Coral del Río
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Coral del Río Otero 1966 (57/58 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | economista |
Empregador | Universidade de Vigo, profesora |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Coral del Río Otero, nada en Vigo en 1966, é unha economista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Economía en 1989 pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1996 pola Universidade Carlos III de Madrid co estudo Desigualdad y pobreza en España de 1980-81 a 1990-91. É profesora do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e pertence ao grupo de investigación "Distribución da renda, territorio e mercado laboral". Foi membro da Cátedra Caixanova de Estudos Feministas, e é directora da Unidade de Igualdade da UVigo.
Está especializada nas desigualdades económicas causadas polos aspectos de xénero no mercado laboral.
Ten publicado artigos e traballos en diversos medios.
En 2017 recibiu o Premio de Igualdade Ernestina Otero outorgado polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.[1] Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Coral del Río recibe el Premio Ernestina Otero". Faro de Vigo (en castelán). 12 de marzo de 2016.
- ↑ Diario, Nós. "O Comité de Sabias fúndase no acceso igualitario ao eido dixital". Nós Diario. Consultado o 2021-03-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina persoal en www.webs.uvigo.es (en inglés).