Conversa usuario:Pelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ola, benvido á Galipedia, para calquera dúbida tes a Wikipedia:A Taberna ou podes contactar con calquera dos colaboradores, tamén é conveniente que pases por Wikipedia:Política e normas para coñecer as normas da Galipedia, agardamos que te sintas cómodo no proxecto e coa túa axuda melloralo. Saúdos, --Rocastelo 21:22, 11 setembro 2005 (UTC)

  • Benvido, sintete coma na tua casa, felicitote polo artigo que acabas de crear, lembra que cando poidas, fagas a tua postada de usuario na que nos indique que proxectos tes para esta Galipedia. Saude.--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:30, 11 setembro 2005 (UTC)
  • Únome ao saúdo de benvida. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:31, 11 setembro 2005 (UTC)

Imaxes con Licenza[editar a fonte]

  • Compañeiro Pelos; é combeniente que as imaxes que estas a subir sexan sen licenza, podes obter mais informacion en licenzas de imaxe. Por outra este proxecto require que o material a empregar sexa libre de CopyRight, para evitarnos problemas e que nos vexamos abocados a problemas maiores, xa que se pretende sexa una Galipedia de caracter gratuito. Como exemplo da foto que subtitulas Ponte de San Xusto (foto [A14.jpg]) o seguinte artigo conten unha exactamente igual. Citada paxina ten CopyRight, e pola cal non poden reclamar e eliminacion desta. Non querenos que te sintas amolado pola falta de coñecemento, polo que antes de subir algun archivo e combeniente que a fonte de orixe non teña restricions (CopyRight) ou texto de caracter alusivo o mesmo. Un saudo e, para calquera dúbida consulta sen que te sintas apenado por falta de coñecementos, pois é natural na xente que empeza nova neste proxecto. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:10, 11 setembro 2005 (UTC)
  • Ola vexo que tes problemas para crear páxinas novas, os títulos teñen que ser claros e con relación ao artigo, no caso da última páxina que fixeches ten que ser Illa da Altura, podes empregar a barra de direccións do navegador, a túa páxina de usuario ou Wikipedia:Zona de probas--Rocastelo 20:59, 12 setembro 2005 (UTC)

Axuda[editar a fonte]

Se necesitas axuda non tes máis que deixar unha mensaxe na Taberna (axuda) tal como fixeches coas imaxes. Se queres crear unha páxina nova podes ir a Wikipedia:Zona de probas e escribir un enlace co título da páxina (hai unhas convencións en canto a títulos que irás coñecendo a medida que pasen os días). O enlace faíse escribindo entre corchetes o título, por exemplo: [[Illa da Altura]]. Como fixeches a páxina con outro título movereina ao título correcto, por certo no atopo ningunha referencia a ese nome. É un nome coloquial ou hai algún sitio que o mencione? Por último, como comentaba Xelo2004 a imaxe http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:A14.jpg parece ter copyright, se é así imos ter que borrala. As licenzas ás veces son complicadas de manexar, para calquera aclaración que necesites só tes que preguntarnos. (Para responder tes que seguir o enlace talk que está a carón da miña sinatura, iso levate a miña páxina de discusión, cando escribes alí despois amosase un aviso dicindo que teño mensaxes novas). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:04, 12 setembro 2005 (UTC)

  • As licenzas sempre resultan un problema porque ao final hai que ser un medio experto en leis para saber o que se pode facer ou non, por iso os comentarios anteriores só pretendían ser aclaratorios. A lei de propiedade intelectual di que aínda que non apareza indicación do copyright, desde o momento en que se publica o material o autor ou quen detente os dereitos de explotación é quen ostenta o copyright. Polo tanto debería haber unha declaración manifesta no web da deputación dicindo que se permite o uso da imaxe. Editar a imaxe non significaría ser coautor segue sendo propiedade dos seus autores orixinais. Lamentablemente non existen repositorios de imaxes sobre Galicia que estean no dominio público polo momento ou que utilicen licenzas compatibles coa wikipedia, si pode haber algunha imaxe en sitios como flickr.com pero de usuarios particulares. Iso prácticamente obliga a ser os autores das imaxes para poñelas aquí. O tema do escudo xa o tiñamos claro. Con respecto ás imaxes de satélite fixemos un intento pedindo permisos ao SIGPAC e polo momento non deu resultados, están estudando a súa política de autorizacións. Moitas grazas polas aclaracións e volvo a insistir recurre a nós cando o precises. E de burro nada, calquera que chega aquí atopa unha chea de cousas novas sobre o funcionamento que aprender. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:58, 12 setembro 2005 (UTC)

Encoro[editar a fonte]

  • Benvido á Galipedia, antes de nada. Puxen o de "atención" porque ao artigo faltaba-lle a parte introdutória, que xa vexo que está agora. Eu modifiquei o formato porque vin que eras novo e que non controlabas (ou iso me pareceu) como se facian as listas, pero non me preocupei eu mesmo de redactar esa páxina. É algo habitual: non todos sabemos de todo pero si sabemos cando algo falta. Co marcador de "atención" esa páxina chama a atención dos que colaboramos e alguén, máis preparado ca min, pode continuar (neste caso ti mesmo, pero poderia ser calquer outro). Un saúdo. Xosé (✉) 21:54, 14 setembro 2005 (UTC)

Mapa de Touro[editar a fonte]

A imaxe Image:Mapa touro.jpg non se visualiza porque está feita no espazo de cor CMYK e para poder amosarse aquí debe estar no espazo RGB. Para que se vexa debes volver a cargala unha vez feito ese cambio. Bo traballo co mapa, se puderas por o concello de Touro nunha cor un pouco distinta do resto quedaría un pouco mellor —na miña opinión—. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:01, 17 setembro 2005 (UTC)

  • As boas, compañeiro, estiven a ve-la tua paxina de usuario, e coido que no che queda nada ben a expresion "son moi burro"; posto que si nos vamos a mirar a eso (tan só por que estas aprendendo) entón os demáis cando empezamos eramos unhos perfectos pailanes dexitais. Máis ninguén se clasifica diso, tan só estamos para axudarnos uns os outros nas medidas das nosas posibilidades. Por certo, noraboa polo traballo que estas a realizar no Concello de Touro. Saúdos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:18, 18 setembro 2005 (UTC)
  • Ola, a verdade é que non entendín a túa mensaxe, quedei en marcharche un correo?, se é así a verdade é que non me acordo polo que che agradecería que me digas a que se refería.--Rocastelo 21:00, 4 outubro 2005 (UTC)

Vila de Cruces[editar a fonte]

  • Xa tes en Lugares de Vila de Cruces os enlaces as distintas parroquias de Vila de Cruces. A outra mensaxe sobre o correo era para min. Se necesitas tamén os enlaces para os lugares de cada parroquia non tes máis que dicirmo, xa sabes onde atoparme. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:09, 4 outubro 2005 (UTC)

Xornal da Galipedia[editar a fonte]

Ola Pelos, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:27, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Pelos. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:44, 6 decembro 2006 (UTC)

Saúdo[editar a fonte]

Ola, Pelos. Como vai no val? Chamoume a atención a foto da túa páxina de usuario, canta neve! Saúdos desde a Galiza. --Xoán Carlos Fraga 19:18, 17 febreiro 2007 (UTC)

Encoro de Portodemouros[editar a fonte]

gratos recordos, de cando ía de acampada cos meus pais á beira norte, e collíamos o barco para ir almorzar a Vila de Cruces...
Parabéns polo artigo!! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 23:50, 10 decembro 2007 (UTC)

Gracias por aprenderme un novo concepto. Puxen "pechada" completamente desde a ignorancia. Xa está rectificado.
--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 21:55, 12 decembro 2007 (UTC)

Cunca -Conca[editar a fonte]

Non sabía de que me falabas xa que eu só fixera un cambio no artigo Encoro de Portodemouros: Tronceda no lugar de Troncada que era o que había. Eu como sei que o meu galego é ben limitado tento non facer correcións ortográficas.

Supoño que o troco o faría algún outro editor que estivo a facer cambios e correcións, xa que polo que vin o artigo chamoulle a atención a bastante xente (podes ver os cambios no historial da páxina [1]. Non hai ningún problema en volver a por a forma correcta. Pódelo facer ti mesmo, ou eu se o prefires. Aproveito para darche os parabéns polo artigo, é moi interesante. Espero que coincidamos a miudo por aqui e para o que necesites non tes máis que dicilo. Saúdos e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 20:15, 12 decembro 2007 (UTC)

  • Non sabería aseguralo, Estevoaei aportou o dato da definición do Xerais, cegado gústame polo feito de que aporta o engado de información de ter sido pechado con posterioridade á súa construción e de xeito estable (para longo tempo), que quizais co termo cerrado non quedaría tan claro, quizais tapiado fose outra alternativa pero tampouco sei se estou a xogar máis co castelán ou co galego. Gústame a definición do Xerais pero se prefires utilizar algunha outra que mellore a información non o dubides. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 23:14, 12 decembro 2007 (UTC)

Incorporar imaxes[editar a fonte]

Ola Pelos. Grazas pola túa colaboración engadindo imaxes tan valiosas á Galipedia. Quería solicitarche que cando subas imaxes ás incorpores, ademais de a onde vexas que procede, ás Categoría:Galerías de imaxes de Galicia.

Así o fixen xa eu coas de Portodemouros, Vila de Cruces, pois coloqueinas en Galería de imaxes de Vila de Cruces.

Ademais, temos a norma, cando colocamos unha imaxe e sabemos o concello, categorizala no concello, engadindo ó final dos datos da imaxe a etiqueta [Categoría:Imaxes de Nome do concello].

Se non podes, non pasa nada. Se tes dificultades, contacta comigo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:06, 13 decembro 2007 (UTC)

Incorporar imaxes[editar a fonte]

Ola Pelos. Grazas pola túa colaboración engadindo imaxes tan valiosas á Galipedia. Quería solicitarche que cando subas imaxes ás incorpores, ademais de a onde vexas que procede, ás Galería de imaxes de Galicia.

Así o fixen xa eu coas de Portodemouros, Vila de Cruces, pois coloqueinas en Galería de imaxes de Vila de Cruces.

Ademais, temos a norma, cando colocamos unha imaxe e sabemos o concello, categorizala no concello, engadindo ó final dos datos da imaxe a etiqueta [Categoría:Imaxes de Nome do concello].

Se non podes, non pasa nada. Se tes dificultades, contacta comigo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:06, 13 decembro 2007 (UTC)

  • Non puiden colocar en ningún sitio (está orfa = non está en ningún lado) nin categorizar a imaxe Imaxe:Resto.JPG. A que lugar corresponde? Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 18:16, 13 decembro 2007 (UTC)
  • Supoño que a Vielha da que falas en Imaxe:Neve en Vielha.JPG estará no Val de Arán. Podería engadirse a imaxe, se é así, a Val de Arán. Conviría que colocases máis datos nas descricións das fotos. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:20, 13 decembro 2007 (UTC)

Variantes lingüísticas[editar a fonte]

Ola, Pelos. Desfixen a edición que fixeches ao substituír conca por cunca, porque as dúas formas son válidas en galego. Neses casos en que dúas formas son correctas, non semella axeitado mudar unha por outra. Non é que eu leve comisión polas concas, pero, sendo as súas opcións correctas, podería o troco acabar nunha desputa va sobre ortografía, e non paga a pena, non? Moi ben por estares atento, en todo caso, ;) --Xabier Cid 22:47, 13 decembro 2007 (UTC)

Emendo o meu erro; Alma avisoume de que ti foras o editor primeiro do artigo, e que ti escolleras cuncas antes de que cho mudaran. A teoría estaba ben, o que foi erróneo foi a aplicación. Desculpas. Procedo a mover outra vez concas a cuncas. --Xabier Cid 09:42, 14 decembro 2007 (UTC)

Imaxe:Resto.JPG[editar a fonte]

Tenme pasado o que dis, o de que a miniatura non é igual á imaxe que aparece cando a editas. Non sei o programa para editar que usas. Eu uso ACDsee 8.0. Ás veces o programa non actualiza as miniaturas. Ocorre cando copias unha imaxe por encima doutra diferente (co mesmo nome). Quero dicir con isto que probablemente perdeses a imaxe da que falas, pois, no momento en que actualices a basa de datos do programa, deixará de haber esa incongruencia e percibirás tamén na miniatura a imaxe da foto que editas (sempre que sexa iso o que ocorra).

Outra cousa que has de saber é que se as imaxes non se empregan en ningún artigo, serán borradas. A Galipedia non é un espazo para subir fotos (para iso está Commons) polo que me parecería interesante que me dixeses de onde é a imaxe, para así incorporarlle os datos e incorporala a algunha páxina.

Se algunha vez desexas subir imaxes a Commons, debes colocar a mesma caixa de imaxes da Galipedia. Onde pos Source=propia,convén que poñas ademais self made, pois o proxecto é internacional. En Commons debes ademais categorizar. Se non sabes como categorizar a imaxe, ó final dos datos da mesma pon [[Category:Galicia (Spain)]], así eu podo localizala doadamente e categorizala (pensa que en Commons hai 2.000.000 de imaxes).

Polo que respecta a que sexan procedentes ou non as galerías de imaxes de concellos: Creo que ti mesmo facilitas a resposta pois nomeas dous tipos de enciclopedias (impresa e dixital) que evidentemente non sempre teñen por que ter as mesmas características. Por outra banda, as Galerías de imaxes poden recoller fotos que están espalladas en moitos artigos, repara, por exemplo, na Galería de imaxes de Ribeira, ou que non están en ningún outro.

Non dubides pórte en contacto comigo para o que desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:10, 15 decembro 2007 (UTC)


Fernando Vázquez[editar a fonte]

Foi un erro meu, quería dicir "fillo" no lugar "irmán", moitas gracias pola apreciación. E polo de Arzúa, outor erro. Gracias, só así se fai unha Galipedia máis grande e mellor. Teño que retomar ese artigo e ese teléfono pode ser de moita axuda. Gracias de novo. Saúdos. --O_TeRMi

Grazas[editar a fonte]

Grazas pola foto e polo de raíña, ;), pero deixachesme sen palabras, supuxen que a mandarías por correo, aínda che van poñer unha demanda polos dereitos de imaxe, :), saúdos e feliz ano!!. PD. A ver se te animas e te unes ao Wikipedia:Wikiproxecto Concellos galegos que tiñas moitas e boas ideas. --Alma (fálame eiquí) 16:00, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe:Cea Santiago.JPG[editar a fonte]

Ola Pelos. Sinto ter que vir a augar a festa, segundo as regras de Wikipedia a imaxe Imaxe:Cea Santiago.JPG non pode publicarse sen a autorización de todas e cada unha das persoas que resulten recoñecibles. Mentres tanto debe borrarse. Como aclaración para outros casos hai circunstancias que poden modificar ese principio segundo a relevancia pública das persoas que aparezan e/ou o lugar onde se faga a fotografía. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:18, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Ola Pelos. As cuestións refiridas á intimidade son delicadas e só che deixei a mensaxe polo coñecemento que teño das regras sobre imaxes de Wikipedia. Eu non podo borrala, hai tempo que renunciei a ser administrador, teslle que pedir o borrado a algún dos administradores. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:53, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  • Ola Pelos. Acabo de ver a imaxe e borreina. Todos e cada un dos presentes na imaxe teñen que dar a súa aceptación. Se a dan, recupéroa. Pola miña parte non hai problema. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:29, 14 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:53, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Charlas en Ordes[editar a fonte]

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 22:00, 15 abril 2008 (UTC)

Problemas con Image:Fonte Diaz(vista parcial).JPG[editar a fonte]

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

 Lmbuga / Conversa comigo  23:02, 30 xuño 2009 (UTC)

Vexo que estás intentando arranxar o problema da imaxe e que non o consegues. O motivo de que non o consigas é o seguinte: Cando sobes unha imaxe co nome doutra xa existente, os datos da imaxe nova que incorporas pérdense, mantéñense os datos da imaxe existente.
Se queres solucionar o problema, só tes que editar a imaxe (facer click na pestana "editar" da imaxe) e escribir que é obra túa. Grazas e desculpa polas molestias (eu non podo facelo por ti, se puidese faríao)-- Lmbuga / Conversa comigo  21:23, 1 xullo 2009 (UTC)

Ficheiro:Xerais do Ulla.jpg[editar a fonte]

Ola Pelos. Engadinlle a caixa de datos a esa fotografía túa, por favor revisa a ver se todos os datos son correctos. Por outra banda o nome do ficheiro no canto de Xerais do Ulla debería sen Xenerais do Ulla, se puideras subila outra vez co nome correcto sería perfecto. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:38, 10 xullo 2009 (UTC)

Problemas con Image:Fonte Diaz.jpg e Ficheiro:Presa de Portodemouros.jpg[editar a fonte]

(Mensaxe preformatada: Se precisas axuda faimo saber. Inda que quizais poida tardar en responder durante o verán)

Grazas por subir estas imaxes. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, as fotos que subiches poderían ser borradas.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

 Lmbuga / Conversa comigo  22:04, 28 xullo 2009 (UTC)

Warning sign
Esta imaxe, salvo que se lle engadan os datos requiridos,
vai ser borrada no prazo dunha semana.
Image:Mapa de touro.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Mapa de touro.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.

Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.

Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explicitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.


--. HombreDHojalata.conversa 07:54, 11 de xullo de 2011 (UTC)