Conversa usuario:Fobos92

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Fobos92!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Alberte Si, dígame? 15:06, 20 maio 2009 (UTC)

Ola Fobos92, grazas por colaborares coa Galipedia. Un apuntamento: desfíxose o movemento do artigo Sonda interestelar a un anexo porque na Galipedia non posuímos anexos. Se tes inconvintes co título, se cres que é mellor outro mellor, podes explicalo na páxina de conversa do artigo (Conversa:Sonda_interestelar) e seguro que se chegará a un acordo. Un saúdo, e benvido á Galipedia. Alberte Si, dígame? 15:06, 20 maio 2009 (UTC)

Litoral de Galicia[editar a fonte]

Ola Fobos92. Grazas por crear Ficheiro:Costa de Coruña.PNG, Ficheiro:Costa de Lugo.PNG, Ficheiro:Costa de Pontevedra.png. Eses ficheiros son de moita utilidade en Praias de Galicia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:06, 22 de marzo de 2012 (UTC)

Ola Fobos.

Poderías, por favor, citar nalgures as fontes de onde tiras a información reflectida nos mapas?

Graciñas. Un saudo. . HombreDHojalata.conversa 19 de novembro de 2013 ás 12:28 (UTC)[responder]

Expliquei a miña reversión no resumo de edición, non podes cambiar unha imaxe ó chou, a non ser que o seu contido sexa moi semellante, sen axeitar o pé ó novo contido. O teu cambio fai que o pé non teña sentido e que a imaxe non se entenda. Se queres que se manteña a imaxe o que tes que facer é amañar o pé para que cadre coa nova imaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2013 ás 23:17 (UTC)[responder]

Aviso na taberna de axuda[editar a fonte]

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:16 (UTC)[responder]

Lingua galega[editar a fonte]

Ola, Fobos92. Revertín as túas edicións nese artigo. O tamaño das imaxes era correcto; ten en conta que a visualización varía dun navegador e dun equipo a outro. Por outra banda, o artigo trata dun xeito xeral e enciclopédico a lingua, co cal non é o lugar para toda un sección de exemplos de isoglosas. Se tes calquera dúbida non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18 de febreiro de 2018 ás 17:31 (UTC)[responder]

Ola de novo. Non teño claro que o lugar para incluílas (por suposto que as isoglosas son interesantes) sexa a Wikipedia: se cadra acaen dentro do curso de lingua en Wikibooks. Supoño que outra solución podería ser incluílas dentro dun artigo específico dentro dun portal de Lingüística, un pouco á maneira do que hai en fr.wiki. Se estás disposto para encargarte dun traballo semellante, podías formular unha proposta na Taberna, e a ver que opinan os demais (e a ver se alguén se anima). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18 de febreiro de 2018 ás 17:49 (UTC)[responder]
Ola, Fobos! Os mapas de isoglosas poden ser interesantes en Áreas lingüísticas do galego. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de febreiro de 2018 ás 18:42 (UTC)[responder]