Acrónimo recursivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un acrónimo recursivo ou acrónimo recorrente é aquel que, a diferenza dos acrónimos comúns, non parece explicar de todo o seu significado completo. Mantén a estrutura dos acrónimos comúns en relación a que os seus nomes nacen como resultado da particular abreviatura dunha frase, da que se seleccionan só as iniciais dalgunhas palabras clave. Porén, nun acrónimo recursivo unha das súas letras representa ao propio acrónimo. É unha práctica frecuente no nomeamento de proxectos de software de código aberto; debido a súa filosofía podería deberse simplemente a un xogo de palabras usada de forma caprichosa por quen nomea aos seus proxectos.[Cómpre referencia]

Ao igual que unha marca, un acrónimo non é unha palabra en si polo que o seu significado depende de quen o utilicen e en común acordo entre os usuarios; non existir normas que establezan os criterios ao momento de crear un acrónimo polo tanto non existe impedimentos para que o creador do acrónimo decida darlle un significado que o converta en «acrónimo recursivo».

Exemplos de acrónimos recursivos[editar | editar a fonte]

O exemplo máis coñecido de acrónimo recursivo é GNU, que significa «GNU's Not Unix», ‘GNU non é Unix’.[1] Como se pode apreciar, a G é a sigla recorrente, pois fai referencia ao mesmo acrónimo.

Outros exemplos:

  • Lame que significa «Lame, Ain't an MP3 Encoder».[2]
  • XNA, A Ferramenta para desenvolvemento de videoxogos de Microsoft, significa «XNA (is) Not Acronimed».[3]
  • Wine significa «Wine is not (an) emulator».[4]
  • PNG orixinalmente significaba «PNG's Not GIF», aínda que agora é «Portable Network Graphics».[5]
  • JOE, O editor de texto en liña de ordes, significa «Joe's Own Editor».[6]
  • Pine, que significa «Pine Is Not Elm» (ambos, Pine e Elm, son clientes de correo electrónico en modo texto para contornas UNIX).[7]
  • Nagios, que significa «Nagios Ain't Gonna Insist On Sainthood».[8]

Nalgúns casos pasouse dun acrónimo regular a outro recursivo. É o caso de:

  • RPM, que pasou de significar «RedHat Package Manager» a «RPM Package Manager».[9]
  • PHP, que pasó de significar «Personal Home Page» a «PHP Hypertext Preprocessor».[10]

Un caso máis complexo é o de Hurd, formado por un par de acrónimos mutuamente recursivos:

  • Hurd: «Hird of Unix-Replacing Daemons», sendo «Hird» o acrónimo de «Hurd of Interfaces Representing Depth».[11]

Tamén existe o caso de acrónimos recursivos non oficiais, como é o caso do motor de busca de Microsoft, Bing, do que a crenza popular di que son as siglas de «Bing Is Not Google».[12]

Outro caso singular é o de UIRA que significa «UIRA isn't (a) recursive acronym» (UIRA non é un acrónimo recursivo), que é unha afirmación falsa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]