Conversa usuario:Varelarubin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Varelarubin!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 02:28 (UTC)

Foto de Taboada[editar a fonte]

Boas Varelarubin, vin a imaxe que puxeches no artigo do concello de Taboada e quería saber se todas as imaxes da composición son túas, e se non son túas precaría saber de onde proceden para poder comprobar que a licenza é correcta. Saúdos e grazas polas túas achegas, Elisardojm (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 02:32 (UTC)

Política de uso de imaxes[editar a fonte]

Ola Varelarubin.

Tes información sobre o tema en Wikipedia:Política de uso de imaxes (na Galipedia) e en Commons:Licensing/gl (en Wikimedia Commons).

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2015 ás 22:47 (UTC)

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Commons-emblem-question book orange.svg

Ola, Varelarubin. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2015 ás 22:51 (UTC)

Imaxes nos artigos[editar a fonte]

Ola Varelarubin.

A cousa é que ten que haber un equilibrio entre a lonxitude dos artigos e a cantidade de imaxes.

Wikipedia é unha enciclopedia e o seu contido debe estar formado, principalmente, por artigos enciclopédicos. En cada artigo hai que poñer o número de imaxes que sexa razoable para ilustrar o texto, non todas as imaxes dispoñibles.

As veces tendemos a abusar das imaxes. Un artigo con catro liñas de texto e dez imaxes non está equilibrado.

Para ver tódalas imaxes dun tema está o sistema das categorías, e mesmo temos un proxecto irmán para iso: Wikimedia Commons.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 28 de marzo de 2015 ás 14:48 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Varelarubin.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 28 de marzo de 2015 ás 20:45 (UTC)

O Grove[editar a fonte]

Ola Varelarubin. Esta mensaxe está relacionada coa túa edición na páxina O Grove. Respecto á toponimia de Galicia a norma aprobada pola Galipedia é a seguinte: «Séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: Toponimia oficial e Nomenclátor de Galicia». Na procura do concello do Grove no Nomenclátor de Galicia non aparece máis nome que O Grove, polo tanto, non podemos incluír por nosa conta outro topónimo que non sexa ese. Un cordial saúdo. --Prevertgl 7 de marzo de 2017 ás 16:03 (UTC)


Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Varelarubin. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!.--Maria zaos (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 19:38 (UTC)

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Commons-emblem-question book orange.svg

Ola, Varelarubin. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!.--Maria zaos (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 19:41 (UTC)

Guerra das Laranxas[editar a fonte]

Boas, o artigo Guerra das Laranxas, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 26 de marzo de 2021 ás 10:03 (UTC)