Ipomoea purpurea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Gloria da mañá
Morning glory.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Solanales
Familia: Convolvulaceae
Xénero: Ipomoea
Especie: Ipomoea purpurea

Ipomoea purpurea (gloria da mañá[1]) é unha especie botánica no xénero Ipomoea, familia das Convolvulaceae, nativa de México e de Centroamérica. En Galicia atópase naturalizada, especialmente en xardíns urbanos e leiras abandonadas e aramados ou reixas das vilas.

Flores

Descrición[editar | editar a fonte]

Como todas as ipomeas, a planta enrédase por si mesma en estruturas, medrando a unha altura de 2 a 3 m de altura. As follas teñen forma de corazón e os talos teñen vilosidades e tamén setas ríxidas patentes. As Flores son de forma de trompeta ou sino, predominando as cores azuis, púrpuras e brancas duns 3 a 6 cm de diámetro.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Os hábitats comúns para esta planta son: paisaxes exteriores, reixas e aramados, e leiras especialmente urbanas. Está naturalizada en rexións tropicais e temperadas do mundo, incluída Galicia. Aínda que frecuentemente é considerada herba nociva e invasora. Ipomoea purpurea, proliferou pola beleza das súas floras púrpura e brancas; ten ademais variedades de cultivo.

Usos[editar | editar a fonte]

As sementes triangulares teñen certa historia no seu uso coma droga psicodélica, coma na Ipomoea tricolor que contén LSA (amida de ácido lisérxico). Cómpre resaltar que as sementes conteñen toxinas, polo que calquera uso debe ser con moita precaución. Os efectos que provoca a intoxicación son case idénticos aos do LSD.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Ipomoea purpurea foi descrita por Carl von Linné e Roth e publicado en Botanische Abhandlungen und Beobachtungen 27. 1787.[2]

Etimoloxía

Ipomoea: nome xenérico que procede do grego ips, ipos = verme e homoios = semellante, polo hábito volúbel dos seus talos.

purpurea: epíteto latíno que significa "de cor púrpura".[3]

Sinonimia

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O nome vulgar da planta en galego non aparece en dicionario ningún, o nome vén dato por coherencia coas lingua achegadas ao galego, como o portugués: glória da manhã, o castelán: gloria de la mañana ou o inglés: morning-glory
  2. "Ipomoea purpurea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  3. En Epítetos Botánicos
  4. Sinónimos en Catalogue of life
  5. Sinónimos en wiki [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
  2. Correa A., M.D., C. Galdames & M. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panamá.
  3. Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. 2012. Rubiaceae a Verbenaceae. 4(2): i–xvi, 1–533. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera (eds.) Fl. Mesoamer.. Missouri Botanical Garden Press, St. Louis.
  4. De la Barra, N. 1997. Reconstr. Evol. Paisaje Veg. Cochabamba i–v, 1–174. Tesis, Universidad Mayor San Simón, Cochabamba.
  5. Flora of China Editorial Committee. 1995. Flora of China (Gentianaceae through Boraginaceae). 16: 1–479. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  6. Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Río de Xaneiro.
  7. Gibbs Russell, G. E., W. G. M. Welman, E. Retief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. Van Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
  8. Hammel, B. E. 2010. Convolvulaceae. En: Manual de Plantas de Costa Rica. Vol. 5. B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 119: 72–126.
  9. Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. (eds.) 2008. Nuevo Cat. Fl. Vasc. Venez. 1–859. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas.
  10. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.