Joinville
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Unidades da federación | Santa Catarina | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 515.288 (2010) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.126,106 km² | ||||
| Altitude | 4 m | ||||
| Comparte fronteira con | Araquari (pt) Jaraguá do Sul São Francisco do Sul (pt) Guaramirim (pt) Campo Alegre (pt) Garuva (pt) Schroeder (pt) | ||||
| Creación | 9 de marzo de 1851 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | câmara de vereadores de Joinville (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 89200-000 | ||||
| Prefixo telefónico | 047 | ||||
| Código de concello do Brasil | 4209102 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | joinville.sc.gov.br | ||||
Joinville é a máis grande cidade do Estado brasileiro de Santa Catarina (mais non é a súa capital). Foi fundada en 1851 por 191 familias de inmigrantes, orixinarias de Alemaña, Suíza e Noruega.
As súas terras localízanse xunto ao río Cachoeira, non moi distante do litoral. A sede do municipio sitúase a uns 4,5 m sobre o nivel do mar. Hai algunhas montañas próximas cubertas por vexetación remanecente da Mata Atlántica.

Historia
[editar | editar a fonte]Joinville ten ese nome pois foi fundada en terras de François Ferdinand Philippe, príncipe de Joinville e marido da irmá do emperador Pedro II do Brasil, Dona Francisca. As terras foron un regalo do casamento. O príncipe e Dona Francisca xamais visitaron as terras, mais unha casa foi construída para eles, que é hoxe o "Museu Nacional de Inmigración e Colonización Palacio dos Príncipes de Joinville". Non obstante, os primeiros habitantes da rexión foron os indios tupis e guaranís, feito comprobado por 40 sitios arqueolóxicos encontrados nas súas proximidades.

Entre os anos 1950 e 1980 a cidade tornouse eminentemente industrial, e recibiu a denominación de Manchester catarinense.
Hoxe a súa produción industrial é escoada por estradas para outras rexións do Brasil (ten acceso fácil ao sur do Brasil e Mercosur, e tamén a Curitiba, e desta até Sao Paulo e Río de Xaneiro), e por ferrocarril até os portos de Itajaí e de São Francisco do Sul, situados uns 40 e uns 90 km da cidade, respectivamente. Tamén posúe unha Universidade privada - UNIVILLE - e algúns cursos da Universidade estatal - UDESC.
