Saltar ao contido

Córdoba, Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCórdoba, Arxentina
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 31°25′S 64°11′O / -31.42, -64.18
EstadoArxentina
Provincia da ArxentinaProvincia de Córdoba
Departamento da Argentina (pt) TraducirCapital (departamento de Córdova) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.329.604 (2010) Editar o valor en Wikidata (2.308,34 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie576 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude390 m Editar o valor en Wikidata
Creación1573 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoCabinet of Córdoba (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Alcalde Editar o valor en WikidataDaniel Passerini (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoDeliberative Council of Córdoba (en) Traducir , (Escano: 31) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalX5000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico351 e 3543 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcordoba.gob.ar Editar o valor en Wikidata
Facebook: MuniCba Twitter: MuniCba Instagram: municba Youtube: UCiNCFq3xTTai4vsBz1QGf1A BNE: XX453924 Editar o valor en Wikidata

Córdoba é unha cidade arxentina, capital da provincia homónima, situada na rexión central do país, a ambas as beiras do Río Suquía, con preto de 1 400 000 habitantes. O seu territorio está dividido en 10 Centros de Participación Comunal, e é o único municipio do Departamento Capital.

Pola súa extensión, 576 km². Ten forma de cadrado de pouco menos de 24 km de lado. Limita ao norte co departamento Colón; ao leste co Departamento Colón (norte do río Suquía) e o departamento Santa María (sur do río Suquía); ao sur co Departamento Santa María e ao oeste co Departamento Santa María (sur do río Suquía) e o Departamento Colón (norte do río Suquía).

Acta fundacional da cidade.

Córdoba foi fundada o 6 de xullo de 1573 polo adiantado Jerónimo Luis de Cabrera co nome de Córdoba da Nova Andalucía, mais desobedeceu as ordes do Vicerrei do Perú e fundou Córdoba máis ao sur da xurisdición que se lle asignara. Dita desobediencia motivou que Cabrera fora decapitado na cidade de Lima, o 17 de agosto de 1574.

En 1580 comezou a construción da Catedral de Córdoba, finalizada en 1758. En 1610 fundouse o Colexio Máximo do cal derivou en 1613 a Universidade de Córdoba (actualmente Universidade Nacional de Córdoba), a máis antiga do país e a cuarta de América.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O río Suquía atravesa o termo municipal en sentido noroeste a leste. Ten as súas nacentes no Val de Punilla a máis de 70 km ao oeste do centro da cidade, sendo as súas augas embalsadas no Lago San Roque a máis de 25 km de dicho centro. Por outro lado, o arroio La Cañada transcorre en sentido suroeste a norte e conflúe co río Suquía na zona céntrica da cidade. Este arroio foi encamiñado na terceira década do século XX xa que provocaba inundacións fatídicas. A cidade esténdese sobre ambas as orelas e é atravesado por outros cursos de auga menores, como o arroio do Infiernillo.

Córdoba posúe máis de 400 barrios, algúns extensos como Alto Alberdi, pero a maioría de poucos quinteiros. Os máis coñecidos son: Alta Córdoba, Alto Alberdi, Argüello, Centro, Cerro de las Rosas, Xeneral Paz, Güemes, Nova Córdoba.

O centro histórico está conformado por quinteiros cuadrangulares duns cento trinta metros de lado. A disposición dos barrios e avenidas principais é radial, é dicir, do centro da cidade nacen as avenidas que levan aos barrios máis periféricos.

Poboación

[editar | editar a fonte]
Mapa do crecemento da área urbanizada entre 1573 e 2007:
     1573 Planta fundacional      1927      1940      1965      2000      2007

Segundo o último censo provincial (2008), a cidade ten 1 315 540 habitantes, representando un aumento do 3,78% respecto aos 1 267 521 habitantes rexistrados durante o censo nacional de 2001. Segundo o Instituto Nacional de Estatística e Censos da Arxentina, o Gran Córdoba concentra o 40,89% da poboación provincial e representa o 3,31% da poboación nacional, que segundo estimación de xuño de 2008 ascende a 39 745 613.

Economía

[editar | editar a fonte]

Córdoba é un importante polo de industrias e empresas de alta tecnoloxía na Arxentina.

En 2005 o Produto Bruto Xeográfico de Córdoba foi aproximadamente de $20 147 896.422 pesos arxentinos correntes, que equivalen a uns $14.974 per cápita anual. A cidade contribúe co 52% do PIB provincial e o 4,026% do Nacional.[1] Córdoba, en xeral, ten unha baixa participación na actividade primaria respecto ao lugar que ocupa a Provincia de Córdoba

O sector industrial, en cambio, ocupa un lugar principal na actividade económica. Entre as empresas estabelecidas encontramos a Renault, Fiat, Iveco, Marco Polo ou Volkswagen, que producen aproximadamente o 25% do total do país, xerando a localización de máis de 160 empresas automobilísticas ao seu arredor. Os sectores servizos e comercio continúan destacándose como a actividade máis importante na cidade, cun 35,78% e 51,39% respectivamente de ocupación.[2]

A eclosión da construción dos últimos anos, fixo de Córdoba unha cidade con numerosos edificios comerciais e residenciais de gran categoría, cunha notable expansión do tecido urbano. A instalación da Cidade Empresarial, empresas relacionadas co software e a alta tecnoloxía, centros comerciais e o reformado aeroporto internacional, converten a Córdoba nun punto importante para a Arxentina.[3]

Arquitectura e patrimonio histórico

[editar | editar a fonte]

Córdoba, preserva numerosos monumentos históricos da época da colonia española, en especial templos da Igrexa Católica. O máis recoñecido destes monumentos, é talvez, o Quinteiro Xesuítico, que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.

Aeroporto

[editar | editar a fonte]

O Aeroporto Internacional Ingeniero Ambrosio Taravella atópase a 9 km ao norte da cidade. O movemento de pasaxeiros e avións que xera, convérteo no terceiro aeroporto con maior tráfico da Arxentina, detrás do Aeroparque e Ezeiza. Actualmente posúe 1.020 ha e unha plataforma de 57.350 m².

  1. "Observatorio Urbano: Capítulo 5: Economía." (PDF) (en español). Municipalidad de Córdoba. 2005. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2008. 
  2. "Barrios bajo la lupa: Economía." (PDF) (en español). Municipalidad de Córdoba. 2006. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 28 de setembro de 2007. Consultado o 17 de outubro de 2008. 
  3. "Ciudad empresaria, un emprendimiento hacia el futuro." (en español). cordoba.com.ar. 2007. Arquivado dende o orixinal (web) o 25 de outubro de 2008. Consultado o 20 de novembro de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]