Conversa usuario:Rafa Salgado

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Rafa Salgado!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 18:09, 11 xullo 2008 (UTC).

Ola, parabéns por comezares a editar na wikipedia. Podes facer directamente ti os cambios que creas axeitado no artigo de Ramón Otero Pedrayo. É conveniente sempre, e sobre todo se corrixes algo que estea dito ou se inclúes afirmacións que poden ser polémicas, que inclúas a referencia, é dicir, en que outra fonte se di iso. A wikipedia non é unha fonte primaria, e todas as afirmacións deben ser referenciadas. Ah, e unha última cousiña: cando escribas nunha páxina de conversa, non esquezas asinar. Un saúdo, e pregúntame todas as dúbidas que teñas a min ou a calquera outro usuario da wikipedia. --Xabier Cid Conversa 19:18, 11 xullo 2008 (UTC)

Pedir Desculpas[editar a fonte]

Antes de nada, o meu Galego, é moi pouco académico, por iso preferiría que alguén corrixise os datos, que puidese ser interesante incluír na publicación final, e doutra banda teño que ir collendo soltura no manexo da Wikipedia, non me gustaría cometer erros que prexudicasen a outros usuarios; finalmente noutras entradas farei constar a fonte, pero no caso de Don Ramón, a fonte principal é o coñecemento propio e da miña familia. Os datos que acheguei de momento son fáciles de comprobar, o que non comprendo, é o do falecemento, en todas as biografías del dise que faleceu en Trasalva, e podo asegurar que non é certo,--Rafa Salgado 08:44, 12 xullo 2008 (UTC)

Os coñecementos propios, por moi seguros que esteamos da súa exactitude, non se poden incluír na wikipedia. A wikipedia non é unha fonte primaria, e débese permitir sempre que outros usuarios verifiquen e contrasten na fonte achegada a súa veracidade. --Xabier Cid Conversa 14:27, 14 xullo 2008 (UTC)

Don Ramón[editar a fonte]

Por razóns de amizade dos seus pais e por veciñanza (os Risco vivían no primeiro andar e os Otero no segundo), desde moi pequeno gozo da amizade de Vicente Risco (amizade no mais estrito sentido da palabra, a pesar da diferenza de idade,(tres anos), pasaban moitas horas da súa infancia xuntos, xogos en casa dun e doutro, paseos,etc),empezou o seu período escolar no colexio dos Irmáns Villar (na Praza do Cid Eirociño dos Cabaleiros,tras da sua casa) pero ao pouco tempo, por un pequeno altercado (naqueles momentos practicábase o lema "A letra con sangue entra") Ramoncito non quixo voltar ao colexio, dende ese intre a súa nai Dona Eladia, encargouse da súa educación persoalmente coa axuda de Don Enrique o pai, ata que puido ingresar no Instituto que hoxe leva o seu nome.--Rafa Salgado 09:17, 12 xullo 2008 (UTC)

imaxes de dominio público[editar a fonte]

ola Rafa; as imaxes das páxinas web non adoitan ser de dominio público, pois están suxeitas a dereitos de autor e teñen copyright. As imaxes de dominio público son as que o propio autor libera, ou aquelas feitas por alguén que morreu hai máis de 70 anos. A maioría das imaxes da wikipedia son subidas polos propios wikipedistas. Por tanto, é difícil conseguir fotos de dominio público de personaxes antigas. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 23:30, 13 xullo 2008 (UTC)

Como ben di Estevoaei, só se poden considerar imaxes de dominio público aquelas que "explicitamente" son publicadas baixo esta condición. --Xabier Cid Conversa 14:25, 14 xullo 2008 (UTC)

Marcelo Macías[editar a fonte]

Ola, que tal, creo que hai un erro, eu o único que fixen foi mover Marcelo Macias a Marcelo Macías para lle engadir o til, non fixen ningunha outra modificación no artigo. Refíreste a outro artigo?--Arco de Rayne 12:42, 14 xullo 2008 (UTC)

Desculpas e consellos[editar a fonte]

Ola, Rafa Salgado. Estiven estes días fóra da wikipedia, e non puiden responderche ata hoxe. Síntoo. Mirarei o da imaxe agora mesmo, pero así de primeiras dígoche que na wikipedia se admiten un bo abano de imaxes sempre que sexan de dominio público. É dicir, non valen imaxes que teñan un copyright ou algún tipo de reserva de publicación e distribución. A casuística das imaxes é bastante complexa, e eu só coñezo unha pequena parte dela. Hai outros usuarios moito máis expertos en imaxes ca min. Pero, en principio, se é unha foto da que ti es o autor, que nunca foi publicada antes, e que ti decides liberala en dominio público, non habería problema pra que a subises á wikipedia.

En segundo lugar, e respecto da inclusión de datos persoais, calquera dato biográfico minimamente razonable pode ser incluído na wikipedia sempre e cando se poida referenciar. É dicir, non se poden incluír datos derivados do coñecemento persoal que non fosen publicados anteriormente. Por exemplo, imaxina que sabes que a última comida de Otero foi coliflor fervida porque ti estabas alí: iso non é un dato moi relevante, pero independentemente diso, non podería incluírse na wikipedia se non foi escrito antes por outra persoa. Podes ler máis información sobre isto en A galipedia non é unha fonte primaria.

E xa como remate; ás veces refíreste aos administradores como se fósemos os donos da wikipedia, e iso non é así. Os administradores, e os demais editores da wikipedia somos só usuarios dela, ao igual ca ti. É verdade que algúns usuarios e os administradores teñen moitas horas de voo, e saben moitas regras e moitos trucos, pero iso non nos dá poder pra borrar ou pra incluír contidos: son as regras da wikipedia as que sinalan como hai que actuar. :) E nada máis. Sinto non responderche antes. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 18:06, 3 agosto 2008 (UTC)