Conversa usuario:Carlos Kaplan

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Carlos Kaplan!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:09, 19 de setembro de 2010 (UTC)

La Bohème[editar a fonte]

Ola, Carlos. Vin as edicións que fixeches en La Bohème e botei en falta algún tipo de referencia que lles dea solidez. A ver se podes amañar iso. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:51, 19 de setembro de 2010 (UTC)

Trátase de indicar de que fonte extraes o que achegas ao artigo: da carátula do disco, dun libro, dun artigo... Normalmente faise en forma de nota ao pé, que se fai cun dos botóns que hai arriba á esquerda da caixa de edición, o que ten o debuxo do libro. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:45, 19 de setembro de 2010 (UTC)

Ligazóns inaxeitadas[editar a fonte]

Ola Carlos, benvido.

Por favor, non metas polo medio dos artigos da Galipedia ligazóns a artigos da wiki noutras linguas.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22:19, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Para as ligazóns externas temos un formato para levalas fora do corpo do artigo, cara ó final. Tes unha guía en Wikipedia:Guía/Fontes --. HombreDHojalata.conversa 22:38, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Formas válidas[editar a fonte]

Carlos, cando hai varias posibilidades de escrita, cómpre respectar a escolla do primeiro editor. Isto conta para os até-ata, ble/bel ou ao-ó. Tamén para Galiza-Galicia. Por este motivo, non debemos cambiar o criterio do primeiro editor dun artigo e debemos ademais escribir segundo a súa escolla nese artigo en concreto. Coméntocho porque vin que mudaches un ó por ao. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 02:15, 27 de novembro de 2011 (UTC)

Sinatura[editar a fonte]

Ola Carlos, a túa sinatura debe conter unha ligazón á páxina de usuario, e estaría ben que xa puxeras tamén á páxina de conversa. Tés aquí máis información. Saúdos. --JaviP96 28 de abril de 2013 ás 21:40 (UTC)[responder]

Texto canónico[editar a fonte]

Ola, referente ao artigo Veni, Sancte Spiritus, ao ser un texto canónico dunha entidade hai que poñer o texto oficial na versión galega, non unha simple tradución (sexa o latín ou do que sería peor do castelán), podes ver o texto oficial en galego aquí [1], abaixo despois de secuencia, podes engadilo ti ou se prefires xa o engadirei eu, a non ser que esteas en desacordo, entón podes ir á páxina de conversa do artigo; pasaría o mesmo noutros textos que creo creaches da liturxia católica (a liturxia só é nos textos oficiais aprobados, outras traducións non teñen sanción da igrexa para formar parte da súa liturxia).--Sernostri (conversa) 12 de xullo de 2013 ás 20:00 (UTC)[responder]

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, Carlos Kaplan! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:43 (UTC)[responder]

Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Día_do_Galizionario_na_Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla[editar a fonte]

Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.

Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)[responder]

Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro[editar a fonte]

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)[responder]


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.