Coral del Río Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Coral del Río Otero
Coral del Río Otero.jpg
Coral del Río na XXVII Semana Galega de Filosofía.
Nome completoCoral del Río Otero
Nacemento1966
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióneconomista
editar datos en Wikidata ]

Coral del Río Otero, nada en Vigo en 1966, é unha economista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Economía en 1989 pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1996 pola Universidade Carlos III de Madrid co estudo Desigualdad y pobreza en España de 1980-81 a 1990-91. É profesora do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e pertence ao grupo de investigación "Distribución da renda, territorio e mercado laboral". Foi membro da Cátedra Caixanova de Estudos Feministas, e é directora da Área de Igualdade da UVi.

Está especializada nas desigualdades económicas causadas polos aspectos de xénero no mercado laboral.

Ten publicado artigos e traballos en diversos medios.

En 2017 recibiu o Premio de Igualdade Ernestina Otero outorgado polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Coral del Río recibe el Premio Ernestina Otero". Faro de Vigo (en castelán). 12 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]