Conversa usuario:Toulousain

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Toulousain!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Sobre a pregunta que fas na Taberna, podes facelas correccións que desexes sen problema ningún. Un saúdo --Alyssalover(fálame) 21:32, 22 outubro 2005 (UTC)

  • Benvid@ a Galipedia Toulousain, esperamos te sintas coma na túa casa. Podes facelas preguntas ou plantexa-las tuas dubidas (ademáis do mencionado polo compañeiro Alyssalover) nas páxinas de usuario (lapela "discusión"). Por outra lembrarche que, cando poidas, fagas a túa paxina de usuario na que expoñas (máis ou menos) os proxectos que tes para este proxecto. un saudo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 21:45, 22 outubro 2005 (UTC)
  • Ola benvido á Galipedia. Para ampliar ou corrixir calquera artigo non tes que pedir permiso, simplemente tes que lle dar a editar e modificar o artigo, iso sí hai que respectar o traballo feito anteriormente, que non se debe borrar, a non ser que sexa erróneo ou non respecte o punto de vista neutral, no resumo podes poñer as fontes, se tomas os datos dalgún libro ou dalgunha web particular. A Galipedia funciona coas melloras e correccións de todos, achegamos o que sabemos para que o proxecto vaia adiante, para asinar tes que premer no segundo botón da caixa de edición, o que ten forma de sinatura, non se pode asinar nos artigos, pero hai que asinar nas páxinas de discusión e na Taberna, agardo que te sintas a gusto na Galipedia, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 08:17, 23 outubro 2005 (UTC)
  • Únome ao saúdo de benvida á Galipedia. A chegada de novos colaboradores sempre é un motivo de ledicia para a comunidade deste wiki. Estaremos encantados de axudarche en todo o que necesites, non tes máis que preguntalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:14, 23 outubro 2005 (UTC)
  • User:Toulousain xa que tes relación coa música podias ollar a categoría música para engadir a túa opinión sobre as subcategorías que se están debatindo neste momento. É moi importante para nós ter o máximo de opinións para mellorar a clasificación. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:21, 23 outubro 2005 (UTC)

Ola Toulousain, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:13, 18 setembro 2006 (UTC)

Moi boas, Touolousain. Alédame moito ver que andas por aquí. A ver logo se te nos animas a traeres o artigo da cassoulet dende fr.wiki. Xa sabes, aquí para o que queiras. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:22, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Temos unha listaxes renovábel de artigos solicitados. Míraa en Modelo:ArtigosSolicitados, e verás que hai unha pequena sección Ciencia, con catro artiguiños que cumpría ter. Se te animases a facelos sería fabuloso. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:49, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)

Era para comentarche que teño a túa camiseta na casa, e que si pasas no verán por Galicia avísame e lévocha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:46, 8 de xuño de 2011 (UTC)

Ola!. Propuxen un galencontro na taberna, si che apetece podes apuntarte alí e si coincidimos xa che dou a túa camiseta do reto da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:31, 28 de xullo de 2011 (UTC)