Rías Baixas FS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fórum Filatélico Rías Baixas
NomeRías Baixas Fútbol Sala
Fundación1975
EstadioPavillón Municipal dos Deportes
Pontevedra, Galicia Galicia
Capacidade4.000
LigaPrimeira Nacional B
2003-0410º
PatrocinadorFórum Filatélico
Titular
Alternativo

O Rías Baixas Fútbol Sala foi un equipo de fútbol sala da cidade de Pontevedra (Galiza). Foi un dos máis importantes clubs de fútbol sala de Galiza. Xogaba os seus encontros como local no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1975.[1] Xogou por primeira vez nunha categoría estatal na tempada 199091, cando debutou en Primeira Nacional B, categoría na que finalizou primeiro na tempada 1991-92, ascendendo á Primeira Nacional A. Na tempada 199293, o Rías Baixas conseguiu o ascenso á División de Prata logo de finalizar na primeira posición en Primeira Nacional A, ese mesmo ano conseguiu o seu primeiro título da Copa Xunta tras gañar aos seus veciños do Leis Pontevedra na final disputada en Cedeira.[2] Como un dos equipos máis fortes da categoría, o Rías Baixas ascendeu á División de Honra tras dúas tempadas na segunda categoría tras proclamarse campión da División de Prata na tempada 1994-95.[3] En 1996, conseguiu o seu derradeiro título, a súa segunda Copa Xunta, tras derrotar na final disputada na cidade da Coruña ao Parrulo de Ferrol. O Rías Baixas xogou na máxima categoría cinco tempadas consecutivas, conseguindo como mellor clasificación o oitavo posto que lle permitiu disputar os playoffs polo título, onde foron eliminados polo Playas de Castellón nos cuartos de final en dous partidos, ese mesmo ano o equipo pontevedrés conseguiu tamén a súa única clasificación para xogar a Copa de España, na que tamén caeu nos cuartos de final. Na tempada 19992000, co patrocinio de Fórum Filatélico, o club finalizou na 16ª posición con 6 vitorias 3 empates e 25 derrotas, polo que descendeu á División de Prata e renunciou á categoría para comezar unha nova etapa na Primeira Nacional A. Finalmente, o club desapareceu na tempada 2003-04 cando competía na Primeira Nacional B.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2009. Consultado o 16 de outubro de 2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2009. Consultado o 16 de outubro de 2011. 
  3. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]