Cornus
Sangomiños (xénero Cornus) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corno Europeo (Cornus mas) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subgéneros | |||||||||||||
Cornus | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
Cornus é un xénero que abrangue un grupo de entre 30 a 60 especies de plantas de follas caedizas e poden ser árbores ou arbustos na familia das Cornáceas, divididas dun a nove xéneros ou subxéneros (dependendo da interpretación botánica). En galego o termo preferido para estas plantas é sangomiño, sendo sinónimos ou variantes noutros dicionarios sambuguino, sangubín, sangume, sangubino, sangumín, ou corneira[2]. Catro subxéneros enuméranse aquí.
En Galiza atopamos soamente unha especie brava: o sangomiño común.
Especies
[editar | editar a fonte]- Os acios de flor semi rechamangueiros, xeralmente brancos ou amarelos, en cimas sen as brácteas rechamngueiras grandes, dan froito vermello, azul ou branco:
- (Sub)xénero Cornus. Corneiras; catro especies de arbustos ou de árbores miúdas; acios de flor cun invólucro de follas caedizas.
- Cornus chinensis (Corneira da China). China.
- Cornus mas (Corneira macho). Mediterráneo.
- Cornus officinalis (Corneira do Xapón). Xapón.
- Cornus sessilis (Corneira de froito negro). California.
- (Sub)xénero Swida. Sangomiños; preto de 20 a 30 especies de arbustos; acios de flor sen un invólucro.
- Cornus alba (Swida alba; Sangomiño Siberiano). Siberia e norte da China.
- Cornus alternifolia (Swida alternifolia; Sangomiño Pagoda ou Sangomiño de follas Alternas). Nordés de América do Norte até o extremo sueste do Canadá.
- Cornus amomum (Swida amomum; Sangomiño sedoso). Leste dos EUA polas grandes pradeiras, agás polo profundo sur, e extremo sueste do Canadá.
- Cornus asperifolia (Swida asperifolia; Sangomiño das pagodas ou sangomiño asperifolio).
- Cornus austrosinensis (Swida austrosinensis; Sangomiño do sur da China). Leste de Asia.
- Cornus bretschneideri (Swida bretschneideri; Sangomiño de Bretschneider). Norte da China.
- Cornus controversa (Swida controversa; Sangomiño mesa). Leste de Asia.
- Cornus coreana (Swida coreana; Sangomiño de Corea). Nordés de Asia.
- Cornus drummondii (Swida drummondii; Sangomiño de follas engurradas). EUA entre o cinto dos Apalaches e as grandes pradeiras, e o sur de Ontario.
- Cornus glabrata (Swida glabrata; Sangomiño marrón ou Sangomiño suave). Oeste de América do Norte.
- Cornus hemsleyi (Swida hemsleyi; Sangomiño de Hemsley). Sueste da China.
- Cornus koehneana (Swida koehneana; Sangomiño de Koehne). Sueste da China.
- Cornus macrophylla (Swida macrophylla; Sangomiño de follas grandes). leste de Asia.
- Cornus obliqua (Swida obliqua; Sangomiño pálido). Leste de América do Norte.
- Cornus paucinervis (Swida paucinervis). China.
- Cornus racemosa (Swida racemosa; Sangomiño dos illós do norte ou Sangomiño de Gray ). Extremo sueste do Canadá e nordés dos EUA.
- Cornus rugosa (Swida rugosa; Sangomiño de folla arredondada). Sueste do Canadá e extremo nordés dos EUA.
- Cornus sanguinea (Swida sanguinea; Sangomiño común). Europa.
- Cornus sericea (C. stolonifera; Swida stolonifera; Sangomiño de follas vermellas). Norte de América do Norte.
- Cornus stricta (Swida stricta; Sangomiño dos illós do sur). Sueste dos EUA.
- Cornus walteri (Swida walteri; Sangomiño de Walter. China Central.
- Cornus wilsoniana (Swida wilsoniana; Sangomiño de Wilson). China Central.
- (Sub)xénero Cornus. Corneiras; catro especies de arbustos ou de árbores miúdas; acios de flor cun invólucro de follas caedizas.
- Acios de flor discretos, xeralmente verdoso, arrodeado por brácteas como se fose un gran e rechamante pétalo; froita xeralmente vermella:
- (Sub)xénero Chamaepericlymenum. Sangomiños ananos; dúas especies de subarbustos ratreiros que medran de estolóns lígneos.
- Cornus canadensis (Chamaepericlymenum canadense; Sangomiño anano canadense ou Bunchberry) Norte de América do Norte.
- Cornus suecica (Chamaepericlymenum suecicum; Sangomiño anano eurasiático ou European Bunchberry). Norte de Eurasia, localmente no extremo nordés e noroeste de América do Norte.
- Cornus × unalaschkensis (híbrido C. canadensis × C. suecica). Illas Aleutianas, Groenlandia, península do Labrador.
- (Sub)xénero Benthamidia (sin. subxénero Dendrobenthamia, subxénero Cynoxylon). Sangomiños floridos; cinco especies de árbores.
- Cornus capitata (Benthamidia capitata; Sangomiño de folla perenne, Sangomiño do Himalaia). O Himalaia.
- Cornus florida (Benthamidia florida; Sangomiño florido). Leste dos EUA das grandes pradeiras, do norte ao sur de Ontario.
- Cornus hongkongensis (Benthamidia hongkongensis; Sangomiño de Hongkong). Sur da China, Laos, Vietnam.
- Cornus kousa (Benthamidia kousa; Sangomiño de Kousa). Xapón e (como subsp. chinensis) centro e norte da China.
- Cornus nuttallii (Benthamidia nuttallii; Sangomiño do Pacífico). Oeste de América do Norte dende a Columbia Británica até a California.
- (Sub)xénero Chamaepericlymenum. Sangomiños ananos; dúas especies de subarbustos ratreiros que medran de estolóns lígneos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os sangomiños e corneiras son arbustos de entre 3 e 4 metros de altura, con moitas pólas. A meirande parte das especies teñen as follas enfrontadas, mais nalgúns casos son alternas. Teñen forma ovada. O froito de todas as especies é unha drupa redonda, carnosa e de cor negra con pintas encarnadas, cunha ou dúas sementes. As flores teñen catro partes e son brancas.
Moitas especies no subxénero Swida son arbustos estoloníferos, crecendo ao longo de canles. Varias destas especies utilízanse para naturalizar plantacións paisaxísticas, especialmente as especies de rebentos amarelos, vermellos ou brillantes. A maioría das especies no subxénero Benthamidia son árbores pequenas usadas como plantas ornamentais.
Usos
[editar | editar a fonte]As hastas de madeira son moi duras e pódense empregar para fabricar dagas. A madeira era tamén moi estimada para facer as lanzadeiras ou nezcres dos teares, para os mangos das ferramentas e outros artigos miúdos que cómpren dun pau duro e rexo.
O froito de varias especies do subxénero Cornus e Benthamidia é comestíbel, aínda que sen moito sabor. As bagas dalgunhas especies do subxénero Swida son medianamente tóxicas para as persoas, porén moi apreciadas polos paxaros. Os Cornus son o alimento base para larvas dalgunhas especies de Lepidoptera entre as que se inclúen avelaíñas: Ectropis crepuscularia, Euplexia lucipara e os caso-portadores seguintes do xénero Coleophora: C. ahenella, C. salicivorella (que se atoparon sobre Cornus canadensis), C. albiantennaella, C. cornella e C. cornivorella (As tres últimas aliméntanse en exclusividad de Cornus).
Empréganse tamén como ornamentais en xardíns.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cornus". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ Nomes e variedades dialectais recollidos en diferentes dicionarios - http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=cornejo&tipo_busca=castelan
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cornus |