemours, que integra no dominio real.
- Lei nacional norueguesa: Magnus Lagaböter fai realizar un importante traballo de codificación. As leis provinciais transcríbense e examínanse co obxectivo de chegar ao establecemento dunha lexislación nacional, que se logrará en 1277.
África
- O rei da Etiopía Yekouno Amlak pide a través do soberano do Iemen un novo bispo ao sultán do Cairo, mais este rexeita a petición dado que o soberano etíope lle fai a guerra aos príncipes musulmáns establecidos no leste do seu reino, en concreto ao sultán de Ifat, que ameaza a provincia de Choa.
Asia
- Primeira tentativa infrutuosa de invasión do Xapón polos mongois: a invasión é rexeitada en Tsushima, en parte polo tifón (kamikaze, ou "vento dos deuses").
- Morre Tou-tsong, emperador Song da China. O seu ministro Kia Sseu-tao coloca no trono a un neno de catro anos.
- Á morte do djaghataide Togatemur, Qaidu coloca a Douwa, fillo de Barak, no trono de Transoxiana (até 1306). Douwa apoia ao seu soberano dentro das súas pretensións ao título de Gran khan.
Oriente Próximo
- Gregorio X tenta en van asociar aos mongois da Persia e ao emperador bizantino Miguel Paleólogo á cruzada.
1275
- Artigo principal: 1275.
Arte e cultura
- Raimund Llull, "Llivre de la Orde de Cavalleria" (data aproximada).
1276
- Artigo principal: 1276.
Asia
- O xeneral mongol Baian toma a cidade chinesa de Hang-chou, sede do reino Sung, levando cativos para Pequín, ao emperador Sung e a súa nai, rexente. O evento significou a incorporación dese reino ao imperio sino-mongol.
Europa
- Magnus Ládulos sobe ao trono de Suecia, como soberano independente a respecto de Noruega.
1277
- Artigo principal: 1277.
Asia
- Batalla de Ngasaunggyan, en Yunan, preto da fronteira birmano-chinesa, na que Kubilai Khan derrota as forzas imperiais birmanas.
Europa
- Terceiro ataque mongol da Horda de Ouro contra Lituania.
- Nicolao III sucede a Xoán XXI como papa.
- Tropas francesas atacan Pamplona e saquean o Burgo da Navarrería da cidade.
1278
- Artigo principal: 1278.
- O emperador sino-mongol Kubilai Khan emprende unha expedición militar cara Annam, na actual Indochina
- Fundación do Principado de Andorra.
1279
- Artigo principal: 1279.
- Dinís I convértese en rei de Portugal.