Mindaugas Kačinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mindaugas Kačinas
San Pablo
Información persoal
Nacemento 30 de xuño de 1993 (30 anos)
Lituania Klaipėda, Lituania
Altura 2,04 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 101 kg (223 lb)
Posición Ala
Liga Liga LEB
Información da carreira
Universidade South Carolina (2012–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: Non drafteado
Carreira 2016−presente
Historial de equipos
Neptūnas Klaipėda (2016–2018)
Keflavík (2018–2019)
Palencia Baloncesto (2019−2020)
Río Breogán (2020–2022)
San Pablo (2022−presente)

Mindaugas Kačinas, nado o 30 de xuño de 1993 en Klaipėda, é un xogador profesional de baloncesto lituano. Cunha altura de 2,04 m xoga na posición de ala. Actualmente xoga na Liga LEB.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Klaipėda, Lituania, Kačinas xogou no baloncesto universitario estadounidense entre 2012 e 2016, concretamente na Universidade de South Carolina. Alí fixo unha media de 6,7 puntos por xogo en 132 encontros. Após finalizar a súa traxectoria cos South Carolina Gamecocks, asinou un contrato por dous anos co Neptūnas Klaipėda, equipo da súa cidade natal que compite na Lietuvos Krepšinio Lyga, máxima categoría do baloncesto lituano. Após adestrar co Stelmet Zielona Góra en 2018, en decembro dese mesmo ano asina co Keflavík islandés. No seu debut enfrontouse ao Njarðvík, conseguindo facer 20 puntos e 8 rebotes. Ao finalizar a temporada asina un contrato por un ano co Palencia Baloncesto da Liga LEB. Co equipo castelán consegue facer unha media de 8,7 puntos e 6,1 rebotes por encontro cun 54,9% de acerto en lanzamentos. Tras a fin da campaña, o 1 de xullo de 2020 anunciouse a súa fichaxe polo Río Breogán.[1] No club lucense permaneceu durante dúas temporadas, a segunda delas na Liga ACB despois de acadar o ascenso. Após finalizar o seu contrato ao acabar a temporada 2021−22, o 29 de xullo de 2022 anúnciase a fichaxe de Kačinas polo Donar Groningen da BNXT League.[2]

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]