Xavi Forcada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xavi Forcada
XForcada.jpg
Chorale Roanne Basket  – No. 9
Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 25 de novembro de 1988 (30 anos)
Flag of Catalonia.svg Barcelona
Nacionalidade Flag of Spain.svg España
Altura 1,95 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 85 kg (187 lb)
Información da carreira
Canteira FC Barcelona
Internacional Sub-19
Carreira dende 2005
Historial de equipos

EBA Esplugues (2005-2006)
LEB CB L'Hospitalet (2006–2008)
LEB Palencia Baloncesto (2007-2009)
LEB Cáceres CB (2009-2010)
LEB Breogán (2010-2011)
LEB Cáceres CB (2011-2012)
LEB Palencia Baloncesto (2012-2015)
LEB Prat (2015-2017)
Francia BC Gries Oberhoffen (2017-2019)
Francia Chorale Roanne Basket (2019-presente)

Xavier Forcada Sánchez, nado o 25 de novembro de 1988 en Barcelona, é un xogador profesional de baloncesto catalán, que actualmente xoga para o Chorale Roanne Basket da LNB Pro A. Cunha alzada de 1,95 metros pode ocupar as posicións de escolta e ala. Foi internacional coa selección española nas categorías inferiores.

Biografía[editar | editar a fonte]

Forcada co Breogán.

Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, despois de destacar no club do seu colexio, o San Juan Bosco Horta. Na tempada 2005-06 xogou nas filas do UB Esplugues da liga EBA. A seguinte campaña fichou polo CB L'Hospitalet da liga LEB, equipo no que permaneceu até que na tempada 2007-08 enrolouse nas filas do Alimentos de Palencia da LEB Prata, co que un ano máis tarde proclamouse campión de Liga e Copa desa mesma categoría.

No verán de 2009 fichou polo Cáceres 2016 da liga LEB Ouro, club co que tras iniciar a tempada de forma discreta acabou a mesma como un dos seus xogadores máis destacados axudando ao club a chegar a disputar por primeira vez na súa historia os play-off de ascenso á liga ACB. O adestrador do Cáceres 2016, Gustavo Aranzana, fixou a renovación do xogador como unha das prioridades para a confección do cadro cara a tempada 2010-11. Porén, as negociacións finalmente non chegaron a concretarse e a comezos de agosto o Club Baloncesto Breogán confirmou a súa contratación. Coa selección española destaca a súa vitoria no Campionato do Mundo sub-19 de Novi Sad 2007 no que fixo unha media de 17,9 puntos por encontro.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]