Saltar ao contido

Estolón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estolóns de amorodeira, aquí Fragaria ×Potentilla
Estolón da ornamental surafricana Chlorophytum comosum.

En botánica, estolón é un rebento lateral, normalmente magro, que agroma na base do talo dalgunhas plantas herbáceas e que medra horizontalmente a rentes do chan, de xeito perpendicular ao chan ou subterránea (rebento de raíz). Teñen entrenós longos e curtos alternados que xeran raíces adventicias. Son moi coñecidos os estolóns das amorodeiras, os trevos e os clorofitos ou grabatiñas.[1] A separación destes segmentos enraizados dá lugar a plantas fillas.[2]

  1. Campos, Patricia (2002). Biología 2. México: Vicens Vives.. Páx. 127.
  2. Rojas González, Salvador; García Lozano, Jairo; Alarcón Rojas, Melva (2004). Propagacion Asexual de Plantas. Corpoica. ISBN 958-8210-57-7. Páx. 28.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Glosario de Ciencia, botánica. [1]
  • Lecciones hipertextuales de botánica. Glosario. Universidad de Hamburgo.[2]