Saltar ao contido

Mercado de traballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mercado laboral»)

O mercado de traballo asocia ós que ofrecen forza de traballo con aqueles que a procuran, nun sistema típico de mercado onde se negocia a fin de determinar os prezos e as cantidades a transacionar. O seu estudo procura entender e prever os fenómenos de interacción entre estes dous grupos tendo en conta a situación económica e social do país, rexión ou cidade. Nese contexto, pódese incluír as ofertas de traballo relacionadas ás empresas públicas, de economía mixta, privadas, persoas físicas, entre outras, con súas normas para remuneración, beneficios, carreira, condutas e a aptitude dos profesionais que desexan ingresar nestas.[1]

A gran procura de empregos que ofrezan mellores salarios e recoñecemento fan que ese mercado sexa altamente competitivo, xa que en cada oferta de emprego ofrecida, moitos demandantes presentarán non só os pre requisitos mínimos esixidos, senón tamén os seus aspectos diferenciais para a candidatura da mesma.[2]

Nunha visión clasicista, clasifícase o traballo como un produto, polo cal os traballadores actúan como vendedores e os empregadores como compradores. Os salarios e valores son considerados e o mercado de traballo é o espazo onde ocorre toda esa comercialización.[3]

Karl Marx consolida esta idea na forma de man de obra como mercadoría e na explotación do traballador.[4] Para Marx, o mercado de traballo caracterízase pola loita de clases entre traballadores e burguesía, e na desigualdade da distribución de riquezas e poder. Marx mantén a visión da economía clásica iniciada por Adam Smith, na cal as relacións danse a partir da oferta e demanda de man de obra. Porén, salienta que o lado da man de obra é máis feble, e, polo tanto é vulnerábel e non consegue estabelecer negociación co lado máis forte, que actúa como mandante no establecemento do prezo.

  1. SOUZA, M. C. C. de. O Mercado de Trabalho: abordagens duais. RAE - Revista de Administração de Empresas, v. 18, n. 1, jan-mar, 1978.
  2. ARROIO, A.; RÉGNIER, K. O Novo Mundo do Trabalho: Oportunidades e Desafios para o Presente. Serviço nacional de aprendizagem comercial – SENAC. BOLETIM TÉCNICO DO SENAC. Vol. 27, nº 2 maio/agosto de 2001.
  3. HORN, Carlos Henrique. Mercado de trabalho. In: CATTANI, Antonio David; HOL-ZMANN, Lorena. Dicionário de trabalho e tecnologia. Porto Alegre: UFRGS, 2006.
  4. - TESSARO, Neliva Terezinha. Avaliação da Eficácia dos Cursos Tecnológicos realizados em Educação a Distância para o Desenvolvimento de Carreira Profissional. Dissertação (mestrado) - Instituto de Tecnologia para o Desenvolvimento (LACTEC) em parceria com o Instituto de Engenharia do Paraná (IEP). Mestrado Profissional em Desenvolvimento de Tecnologia.