Cátedra de Feminismos 4.0

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Cátedra de Feminismos 4.0 foi creada no ano 2019 pola Universidade de Vigo en colaboración coa Deputación de Pontevedra co obxectivo de introducir a mirada feminista na nova sociedade dixital.[1] As funcións desta cátedra son por unha parte visibilizar a académicas e profesionais destes ámbitos que sirvan de referentes ás rapazas, para lograr que as mulleres participen dunha forma progresiva nas grandes decisións económicas, sociais, ambientais, e de transformación política que afectan ao planeta. E por outra parte, fomentar os recursos tecnolóxicos inclusivos e igualitarios, para aumentar a presenza feminina en todos os ámbitos da intelixencia dixital, e combater o machismo dixital.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende a Cátedra de feminismos impulsáronse distintas iniciativas como as xornadas Hackeando o patriarcado que contan xa con dúas edicións,[3] os Premios GirlGeekCovid, unha iniciativa que busca incentivar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre mulleres,[4] axudas de investigación [5] e a creación do Comité de Sabias, para orientar a posta en marcha de accións que impulsen unha maior visibilidade e participación das mulleres na ciencia e na tecnoloxía.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]