Célula (Dragon Ball)
Célula (セル Seru?) é un personaxe de ficción da serie de manga e anime Dragon Ball. Trátase dun bioandroide creado polo Doutor Guero coa intención de vingarse de Son Goku por haber acabado co Exército Red Ribbon.
Está fabricado a partir de células de Son Goku, Piccoro, Vexeta, Freezer e o seu pai, o Rei Cold, e unha computadora rexistrou os movementos destes loitadores facendo que Célula saiba empregar tódolos seus ataques. Célula pode absorber a enerxía dos seus inimigos coa agulla ó cabo do seu rabo, e para acadar a perfección do seu corpo debe absorber ós androides C-17 e C-18. Célula morreu no ano 767 da Cronoloxía de Dragon Ball.
Transformacións
[editar | editar a fonte]Célula absorbe seres vivos para mellorar o seu corpo, pero os cambios máis radicais prodúcense cando absorbe a C-17 e a C-18. Estas formas son:
- Primeira forma (第1形態 Dai ichi Keitai?) comunmente chamado Imperfecto: A primeira forma que toma Célula antes de absorber ós androides. Ten unha forma similar a unha mantis humanoide, ten unha coiraza na cabeza con dous cornos horizontais, as súas mans e pés son iguais e só ten tres dedos (cinco no anime), ten unha longa cola que remata nunha agulla. Ó principio, é relativamente feble xa que tivo que fuxir de Piccoro a risco de ser destruído, pero cando absorbeu a enerxía de máis de 600.000 persoas, fortaleceuse a tal punto que superou os poderes de Piccoro e de C-17, e como C-17 estaba moi ferido por Piccoro, só C-16 (que non loitara contra ninguén) puido loitar contra el ó mesmo nivel.
- Segunda forma (第2形態 Dai ni Keitai?) comunmente chamado Semi-perfecto: A primeira evolución de Célula cando absorbe a C-17. O seu tamaño e forza aumentaron considerablemente superando en poder ó Súper Guerreiro normal, derrotando a C-16 doadamente. Adquire un aspecto máis humano; os cornos da súa testa vólvense máis verticais, e os seus pés toman a forma duns zapatos. Porén, o seu poder de pelexa é inferior ó do Super Saiyajin Dai Ni Dankai, xa que Vexeta o superaba transformado nese estado.
- Corpo completo (完全体 Kanzentai?), tamén chamado Perfecto: A evolución de Célula cando logra absorber a ambos androides. En comparanza coa súa transformación anterior é máis pequeno e con faccións moito máis humanas, pero o seu poder aumenta moito, superando ó Super Saiyajin Dai Ni Dankai, Supersaiyajin Dai San Dankai e o Supersaiyajin Full Power, pero é vencido polo Súper Guerreiro 2. Ten un rostro humano, a súa longa cola contráese ata só ser visible a punta do seu aguillón. Os cornos da coiraza da súa testa toman unha postura totalmente vertical.
- Célula Perfecto (パーフェクトセル Pāfekuto seru?), tamén chamado Súper Perfecto: Consegue este estado por ter células de Guerreiros do espazo, xa que cando un Saiyan está ás portas da morte e logra sobrevivir e curarse, volve cun poder moi superior. En aparencia é igual ó Célula Perfecto, pero cunha aura e os destelos eléctricos característicos do Súper Guerreiro 2.