Cychrus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cychrus angustatus
Cychrus caraboides
Cychrus cylindricollis
Cychrus spinicollis
Detalle da cabeza de Cychrus spinicollis

Cychrus é un xénero de insectos coleópteros da suborde dos adéfagos, pertencente á familia dos carábidos, subfamilia dos carabinos. É o tipo da tribo dos cicrinos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1794 polo naturalista danés Johan Christian Fabricius.[1],[2]nun traballo publicado na páxina 440 da súa obra Ent. Syst., 4.[3][4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico probabelmente derive do nome do semideus da mitoloxía grega Κυχρεύς Kychreýs, que liberou a illa de Salamina dunha enorme serpente, segundo opinión de W. Pape.[5]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o protónimo cuñado por Fabriucius, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Chychrus Westwood, 1839
  • Cichrus Melsheimer, 1806
  • Kryptocychrus Cavazzuti, 1997

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero comprende as seguintes especies:[3][6][7]

Características[editar | editar a fonte]

A maioría das especies deste xénero son escaravellos negros e inconfundíbeis, cun tamaño de 12 a 20 mm. A característica máis rechamante é a súa cabeza alongada, cas mandíbulas dentadas que se estenden cara a adiante, cos artellos distais ensanchados a xeito de pa. A superficie das ás, negras, está arqueada cara a arriba e, rodeando as ás parte do abdome, onde cobren as aberturas traqueais. Outra características de identificación son os catro artellos espidos da base das antenas.

Aliméntanse sobre todo de cracois e lesmas, pero tamén de miñocas. A cabeza e as mandíbulas alónganse para este propósito, e a cuberta das aberturas de respiración polas ás serve como protección contra a mucosidade que, doutro xeito, taponaría os espiráculos. Todas as especies poden emitir,en caso de perigo, sons (estrídulos) semellantes aos dos grilos, producidos ao fregaren os últimos segmantos abdominais coas ás.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

As especies do xénero son de costumes terrestres,[7] que viven no hemisferio norte, con ao redor de 115 especies na Rexión Neártica, e unhas poucas na Paleártica. En Europa viven 14 especies.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cychrus Fabricius, 1794 en Fauna Europaea.
  2. Cychrus Fabricius, 1794 no ITIS,
  3. 3,0 3,1 3,2 Cychrus Fabricius, 1794 no GBIF.
  4. Fabricius 1794, p. 440.
  5. Pape, Wilhelm (1884): Wörterbuch der griechischen Eigennamen. Graz: Akademische Druck- u. Verl.
  6. Carabidae of the World Arquivado 01 de agosto de 2012 en Wayback Machine., 2002.
  7. 7,0 7,1 Cychrus na EOL.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]