Conversa usuario:Xoán Carlos Fraga/Arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvid@ Xoán Carlos Fraga, grazas por unirte a nós. Calquera contribución que poidas facer á Galipedia será moi valiosa para a mellora deste proxecto. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Lémbroche que, cando poidas, fagas a túa páxina de usuario na que nos indiques máis ou menos que proxectos tes para este proxecto.Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. saúdos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 19:43, 13 Xuñ 2005 (UTC) PD. Tomeime a licencia de remodelarche un pouco o teu artigo do . saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 19:43, 13 Xuñ 2005 (UTC)

  • Cun par de dias de atraso (malditos exames) únome á benvida. Agardo que quedes connosco moi tempo ;) Un saúdo --Alyssalover(fálame) 12:22, 16 Xuñ 2005 (UTC)

no canto de ser novato, en certo momento todos os que estamos a colaborar tamen o somos xa que sempre quedan cousas por aprender. O meu consello é que observes como os demás compañeiros van creando artigos, as dubidas e preguntas xa sabes onde plantexa-las. Pero se tes necesidade de axuda no dubides en soicita-la, pronto aparecerá alguén que te axude e te aconselle. Vai inxerindo os artigos cando poidas e nonte poñas prazos. Levao con tranquilidade. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 00:14, 16 Xuñ 2005 (UTC)

Con moito retraso benvido ao proxecto, cando cometas un erro no título dunha páxina só lle tes que dar á lapela mover, enriba da páxina, e á vella páxina tes que lle poñer {{lixo}} ou {{lixoporque|pos aquí a razón para borrala}} para que posteriormente a borre un administrador, nas páxinas de homónimos colócase {{homónimos}}. Non esquezas asinar as túas mensaxes, para iso tes que utilizar o segundo signo polo dereita que hai na caixa de edición, e en xeral tes que poñer a túa mensaxe no final da páxina de discusión do usurario (hai usuarios que indican que lles deixen as mensaxes ao comezo da páxina), sen máis saúdos e xa sabes onde estou para cando queiras.--Rocastelo 21:32, 15 agosto 2005 (UTC)

  • Creo que fuches ti o que puxo a lista, en realidade o que quería saber é se traducilles as formas do castelán ou se comprobaches que esas eran as formas galegas, ou simplemente son ras que non teñen formas galegas, eu fixen artigos de animais e sei ben o dificultoso que é para algúns conseguir saber as formas galegas, non era unha crítica ao teu traballo.--Rocastelo 22:35, 17 agosto 2005 (UTC)

Trinidade e Tobago[editar a fonte]

Ola, ben principio teño que recoñecer que non sei nada de pementos, pero no artigo que traduciches sobre o pemento pon literalmente: En España denominase pemento exclusivamente a hortaliza verde e dulce, paréceme que iso pode ter sentido no castelán (non o sei), pero en galego un pemento vermello é pemento, aínda que poida ter outras denominacións compostas tamén (como o ten o verde) e un pemento de padrón é pemento aínda que pique. Aínda que podería estar equivocado, xa che digo que de pementos só sei comelos. saúdos.--Rocastelo 14:49, 21 agosto 2005 (UTC)

desinencia -bel[editar a fonte]

Ola, graciñas polos teus parabéns e tamen polas criticas constructivas. En canto ao uso da wikipedia portuguesa, usoa maioritariamente como fonte para os artigos, por 2 razons: 1) o portugués é a lingua mais achegada ao galego, e ten a grande ventaxa de xa ter arredor de 60000 artigos dos que podemos/deberiamos botar man, pois senon vexo moi "fodido" acadar unha cantidade de artigos dese orde na wikipedia galega. Noutras palabras: deberiamos medrar baseandonos no traballo da wikipedia portuguesa (entre outras cousas, por suposto), non tratar de reinventar a roda. 2) en base ao criterio 1), pretendo facer/mellorar/probar un tradutor portugues-galego(teño unha version inicial como publiquei na Taberna que esta á disposicion de quen o queira usar, está adaptado para a wikipedia) que poida axudar ao que queira traballar neste labor de traduccion, e . É mais: considero que a traducción desde o portugues é a mais doada e menos ariscada (sempre que as paxinas en portugues testeñan ben, porque hai moitos anglicismos, nos nomes, nas expresions e en todo).

Con respecto á desinencia -bel/-ble, a verdade é que non o teño ainda claro (e o mesmo me pasa con -ict-, -uct-, -icci-,...): coincido contigo na estratexia, gostariame que a terminacion bel se utilizase normalmente no galego (non so no da wikipedia), mais a realidade do galego é a que é en canto a castelanizacion. O criterio que utilizo é de que me sone relativamente "familiar", pensando que ao que o lea tamen lle ocorrirá parecido, e iso non o acado coa terminacion -bel/-beis. É verdade que non é un criterio obxectivo, mais tamen é verdade que, queiramolo ou non, é un dos criterios mais usados (talvez inconscientemente moitas veces). Enfin, que coincido contigo na estratexia mais non nesta táctica concreta. Un saudo e adiante.--xoseluis 16:59, 25 agosto 2005 (UTC)

Lagartixa[editar a fonte]

A palabra lagartixa é un castelanismo. En galego dise Lagarta.--Lmbuga 20:29, 26 agosto 2005 (UTC)

Perdoa que non reparase en que xa existía esa entrada.

Acabo de consultar dous dicionarios para asegurarme (Gran dicionario xerais da Lingua e diccionario Do Cumio) e a entrada correcta é lagarta. quizais conviría (non sei como se fai, facer unha entrada Lagartixa indicando que a forma correcta é Lagarta.
Ola xa pasei a información á páxina de lagarta, pero hai que revisar os nomes das lagartas, saúdos.--Rocastelo 20:57, 26 agosto 2005 (UTC)
Eu cambiei dous nomes segundo o artigo de Lmbuga Podarcis bocagei e Podarcis hispanica, comprobeinos no dicionario e veñen os nomes que puxo el, seguramente os nomes que puxeras ti no artigo tamén sexan correctos, supoño que o mellor será poñer os dous, saúdos.--Rocastelo 21:10, 26 agosto 2005 (UTC)

  • Xa está cambiada a Fuji, as mensaxes é mellor que máis deixes na páxina principal de discusión: User talk:Rocastelo, no arquivo non recibo a mensaxe de aviso e poderíame pasar inadvertida, e xa facendo un pouco de publicidade xa sabes que xa hai versión galega de wikisource, se tes por aí algunha lei, documento histórico, literario, político... de libre disposición alí [[1]] será moi benvida, polo de agora aínda hai pouco material, pouco a pouco agardemos que vaia medrando. Saúdos--Rocastelo 20:54, 2 setembro 2005 (UTC)
  • E ven. Que che pareceu a historia dende a fundacion ate oas aztecas?. no outro au no te metas ata que retire o marcador enuso. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:11, 2 setembro 2005 (UTC)

Xéneros en bioloxía[editar a fonte]

En bioloxía mantense o nome científico nos xéneros, e non se traducen: unha cousa é o xénero Homo e outra é o home, por certo non sei se viñes a petición de axuda que deixei na Wikipedia:A Taberna (axuda) sobre o Chlorocebus aethiops, quizais fora mellor empregar a forma vervet (a inglesa) mentres non teñamos constancia da existencia dunha forma galega, aínda que non me acaba de convencer, o remate en t fai que non se integre ben no galego, mesmo resulta difícil de pronunciar falando rápido, saúdos.--Rocastelo 23:20, 3 setembro 2005 (UTC)

Grande apocopa diante consoante, polo que penso que debera ser Gran Lago Salgado, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 19:43, 9 outubro 2005 (UTC)

Olá, Xoán![editar a fonte]

Olá, Xoán, como vai? Meu nome é João Xavier Mendes dos Santos, sou brasileiro (por isto escrevo esta em português) e tenho contribuído com artigos para a Galipedia. Já mantenho há altum tempo contatos com os amigos Rocastelo, Agremon, Alyssalover, Xelo2004 e Prevert.
Li na tua páxina de usuario que és defensor da conservação do meio-ambiente. Por isto, apreciaria se puderes revisar o artigo que escrevi há pouco sobre o arquipélago de Fernando de Noronha, pertencente ao Brasil, que é um dos principais santuários ecológicos brasileiros. O mar junto à ilha é rico em corais, golfinhos (delfins) e espécies de peixes. As praias, principalmente da ilha principal (também chamada Fernando de Noronha) são local de reprodução de tartarugas marinhas. A EN:wiki e a PT:Wiki têm mais algumas informações, caso desejes ampliar o texto.
Um grande abraço daqui de São Paulo, Joao Xavier 11:00, 11 outubro 2005 (UTC)

Agradecemento[editar a fonte]

Esta mensaxe e para felicitarte polas túas colaboracións e agradecerche as edicións dos artigos solicitados. Grazas por contribuir a que a Galipedia mellore cada día. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:33, 15 outubro 2005 (UTC)

  • Grazas polas revisións de lingua dos artigos complementarios de Filloa, pero se tiñas pensado facer algunha revición mais agora os artigos das variantes da receitas sobre da mesma esta en receitas, saúdos. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 18:58, 16 outubro 2005 (UTC)
  • Tesme en suspenso co tema da Rede Natura 2000, pero non consigo saber dende que artigo te redirecciona a praia das catedrais. Por certo, grazas polas correccións que fixeches en wikilibros, aunque pronto reformarei o artigo principal da filloa. Un saudo e haber se me podes orientar mellor para subsana-lo tema (lembro falar algo da rede, pero crear un artigo co mesmo non). --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:02, 17 outubro 2005 (UTC)
  • Feito, a redirección esta na Praia de Olga a mandabate o tema das catedrais. Cando che ocorra unha cousa similar a esa o que tes que facer é o seguinte. Cando te redireccionei dende a Praia de Olga a Lic. As Catedrais (quixais no reparaches na parte superior do artigo, apare en letra miuda "redirixido desde" e o nome en azul) se clicas sobre esta redirección accedes o artigo que a conten (neste caso Rede Natura 2000); dentro deste artigo editas suprimindo o contido e logo podelo marcar para que algun administrador (neste caso eu u outro compañeiro) o borre. Agora se queres podes crear de novo o artigo de Rede Natura 2000 coma se fose dende un principio (bríndoche o inicio). Un saúdo es xa está todo en orde.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:26, 17 outubro 2005 (UTC)

Ola!

Gracias por correxirme o artigo de Shiatsu. A ver se pouco a pouco vou pulindo o meu galego. O artigo fíxeno facendo unha tradución tanto do inglés coma do español para que quedara un pouco máis completo.

Saúdos.

Marinha vs 12:41, 21 outubro 2005 (UTC)

tradutor[editar a fonte]

saúdos, Xoán Carlos, lembreime de que me pidiras o tradutor, mais non sei se che chegou o correo-e. Utilicei a "caixa de ferramentes" con "enviar un correo-e". O tema é que me tes que dar unha direccion de correo para che mandar o tradutor.--XoseL 16:09, 23 outubro 2005 (UTC)

Grandes lagos[editar a fonte]

Ola, pois en principio debe ser o primeiro con maiúscula e os restantes con minúsculas Grandes lagos africanos, non semella que sexa o mesmo que Grandes Lagos que é un nome establecido tradicionalmente en xeografía, e que debe ser en maiúsculas, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 21:18, 23 outubro 2005 (UTC)

  • Neses casos o único que hai que facer é mover o artigo, non se perde o historial, o único que hai que comprobar é que non existe o artigo ao que o vas mover, non te preocupes, xa o movín.--Rocastelo(fálame aquí) 21:30, 23 outubro 2005 (UTC)
  • Ola, xa existe a categoría [[Category:Illas e arquipélagos]], pensas que é preciso dividila?--Rocastelo(fálame aquí) 09:55, 29 outubro 2005 (UTC)
  • Xa o fago eu nun momento, hai moitas categorías en vermello, ás máis das veces (pero non sempre) aparecen en artigos collidos doutras wikipedias e que non responden ás categorías da Galipedia, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 10:07, 29 outubro 2005 (UTC)

Sobre categorías[editar a fonte]

Esta mensaxe é para explicarche o proceso que acordamos para a aprobación e elaboración de categorías. Facemolo mediante o Wikipedia:Wikiproxecto Categorías abrindo un debate sobre a rama en cuestión, iso permite que haxa diversos puntos de vista e se consiga unha clasificación máis coherente e unitaria. Para abrir unha nova liña de debate basta con incluir no apartado Categorías en proceso de debate este enlace [[Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/nome_da_categoría]] onde nome_da_categoría é a categoría en cuestión. Agora temos aberto o debate para Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Bioloxía coas súa subcategoría Zooloxía, anímote a que fagas unha proposta alí.

Algunhas categorías créanse sen pasar por alí porque están implícitas en debates que tivemos antes o porque son resultado deses debates aínda que non se crearan no momento por estar baleiras, por exemplo as referidas a Cidades de ... ou as de personalidades. Outras para ser coherentes co conxunto do proceso (ex. Premio Nobel de ...). Ás veces hai categorías en vermello nas páxinas pero que proceden de artigos doutras wikipedias e non foron sometidas a debate, iso non implica que deban crearse. Outras veves ocorre que algún usuario creounas directamente sen ter en conta o proceso establecido aquí. Se son categorías do estilo Óptica ou Xeoloxía pois normalmente deixase estar porque nun período máis ou menos longo de tempo acabaran creándose. Pero o mellor sempre e seguir o proceso que acordamos polo dito antes, da lugar a un sistema máis sólido de categorías e ao intercambio de opinións para crear toda unha rama. Tamén permite que despois se publiquen as páxinas coa información asociada de axuda para quen queira saber como calsificar. Finalmente se pasa a Wikipedia:Categorías onde están as ramas de categorías aprobadas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:15, 29 outubro 2005 (UTC)

Osíxeno[editar a fonte]

  • Corrixino porque o enlace que temos na Galipedia é Osíxeno. Deixar en vermello o enlace conduce a artigos duplicados como o que comentabas ti respcto a Falsos amigos e Falso amigo. Se queres podes crear a redirección, pero o que hai que buscar e a conexión entre todos os artigos para que sexan fáciles de atopar e evitar duplicidades. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:14, 29 outubro 2005 (UTC)
  • Non teño preferencias por unha palabra ou outra, esa edición entra dentro do que se podería considerar mantemento e basease no coñecemento dos artigos que temos nesta wikipedia, como están enlazados uns con outros e como está organizada a Galipedia. Non busco enmendar o traballo doutros nin abrir debates por esas cuestións. Preocúpame máis a calidade do contido que unha palabra en particular, polo tanto se prefires usar outra palabra eu non terei inconvinte en que o fagas. O que non me gustaría e que aparecese o artigo oxíxeno e logo ter que combinalo co que xa hai agora, porque hai moito que facer. Por iso procuro evitar que se den situacións que leven a duplicar o traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:33, 29 outubro 2005 (UTC)
  • Só un comentario. Deberas esperar a miña resposta porque a edición que acabas de facer podese interpretar como unha guerra de edicións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:36, 29 outubro 2005 (UTC)
  • Entendo que é máis importante seguir o proceso de establecer acordos que calquera outra cousa. Os wikis non son lugares onde as edicións se deban tomar como cuestións persoais (sempre estou disposto a dar explicacións como terás visto posto que os wikis son así, necesitan dar explicacións continuas de todos a todos). Na mensaxe anterior expliquei porque fixen esa edición e con que intencións. Non me importa o uso dun termo ou outro pero si me importa —e moito— seguir o procedimento para chegar a acordos. Neste caso non se trataba de poñer en debate o tema —porque non hai diferenza en realidade— senon de esperar uns minutos. Como cando as persoas non se coñecen poden interpretar de xeito equivocado as intencións dos outros facer suposicións non é unha boa práctica. Aproveito esta ocasión para dicir que para min sempre terá maior valor o conxunto do wiki que as partes, e incluso antes diso conseguir acordos e crear unha comunidade máis forte, onde traballemos en equipo aínda que haxa diferenzas de criterio (porque isto último non é o relevante, o relevante é que isto é un esforzo colectivo). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:23, 30 outubro 2005 (UTC)

Nova Portada[editar a fonte]

Aínda que pareza que todo é traballo meu a verdade e que na nova portada levamos traballando máis de dúas semanas tanto eu como Prevert. O de eliminar a axuda e os cadros de artigos solicitados foi porque queriamos facer unha portada orientada ós lectores, non ós editores. De todas formas, se te fixas, case enriba de todo hai dous enlaces (Preguntas Máis Frecuentes e Lista de COMOs) que levan ás páxinas de axuda. En canto ó que dis do espazo sobrante na sección rosa, supoño que iso dependerá da túa resolución de pantalla, pois eu apenas vexo espazo vacío. Se queres probar a facer tí algunha modificación para ver que tal quedaría podes facelo na Páxina Experimental e, se o cambio é do agrado de todos, incorporaríase á Portada. Un cordial saúdo --Alyssalover(fálame) 00:21, 1 novembro 2005 (UTC)

Tocadora[editar a fonte]

  • O nome tireino do título orixinal, Suonatrice di liuto, en inglés é Lady Playing a Lute, pero a min paréceme mellor unha tradución máis fiel ao orixinal, pero si tes razón en que non atopei a palabra tocador nos dicionarios, polo que sería mellor A intérprete de laúde, que opinas?.--Rocastelo(fálame aquí) 19:59, 1 novembro 2005 (UTC)
  • Eu case me inclino por deixalo como está agora, se tocadora é correcto como parece, responde máis ao espírito orixinal A tocadora de laúde, non sei moito italiano pero penso que suonatrice reponde máis a alguén que non é profisional.--Rocastelo(fálame aquí) 21:14, 1 novembro 2005 (UTC)

Afonso II[editar a fonte]

  • Ola, quitei Afonso II de Braganza da páxina de homónimos de Afonso II, que eu saiba ese non foi un título oficial, tan só seu nome como duque de Braganza, leva a confusión, non se emprega fóra de Portugal (e só en fontes antigas) era Afonso VI de Portugal, se tes ti outra información e si era o título que empregaba na época entón o mellor será colocalo outra vez, saúdos.

--Rocastelo(fálame aquí) 21:26, 3 novembro 2005 (UTC)

Fonte primaria[editar a fonte]

Unha das regras fundacionais de Wikipedia (de todas) é que non pode ser unha fonte primaria, non podemos inventarnos neoloxismos nin tomar decisións sobre un topónimo porque nos guste ou sexa semellante ao portugués ou á lingua orixinal, temos que ter unha fonte para decidir, por iso empregamos a páxina da Universidade de Vigo como referencia para os topónimos estranxeiros e alí aparece a forma Khartún, se non nos parece correcta podémola discutir, pero sempre en base a fontes: en que fontes galegas aparece a forma Cartum?, ademais o caso de Alasca non ten que ver a pronuncia de Khartún é h aspirado.--Rocastelo(fálame aquí) 09:30, 5 novembro 2005 (UTC)

  • Ola, xa existía Deserto do Sahara, mira a ver se podes integrar os dous artigos, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 21:52, 7 novembro 2005 (UTC)
  • Vexo que puxeches que o adaptaches da wiki portuguesa, pero no artigo portugués xa existía o interwiki galego, antes de traducir un artigo debes mirar se existe o interwiki galego e de existir integrar o que queiras no artigo xa feito, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 21:55, 7 novembro 2005 (UTC)
  • O enderezo dos toponimos da Universidade de Vigo está aquí [2], segundo iso é Sáhara, pero antes de copiar un artigo mira os interwikis por se aparece o galego. Tes que integrar o que non aparece do Deserto do Sahara no artigo que fixeches ti, Deserto do Sáhara, cando remates avísasme e o resto fágoo eu, se despois alguén ten argumentos a favor de Sahara, falarase diso na páxina de discusión.--Rocastelo(fálame aquí) 22:06, 7 novembro 2005 (UTC)
  • Podes corrixir as efemérides do 7 de novembro aquí [[3]] e podes ver a lista de novembro aquí:[[4]], saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 22:13, 7 novembro 2005 (UTC)

Foguete espacial e Rio Branco (Acre)[editar a fonte]

Olá, Xoán! Parabéns pela tradução de foguete espacial. As soluções de tradução de estágio (= etapa, que também é uma palavra usada em português, embora não neste caso dos foguetes) e bocal = tobeira (bocal neste caso quer dizer o tubo por onde escapam os gases queimados; a palavra vem de boca, por causa do formato dos tubos de escape de gases dos foguetes).
Agradeço-te também a revisão de Rio Branco (Acre). Vendo-a, percebi que já me acostumei bastante à norma galega, porém sempre uma ou outra palavra escapa... Aproveito para sugerir, se puderes, a revisão gramatical do texto que escrevi sobre Blumenau, cidade do estado de Santa Catarina (Brasil) que foi fundada e colonizada por alemães. A cidade tem diversas construções em estilo alemão e celebra, nos meses de outubro, uma Oktoberfest semelhante à que ocorre em Munique. É uma cultura regional diferente da de outras regiões do Brasil e, embora existam outras cidades que foram fundadas por alemães, Blumenau é uma das mais turísticas (caso tenha um tempo livre, clique no link sobre a Oktoberfest de Blumenau, entre na página e veja as informações. É interessante, ou, no mínimo, curioso: uma "Alemanha" subtropical que fala... português!). Um grande abraço, Joao Xavier 23:38, 8 novembro 2005 (UTC)

Trinidad e Tobago (economia)[editar a fonte]

Olá, Xoán! Criei a pouco o texto Economía de Trinidad e Tobago em substituição a um vandalismo que havia sido apagado recentemente. Copiei a mesma tabela que eu criei para a pt:wiki e adaptei o texto em inglês (fonte: CIA - The World Factbook) ao galego. Criei também esta semana os textos sobre as cidades brasileiras de Joinville (em Santa Catarina, sul do Brasil) e de Feira de Santana no nordeste brasileiro (esta eu criei o texto hoje, 10). Hoje, farei os textos de mais algumas cidades brasileiras (as que faltam, das que eu me propus a fazer). Um grande abraço, Joao Xavier 22:21, 10 novembro 2005 (UTC)

Ola, vexo que empregas ubicar, eu tiña entendido que era un castelanismo, e así o estaba modificando en varios artigos, pero ao empregalo ti, en xeral tes mellor galego ca min, éntrame a dúbida, é unha palabra aceptada?, saúdos--Rocastelo(fálame aquí) 13:21, 12 novembro 2005 (UTC)

San Tomé[editar a fonte]

Grazas pola explicación, tereino en conta a partir de agora ;) Un saúdo --Alyssalover(fálame) 12:18, 15 novembro 2005 (UTC)

  • A verdade que te luciches (de bo colegueo) co Río Mera; non sei se tiñas prevista a información para os mesmos, pero como xa se trataba de San Tomé. Antes de que se tomara todo o tema por deus sabe onde; tomeime a licenza de facer unha modificación na páxina de homónimos; sen contar os esbozos dos artigos, os que faltaría engadir máis información. Falta engadir categoria. Un saudo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 01:27, 27 novembro 2005 (UTC)

Efemérides[editar a fonte]

  • En Wikipedia:Efemérides Destacadas podes acceder a todas as efemérides dispoñibles e en Wikipedia:Efemérides Destacadas/1 de decembro están as de hoxe, podes editalas porque non están protexidas. Por certo, acabo de lembrar que hai tempo preguntaches polos templates de coordenadas, nós temos un pero os das páxinas de volcáns (creo que era esa, non?) como proceden da wikipedia portuguesa habería que traelos aquí para que automaticamente funcionaran os enlaces da páxina. A única cuestión é que hai que ver se teñen algunha incompatibilidade con nosos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:07, 1 decembro 2005 (UTC)

brúxula[editar a fonte]

Ola Carlos, ti que es un experto en vocabulario, dise brúxula ou búsola ou ? --XoseL 21:42, 4 decembro 2005 (UTC)

  • Grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:27, 11 decembro 2005 (UTC)

Pementos[editar a fonte]

Paréceme moi ben o traballo que fixeches co pemento, idealmente deberían ter como ligazóns o tipo de pemento, pero como non están creadas é mellor que liguen para os concellos e non para páxinas en vermello, de creares ti ou outro usuario páxinas sobre eses tipos de pementos, con modificarmos as ligazóns xa está, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 17:12, 12 decembro 2005 (UTC)

Ola Xoán e moitas grazas polo recibemento. Esta proxecto parécem moi interesante e na medida do poisble colaborarei coa información que eu posúa. Un saudo. --xcovelo 18:19, 12 decembro 2005 (UTC)


sobre los "toponimos sudamericanos"[editar a fonte]

landázuri mas que una toponimia es el nombre de un municipio, los corregimientos son entes adscritos a los municipios, tan solo que logran tener un desarrolo separado por estar muy lejos de la cabecera municipal.

en cuanto a opon, es un termino que se refiere a estar en los alrrededores del valle del rio ( en este caso del rio opon) o estar a orrillas del mismo.

las poblaciones que cercan los rios grandes se sienten unidas por una misma identidad e idiosincracia, su comunicacion es muy cercana y sus relaciones muy extrechas, por ello muchas de las poblaciones bien sea corregimientos,veredas o municipios se ponen por apellido: del opon, del ariari,de rionegro,de lebrija,del bajo cauca,del magadalena medio, en especial lo hacen mas que todo las que no tienen una categoria de municipio o cuando teniendola se consideran marginadas del resto del departamento,o del resto de provincia a la que estan adscritos.

al forjar con esto identidad forjan lazos extrechos de interrrelacionamiento que las lleva a ser solidarias y cooperativas, es casi como tener un provincia en de facto.

--[[User:DGDIC| DGDIC [[ User Talk: DGDIC| (Cha Valte Deseigas Dacierourú Dago Pu Favote entrar Etcá a Dacierre)]]]] 14:32, 16 decembro 2005 (UTC)

  • Ola, como andas, no artigo de homónimos aborixe que traduciches da wiki portuguesa, débese recalcar que o dos aborixes americanos é unha teoría, tal como aparece semella que é algo confirmado, podes ver o artigo inglés en:American Aborigine, que en realidade está baseado nun documental feito para a televisión, descoñezo a aceptación que ten entre os historiadores e arqueólogos.--Rocastelo(fálame aquí) 19:50, 20 decembro 2005 (UTC)


  • Grazas. O que comentas está relacionado co nivel das cabeceiras, Template:-etim- é de nivel tres, Template:-conx- e Template:-trad- de nivel catro. Supoño que haberá que corrixilo. Vou a enviarche un correo agora para comentarche algo máis. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:28, 24 decembro 2005 (UTC)

Muitas gracias!!![editar a fonte]

Muitas gracias polas correccións.

Me gosta muito o galego mais o castelán e o italiano me traicionan. Por favor si no te es molestia controla meus contribucións.

Gracias--Fabian Zubia 13:15, 12 xaneiro 2006 (UTC)

  • Ola, grazas pola confianza. En relación a arenisca, Un idioma preciso, recomenda arenita na súa precisión nº20 ([5]), paréceme tamén unha boa solución, pero como vexas. Normalmente non teño o messenger conectado, máis que nada para economizar recursos, pero sempre me podes deixar unha mensaxe para conectarme, aínda que neste caso concreto despois deime de conta que te deberas confundir ao revisar os nomes da xente coñecida desa zona, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 17:21, 13 xaneiro 2006 (UTC)

Traductor Ortografico[editar a fonte]

Gracias por avisarme de que hai unha nova versión. A revisión fágoa en horas mortas ( aínda que podo retraíalo algúns días ). Un saúdo

Atención[editar a fonte]

  • O marcador é {{Atención}}, en Wikipedia:Mantemento está todo o que temos polo de agora. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:10, 24 xaneiro 2006 (UTC)
  • Ola Xoan Carlos. Só saudar: Xa che respondeu Prevert. Parabéns polo teu traballo. Unha aperta--Lmbuga 19:25, 24 xaneiro 2006 (UTC)

Bots no Galizionario[editar a fonte]

  • Ola, polo que eu sei no Galizionario só funciona un bot wikt:User:RobotGMwikt e non fai contribucións dende o 19 de decembro, no caso concreto penso que non viría mal que houbera outro, iso si, hai que lle dicir que pida o status de bot en meta (meta:Requests for bot status) para evitar que invada os cambios recentes, o que podería dificultar a detección de vandalismos, e tamén ao principio facer un seguimento das súas accións para comprobar o seu funcionamento correcto.--Rocastelo(fálame aquí) 10:18, 28 xaneiro 2006 (UTC)
  • Esta mensaxe só é para saudarte porque hai tempo que non coincidiamos no wiki. Espero que todo vaia ben. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:40, 12 maio 2006 (UTC)
  • Todos estamos de veces en cando ausentes. Neste tempo no que estiveches menos Lmbuga foi elixido administrador en Commons, se non tes conta alí recomendoche que te rexistres aínda que só sexa para poñer un interwiki esporadicamente. Algunhas páxinas galegas en Commons: Galicia, Category:Galicia, Portada galega. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:52, 12 maio 2006 (UTC)
Xoán, qual o teu conhceimento do português? Desculpe se não escrevo em galego. --Slade T 20:48, 12 maio 2006 (UTC)

covas do Rei Cintolo[editar a fonte]

Son varias ou unha? Eu estiven alí e só visitei unha de 3 andares. Movín Covas do Rei Cintolo a Cova do Rei Cintolo (por conservar as ligazóns en cova e espeleoloxía). Se tes algún comentario, aquí

  • É doado crear dous artigos e redireccionar un a outro. Que dirías que é mellor, COVAS > COVA DRC ou COVA > COVAS DRC? --Sobreira (responder) 09:28, 2 xuño 2006 (UTC)

Ola, estamos facendo unha revisión das imaxes da Galipedia, hai unhas cantas imaxes que cargaches que carecen de licenza, se as podes revisar para saber o seu status: licenza, orixe... para determinar que estamos facendo un uso correcto delas, xa que de non ser imaxes compatibles coa wikipedia haberá que borralas, grazas pola colaboración, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 19:59, 7 xuño 2006 (UTC)

É posible que che pisase sen querer a edició deste artigo. Eu pretendía gardar unha edición anterior por me parecer máis obxectiva lingüística e politicamente (falaba do principado e non da provinvia de Asturias). Revisa o artigo e perdoa pois non sabía que estaas a editar nel--Lmbuga Commons - Galipedia 21:02, 25 xuño 2006 (UTC)

Ola Xoán Carlos Fraga!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 15 setembro 2006 (UTC)

Ola, Xoán. Escríboche esto en relación ó artigo que expuxeche sobre as cobras. Verás, eu son un entusiasta dos ofidios, e o falar sobre eles en galego sempre me acontece o mesmo:

todo o mundo fala sobre as cobras, pero este termo é un tanto ambiguo, posto que podemos estar a falar dos colúbridos ou de dúas especies que non son propias de Europa. Pregaríache, e a quen lea esto tamén, que pasemos a usar o termo "serpe" para referirnos a todo ofidio, xa que por cobra enténdese a nivel xeral a aqueles fermosos seres que esos timadores denominados "encantadores de serpes" empregan nos seus tristes espectaculos. Sen máis, un saúdo cordial.


Jurliki

Un dos puntos fortes deste proxecto son os colaboradores que se foron incorporando ao longo do tempo, iso cúmprese claramente no teu caso. Alégrome de ter coincidido aquí colaborando contigo e non quero deixar pasar esta ocasión para agradecerche todo canto tes feito pola Galipedia desde que comezaches a editar neste wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:21, 3 outubro 2006 (UTC)

Olá, Xoán[editar a fonte]

Obrigado (Grazas) pela mensagem de 16 de outubro! Estou de volta à Galipedia! Criarei em breve algumas páginas sobre as economias de diversos países (economía da Arxentina, economía do Chile, etc). Un cordial saúdo,Joao Xavier 00:20, 4 novembro 2006 (UTC)

parabéns[editar a fonte]

O traballo con encoro hidroeléctrico de Itaipú é tan grandioso como o propio tema. Noraboa. Por certo, metino mellor en category:hidráulica --Sobreira (parlez) 21:49, 11 novembro 2006 (UTC)

  • Neno!!, como é que me escribes na parte de discusión que xa está arquivada? Mirei a túa mensaxe por simple e pura casualidade, se non quedaría perdido para a eternidade!! Reitero os parabéns. Gustaríame facer artigos, traducir, crear e divulgar, pero ando liado con procesos máis mecánicos e de xestión coma categorizar, romper dobres redireccións, crear, preparar e subir os mapas das parroquias, etc. Grazas a que temos xente coma ti, hai artigos de calidade.

--Sobreira (parlez) 13:11, 12 novembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Xoán Carlos Fraga. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.

Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:23, 6 decembro 2006 (UTC)


Ola Xoán Carlos, o sacho non é unha variedade de aixada? eu sempre pensei que si por iso sorprendeume que os puxeses como sinónimos.--Miñato 19:21, 4 febreiro 2007 (UTC)

Castelo da Frouxeira vs Castelo de Castrodouro[editar a fonte]

Estimado Xoán Carlos, pídoche desculpas xa que eliminei a imaxe do castelo dun dos artigos xa que esa imaxe se está a utilizar indistíntamente para os dous castelos, a cal dos dous pertence?

Saudos e noraboa polo teu traballo na wiki. --Lansbricae 10:48, 18 febreiro 2007 (UTC)


Sobre illas e tartarugas[editar a fonte]

Ola Xoán Carlos. Poida que non me expresei correctamente coas Illes Tartarugas na tradución polas de Illes Galápagos que é a mais correcta. Perdón, paso a acorrexilo de que posible, e grazas polo aviso. Padin 22:39, 23 febreiro 2007 (UTC)

Xoán Carlos, como verás estou reescribindo por completo o artigo "ameixa" (molusco). Irei subindo material ós poucos e espero telo máis ou menos rematado en 3-4 días. Gustaríame que lle puxeras un cartel de aviso ó principio advirtindo que é un texto en fase de redacción, porque preferiría que por agora non mo modificara ninguén, ata telo listo para revisión e correccións, que seguramente farán falta. ¿Ti sabes se as imaxes da Consellería de Pesca [6] poderían utilizarse? ¿Hai previsto algún sistema de petición de permisos?

Saúdos, Pedro --Lameiro 16:46, 8 marzo 2007 (UTC)

Boas tardes, Xoán. Necesito que me botes unha man. No artigo das ameixas (ameixa, molusco) subín unha fotografía de Commons coas variacións de cor na ameixa xaponesa, pero quedoume excesivamente grande. Ademais ppúxenlle un pé de foto que non se mostra. Fai o favor de reducir esa imaxe a un tamaño máis visible e corrixir o enlace para que se vexa o pé. E dime qué foi o que fixen mal para ir aprendendo.

Outra pregunta: os bivalvos artellan as súas valvas mediante unha "charnela". Pero resulta que "charnela" non nos vale en galego (VOLGa dixit). No dic. xerais castelán-galego traducen por "palmela, gonzo", pero iso sería a "bisgra" tradicional (non moderna), e non me gusta para a cuncha dos bivalvos. ¿algunha idea?

Saúdos Pedro --Lameiro 15:08, 10 marzo 2007 (UTC)

máis ameixas[editar a fonte]

Grazas pola revisión, que indica que estás ó loro e dáme certa tranquilidade de que non me deixarás meter moito a pata. Revísame tamén ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa asiática e, naturalmente, o artigo nai ameixa, molusco. A ver se mañá remato, que xa estou farto de tanta ameixa, para logo seguir desenvolvendo as entradas correspondentes ás outras especies de moluscos semellantes (e, xa postos, a outros moluscos).

Saúdos Pedro --Lameiro 20:54, 10 marzo 2007 (UTC)

Re: Sobre imaxes[editar a fonte]

Revisei o artigo e semella que Lameiro corrixiu el mesmo o tamaño e a presentación da imaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:16, 11 marzo 2007 (UTC)

Ameixas (e fin)[editar a fonte]

Ben, Xoán Carlos. Dou por rematada a redacción do artigo e elimino a marca "enuso" para que se abra a veda. Quédame agora completar algún detalle, algunha palabra, algún dato, e redacta-las entradas das diferentes especies que se citan, así como outros conceptos tamén citados (como depuración, biotoxinas mariñas, etiqueta [dos moluscos], conxelación, conserva, plancto, marisqueo, etc, etc.) pero todo iso, con calma. Aproveitarei tamén para crea-las correspondentes definicións no Galizionario.

Se o artigo orixinal veu de Wikipedia.es, agora sería bo corresponder levando alí a tradución ó castelán deste noso. Pero non che sei.

Saúdos, Pedro --Lameiro 19:14, 11 marzo 2007 (UTC)

Recuperei o marcador atención en Lingua leonesa porque o puxen para indicar que deberian ser revisadas as afirmacións que contén, se son datos certos ou non. O artigo foi feito por un IP que andivo polos wikis editando os artigos relacionados con ese tema. Se ti fixeches a comprobación de datos volverei a retirar o marcador. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:51, 11 marzo 2007 (UTC)

[editar a fonte]

Aínda que non levo comisión, e tanto me dá unha cousa como outra, por que substitúes os 'xa que logo' por 'por tanto'?--Xabier Cid 13:21, 16 marzo 2007 (UTC) Non te preocupes, ho. Que haberá ben maiores problemas ca ese. Era só curiosidade. Un saúdo. --Xabier Cid 18:22, 16 marzo 2007 (UTC)

Megálitos[editar a fonte]

Corrixido o das categorías. Quedan algúns vínculos en páxinas para corrixir noutro momento: Special:Whatlinkshere/Megalitos_de_Galicia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:40, 20 marzo 2007 (UTC)

Non é correcto dicir "no Portugal"?[editar a fonte]

  • Por qué non é correcto dicir "no Portugal", eu escoitoo moitas veces, e o teño lido nalgúns libros tamén. Non é correcto ou é máis apropiado dicir "en Portugal"? Saúdos--PortoFaládeme aquí 17:46, 21 marzo 2007 (UTC)
  • O caso do Portugal era só un exemplo. Refírome a que eu escoito e digo nas conversas cos meus amigos "irei á Francia no verán". Entendo que é máis frecuente decir "irei a Francia" pero eso no significa que non podamos usar a primerira versión nos artigos da Galipedia, entendes? Xa me pasou varias veces que se me correxía os artigos que traducín, e quería saber se era incorrecto ou non. No caso de que sexa incorrecto deixarei de facelo, pero se non é así, non vexo o motivo para no poder usalo. --PortoFaládeme aquí 13:43, 22 marzo 2007 (UTC)
  • Entón temos que cambiar os nomes dos artigos de todos os países da lista que me puxeches? Porque o artigo chámase Brasil, non O Brasil. --PortoFaládeme aquí 13:19, 23 marzo 2007 (UTC)

Ola sintoo moito, as veces pico nos cambios recentes para ver os novos artigos, e como moitas veces vexo erros do portugués, pensei que non estaba traducido e o ¨corrixín¨, perdoa non o fixen por mal.--Hugo22 20:55, 22 marzo 2007 (UTC)

Desfixen a edición que fixeches porque as "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego" non inclúen o texto que puxeches. Como nós non podemos ser fonte primaria non podemos establecer por nosa conta unha ampliación das normas, outra cousa é que poidamos ter en conta unha fonte ou outra para guiarnos no noso traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:38, 23 marzo 2007 (UTC)

Tes razón co de "Estados dos Estados Unidos de América" noutro momento poñerei o bot a facelo. En canto o texto supoño que pode ser un elemento de debate cando sexa preciso, agora non se me ocorre onde situalo pero lembrareino cando surxa o tema, de todos os xeitos polo que teño traballado ata o momento na toponimia non semella un tema pechado (o do artigo) e pode haber diversos enfoques. un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:59, 23 marzo 2007 (UTC)
Xa está marcada á categoría Estados de Estados Unidos de América para mover ( e trasladada en parte) a Estados dos Estados Unidos de América. Por outra banda, volvendo ao tema do artigo diante do nome de país sería interesante dispoñer de máis fontes, se che é posible conseguir máis referencias sería de grande axuda. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:26, 26 marzo 2007 (UTC)

Re: Trastorno bipolar[editar a fonte]

Grzas polo aviso, xa o amañou Xosé, neste caso non era cousa de revertir senón de editar e eliminar o texto vandálico. Eu andivera controlando vandalismos dun usuario nesa páxina pero non cheguei a ver esa frase. Por certo, agora os usuarios sen permisos de administrador poden desfacer as edicións, vese na páxina do historial onde se comparan as mudanzas entre revisións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:19, 1 abril 2007 (UTC)


Erro ortográfico[editar a fonte]

Ola!, grazas por correxiresme, non me decatara.

--Hugo22 14:52, 7 abril 2007 (UTC)

Planetas[editar a fonte]

Ola. estou botando unha ollada e non atopo o que me dis sobre planetas. seguirei ó tanto, e de paso, a ver se lle boto adiante a algún deles, que necesita un amaño.--Agremon(contacto) 16:16, 7 abril 2007 (UTC)

Moitas. Un afectuoso saúdo. Teño que comprar un dicionario para non molestar e tratar de escribir en galego, non en similar...--Lansbricae 21:01, 7 abril 2007 (UTC)

Grazas de novo, vexo que sego repetindo erros xa cometidos, pero o mestre semella pacente. "Á" oitava virá a vencida. Saúdos. --Lansbricae 20:41, 9 abril 2007 (UTC)

Dividir en dous o artigo e caixa de navegación[editar a fonte]

Ola! Non teño incoveniente en dividir en dous o artigo. Recoñezo que si que é un pouco longo. Mais o único xeito que sei de facelo é o de "copiar e pegar". Tampouco sei como se fan as caixas de navegación. Así que, en resumidas contas, non teño incoveniente en facer o que me propoñedes, e incluso me parece boa idea, mais vou precisar a vosa axuda para levalo á práctica. Se podes, gustaríame que me respondeses. Un saúdo--Xohán Baldomir 14:11, 20 abril 2007 (UTC)

  • Ola! Por min non hai inconveniente en pedirlle a Xosé que o faga el. Moitas grazas polo que deixaches escrito na miña páxina de discusión, mais este traballo fixémolo entre varios. E ti, sobre todo, fixeches un grandísimo labor, polo cal aproveito para felicitarte. Un saúdo--Xohán Baldomir 16:51, 20 abril 2007 (UTC)

Pabvilón[editar a fonte]

Ola de novo, parabéns polo traballo que estás a facer, especialmente co difícil artigo das liñaxes da nobreza baixo medieval, está a quedar moi curriño. Unha dúbida, vin que correxiras no de Caabeiro e puxeches Pabvilón, de verdade que é así?, porque na miña ignorancia estiven a piques de cambialo pensando que se che escapara unha b. De novo parabéns, e aproveitándome ao artigo de Hidacio non lle viña mal un repasiño idiomático. Un saúdo Lansbricae (Ti dirás) 19:19, 22 abril 2007 (UTC)

Ola, desculpas. Estabamos a facer o mesmo a un tempo, vou retirar o feito. O meu é mais unha introdución. Grazas pola correción de Hidacio. Vexo que melloro moi paseniñamente. Perdoa de novo e unha aperta. Lansbricae (Ti dirás) 14:40, 23 abril 2007 (UTC) Cóstame non estar de acordo contigo, eu vin a proposta que fixeras e ante a dificultade de facer un resumo de tan denso artigo optei por facelo mais a xeito introdutorio e cando salvei vin a túa proposta e non quisen impoñer o meu criterio. Refarei entón o que fixen e modificamos nel directamente. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 14:58, 23 abril 2007 (UTC)

Xa o vín non te preocupes, grazas. Unha última suxerencia. Vin que metiches boas imaxes, só unha suxerencia. Como o artigo é sobre Galicia, non estaría mellor a imaxe do Mosteiro das Huertas por un por exemplo do de Samos? ¿Qué che parece?. De novo parabéns polo teu traballo, Antes de que modificaras o artigo non me atrevía nin a lelo e agora chama moito a atención. Saúdos de novo. Lansbricae (Ti dirás) 15:06, 23 abril 2007 (UTC)

Sobre artigo de literatura galega dos SS. EE. e Prerrexurdimento[editar a fonte]


Sobre Orde de Santiago[editar a fonte]

Bo traballo o do artigo pero se non estou nunha confusión creo que só se denomina espatarios os membros da Orde de Santiago da Espada, a orde portuguesa. Con todo creo que para evitar confusións deberíase crear un artigo diferente para a orde portuguesa, denominada oficialmente Ordem de Sant'Iago da Espada, e deixar o artigo da Orde de Santiago para a orde orixinal, que che parece?--Acerto 11:35, 28 abril 2007 (UTC)

  • Ben, no estado actual do artigo podería quedar así, o que preocupaba era que un lector sen moito coñecemento do tema puidera confundir as dúas ordes e pensar que a portuguesa era unha especie da sucursal da castelá. Se teño tempo e atopo boa bibliografía a man intentarei ampliar o artigo e entón creo que será o momento de dividir o artigo, mais supoño que irei de vagar.--Acerto 14:35, 28 abril 2007 (UTC)
  • A orde portuguesa separouse da castelá a fins do século XIII por mor dunha bula papal, o que ocorre é que despois outros papas revocaron a bula e outros a volveron confirmar (cada papa tomaba unha decisión distinta por dicir, inda que na práctica a orde portuguesa era independente) ata que a mediados do XV a última separación non se volveu modificar .--Acerto 15:07, 28 abril 2007 (UTC). Respecto á lista de grandes mestres na portuguesa parece que foi copiada da española sen reparar en que se refire á orde castelá e está colocada onde se fala da orde de Portugal, e en xeral o artigo portugués é basicamente unha tradución do español con algunhas notas, non moi claras, da orde en Portugal, dá a impresión que feitas tras mirar apresuradamente algunha enciclopedia, o dito tentarei de buscar bibliografía para completar o artigo. --Acerto 15:23, 28 abril 2007 (UTC)


"Algúns arranxos da lingua"[editar a fonte]

¡Ola ! Estou muito agradecida polos arranxos no artigo Élisée Reclus Elvire 20:43, 30 abril 2007 (UTC)

Escolas UNESCO[editar a fonte]

Ola, parte do texto das escolas UNESCO está recollido un folleto de información libre que edita a propia UNESCO co fin de espallar o proxecto destas escolas. Este folleto que esta feito pola propia UNESCO enumera de xeito breve as principais características da rede de escolas e sempre pensei, e sigo pensando que é de libre disposición. Os obxectivos dunha organización resumidos en catro liñas son sempre os mesmos, e non dependen da ocurrencia de un autor ou outro. Por outra banda, todas as escolas pentencentes a rede dispoñen do mesmo (é eu traballo nunha) e pódese atopar na rede en moitas páxinas. E certo que non estou seguro 100% de que o texto non teña un copiright (tampouco sei como comprobalo), pero todo este tipo de información pode considerarse pública, xa que provén dun organismo o servizo o cidadán como é a UNESCO, e promove un proxecto que eles teñen. En calquera caso, so é unha breve información, pero aínda así vouno reformar para empregar palabras que non corran o risco de ter un posible copyright aínda que digan o mesmo.

Un saúdo --Calrosfking (FÁLAME) 16:17, 1 maio 2007 (UTC)

Ligazón interwikimedia[editar a fonte]

  • Se o que queres é crear un vínculo a Wikisource o código é este: Falai meus olhos. Por certo, hai vírgula entre Falai e meus? --Xosé (✉) 19:14, 4 maio 2007 (UTC)

Arquivo de mensaxes[editar a fonte]

  • Resposto-che tamén á pergunta que lle fas a Prevert: Podes arquivar as tuas mensaxes nunha subpáxina da túa páxina de usuario, como esta: User talk:Xoán Carlos Fraga/Arquivo. Recortas o texto da tua páxina de discusión e pega-lo nesta nova. Na páxina de discusión deixas unha ligazón para acceder ao arquivo. --Xosé (✉) 19:19, 4 maio 2007 (UTC)