Goto Muñiz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2018.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 900 (Gregoriano) |
| Morte | 964 (Gregoriano) |
| Consorte real de Galicia | |
| 926 – 929 | |
| Actividade | |
| Ocupación | raíña consorte |
| Familia | |
| Cónxuxe | Sancho I |
Goto Muñiz ou Gotona Muñoz, nada contra o ano 900 e finada en 964, foi unha raíña consorte do Reino de Galicia, filla de Munio Guterrez, señor de Amaya e do monte Ilicino (actual Pico Sacro) e de Elvira Arias, filla de Arias Pérez, conde de Coímbra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu arredor do ano 900 e antes do ano 927 xa casara con Sancho Ordóñez, rei de toda Galicia. Este matrimonio propiciou a Sancho o apoio de grandes magnates galegos para facerse co Reino de Galicia trala morte de Froila II. Estes apoios foron fundamentais para derrotar os fillos de Froila e poder reinar en Galicia e ser coroado en Santiago de Compostela polo bispo Hermenexildo no ano 927. O irmán de Sancho Ordóñez, Afonso IV, sería coroado en León.
Goto asinou varios documentos co seu home sobre doazóns e privilexios a prol da igrexa de Iria Flavia-Santiago de Compostela e en beneficio da nobreza galega.
Trala morte de Sancho Ordóñez, Goto retirouse á vida monacal. Hai testemuños de que residiu no mosteiro de Castrelo de Miño e no de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Seguiu sendo considerada raíña ata a súa morte en 964. Consérvase un documento do ano 947 no que o seu cuñado e novo rei Ramiro II lle fai diversas doazóns e recibe tal consideración: Domine Gotho Regina.
Nota: Non debe confundirse a raíña Goto Muñiz (século X) coa condesa Goto Núñez González Salvadores (s. XI), pois a segunda foi a esposa de Gonzalo Núñez de Lara, conde de Amaya (Castela).