Áreas lingüísticas do galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.

Mapa lingüístico do galego

Bloques[editar | editar a fonte]

O bloque occidental e o oriental presentan moitos trazos comúns en tódolos seus falares, polo que ben se podería falar dunha macroárea atlántica ou occidental e dunha macroárea oriental. O bloque central, que en xeral é o que mellor representa o galego común, ocupa unha ampla zona xeográfica e presenta moi poucos fenómenos exclusivos. Máis ca dunha transición gradual de oriente a occidente e de conservadorismo a innovación -como se ten falado-, a realidade das variedades do galego pode representarse nunha dobre dirección: fenómenos innovadores que apagan a súa vitalidade cara ó leste e fenómenos conservadores que diminúen cara ó oeste. Dentro do bloque central pódense establecer áreas e subáreas pero, en xeral, carecen da unidade das dos outros bloques.

Bloque occidental[editar | editar a fonte]

Gallego occidental.png

O bloque occidental está delimitado pola isoglosa cans/cas, nel quedan incluídas as falas occidentais da Coruña e de Pontevedra asemade tamén unha pequena porción do sueste da Provincia de Ourense na Baixa Limia. En liñas xerais é un complexo lingüístico innovador, diferenciado en tres áreas: fisterrá, bergantiñá e pontevedresa.

As áreas Lingüísticas Bloque occidental.jpg
sa = subárea / misa = microsubárea

Bloque central[editar | editar a fonte]

Gallego central.png

O bloque central é menos unitario. Inclúe toda a Galicia Central, delimitada polas isoglosas cans/cas no oeste e cas/cais no leste. Pertencen a el tódolos falares do nordés e interior da Coruña, o interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, non sendo a súa parte oriental. No seu seo distínguense dúas áreas: mindoniense e lucu-auriense.

As áreas Lingüísticas Bloque central.jpg
sa = subárea / misa = microsubárea

Bloque oriental[editar | editar a fonte]

Gallego oriental.PNG

O bloque oriental comprende todo o galego do leste de Lugo e de Ourense, así coma o galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora). En xeral é un complexo de falas moi conservadoras, separado do bloque central pola isoglosa cas/cais e do complexo astur-leonés pola ausencia de ditongación (pèdra / piedra). Nel poden distinguirse catro áreas: asturiana, ancaresa, zamorana e oriental-central.

As áreas Lingüísticas Bloque oriental.jpg
sa = subárea / misa = microsubárea

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]