Conversa usuario:Beninho/Arquivo 5

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Por que me borraches o meu artigo?[editar a fonte]

Hola, quería saber porque borraches o meu artigo de ``Grupos de combate de la union europea´´. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 77.27.185.20 (conversacontribucións)

Estatística[editar a fonte]

Beni, faime un favor, crea estas subpáxinas que a min me axuden a vos ter controlados no tocante á estatística. User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Beninho/EditCounterOptIn.js with any content. Alternatively, you can create meta:User:Beninho/EditCounterGlobalOptIn.js to opt-in across all Wikimedia wikis. User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Beninho/EditCounterOptIn.js with any content. Alternatively, you can create meta:User:Beninho/EditCounterGlobalOptIn.js to opt-in across all Wikimedia wikis.[1] Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:42, 16 de xaneiro de 2011 (UTC)

Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 11:22, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)

Beni, galeguízalo? --Atobar (conversa comigo) 11:22, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Gráficas raras[editar a fonte]

Moi boas as pesquisas, atinaches de pleno!, e moitas grazas por desvelarme o segredo :). Tiña que ser algo diso pero a verdade é que nin se me ocorrera mirar os artigos nesa data a ver o que lles pasara. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:17, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)

Tes unha ligazon vermella na túa páxina[editar a fonte]

Dando voltas por ahí batin coa túa páxina de usuario e vin que tes unha ligazón vermella a Estrela (Astronomía). O caso é que o artigo si existe como Estrela (astronomía) pero supoño que xa o sabes porque o editaches varias veces. Supoño que é un problemiña na túa páxina e coméntocho por si non te decataches :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:09, 1 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola, Beninho. Ti que es da zona, sabes se hai aquí imaxes disto? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:46, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Entra aquí e no campo municipio pon Marín. A primeira da lista é a Iglesia de Santa María del Puerto, que é á que eu me refería. Coñécela? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:04, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Moitas gracias. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:08, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Lufthansa[editar a fonte]

Ola, Beninho. Se o artigo Lufthansa tivese máis referencias eu opino que debería ser artigo destacado. Veste capaz de meterllas? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:13, 14 de marzo de 2011 (UTC)

Os libros son referencias válidas, non sei se o sabías. Ti segue co artigo, que sempre hai tempo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:24, 14 de marzo de 2011 (UTC)

Grupos musicais[editar a fonte]

Ola, Beninho. O que eu boto en falta é unha certa uniformidade na denominación das categorías. Dentro de Grupos Musicais hai Grupos Musicais por procedencia, por época e por xénero. Na categoría de grupos por procedencia fálase sempre de grupos musicais (de Alemaña. de España etc), dentro da de grupos por xénero tamén (grupos musicais do século XX etc). Isto é normal, porque dicir grupos de Alemaña ou grupos do século XXI é como non dicir nada (grupos de que? grupos ecoloxistas? grupos relixiosos? grupos étnicos?). Eu en principio empecei creando categorías específicas para artigos que estaban nunha máis xeral (Roxette non ten que estar en grupos musicais sen máis, senón na categoría do seu xénero). Por homoxeneizar criterios eu creo que sería bo seguir mantendo o "musicais" dentro das categorías dos xéneros. É certo que nalgúns casos o nome da categoría acaba sendo un pouco longo (por exemplo, Grupos musicais de garage rock revival), pero son a minoría. Por certo, vendo todos estes artigos que nunca vira antes impresionoume todo o que levas traballado nesta sección, parabéns. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:12, 23 de marzo de 2011 (UTC)

Novas sobre as camisetas[editar a fonte]

Boas, o primeiro grazas á pola túa participación no pasado reto do aniversario da Galipedia. Xa teño a túa camiseta e deixei un aviso nesta conversa para tentar quedar contigo e o resto de participantes para repartilas, a ver si nos podemos ver!. Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:52, 14 de abril de 2011 (UTC)

Camisola wikipédica[editar a fonte]

Ola Bene! Oes, se vas á xuntanza pontevedresa que hai plantexada poderías coller unha camisola para min? Seguro que no verán nos vemos algún día así que poderías darma. Se se pode escoller talla, a L se non é moi grande, se é xigante entón a M. Vémonos! --Alberte Si, dígame? 15:30, 18 de abril de 2011 (UTC)

Non pasa nada, tampouco tiña urxencia. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 15:16, 21 de abril de 2011 (UTC)

Xuntanza en Pontevedra[editar a fonte]

Ola! Na páxina que amablemente habilitou Elisardojm para a ocasión plantéxase o mércores, 20 ás 6 da tarde como día e hora da xuntanza. Por favor, pásate pola devandita páxina para confirmar a túa dispoñiblidade e propór un lugar exacto da cidade para quedarmos. Grazas! --Paradanta (Cóntame) 21:09, 18 de abril de 2011 (UTC)

Fotos BIC[editar a fonte]

Boas, graciñas pola foto, o que pasa é que hai dous petróglifos de Champás, o petróglifo de Champás e o petróglifo de sobre Champás, ¿ti sabes cal dos dous será?.

Por outra banda, ¿non che apetece participar con esas fotos no concurso de WLM?. Para participar só tes que subir as fotos a Commons en setembro... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:44, 23 de abril de 2011 (UTC)

Moi ben, para poder poñer a foto no sitio axeitado hai que ter un pouco máis de información. E anímate a participar no concurso que nunca se sabe :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:42, 23 de abril de 2011 (UTC)

Vótalle un ollo cando podas[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na Taberna dalgo que falamos en Pontevedra, vótalle un ollo e comenta alí o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:03, 27 de abril de 2011 (UTC)

Encontro no xornal[editar a fonte]

Boas, fixen unha crónica para o xornal, votádelle unha ollada por si queredes amañar ou engadir algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:53, 29 de abril de 2011 (UTC)

Beni, anímastenos a facer os artigos de músicos (e pseudomúsicos) que aínda non temos en Canción do verán? Sei que non son precisamente do teu gusto, pero é que o facedor oficial de artigos de música aquí es ti, e o formato domínalo perfectamente. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:18, 27 de xuño de 2011 (UTC)

Castro de Subidá[editar a fonte]

Ola, meu! Mirei na prensa que están a escavar o castro de Subidá no concello de Marín, pero non o dou localizado; poderías indicarme por onde queda, para ver de ir unha mañá destas coa bici a tirarlle unhas fotos? Se te animas a acompañarme in situ, caralludo.
Todo ben? Falamos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:23, 27 de xuño de 2011 (UTC)

Oes, e si o atopades logo poñédeme as coordenadas en Lista_de_monumentos_da_provincia_de_Pontevedra#Mar.C3.ADn ;) (e si queredes podedes gardar as fotos ata setembro para participar en WLM :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:12, 28 de xuño de 2011 (UTC)

Camiseta[editar a fonte]

Un saudo, estou de novo na galipedia, perdoa por tardar en contestar ao teu comentario(dende abril), podemos vernos un día por Marín ou Cangas, si é que estas por eiqui. Podes chamarme ao móvil 660454037. Unha aperta, --Suarez ruibal 10:49, 3 de xullo de 2011 (UTC)

Campo Lameiro[editar a fonte]

Oes..., que mañán pola mañá teño pensado ir a Campo Lameiro ó Centro de interpretación de petróglifos, rebuscar en todo o que teñan alí e facer tódalas fotos que poda (ata levo trípode e todo), non pechan ata as 20:00 ;). Si che apetece ir aínda teríamos tempo de estar de leria un pouco. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:34, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Moi ben, xa nos veremos outro día. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 15:27, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Wikiproxecto Música[editar a fonte]

Boas Beninho, deixei un comentario na conversa do wikiproxecto Música, se podes miralo para ver se estás interesado no asunto que expoño. Moitas grazas, unha aperta Piquitoconversa

Galencontro![editar a fonte]

Meu!, que queren facer un galencontro sen ti! ;). Non o vas a permitir, ¿non?. Dilles na taberna que o fagan o día que a ti che veña mellor, o 17 ou o 24 de setembro :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:06, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Beni.

Cal e o motivo da eliminación rápida?--. HombreDHojalata.conversa 09:00, 15 de setembro de 2011 (UTC)

E que non se especificou cal é o motivo e a simple vista non o asocio a ningún dos especificados na páxina da política oficial Wikipedia:Eliminación rápida. Deixei unha nota na páxina de conversa, a ver se Lameiro achega o dato--. HombreDHojalata.conversa 09:11, 15 de setembro de 2011 (UTC)

Ligazóns interlingüísticas tamén nas categorías[editar a fonte]

Beni, cando crees algunha cat non esquezas meterlle algún interwiki. A partires de ahí xa traballan os bots. --. HombreDHojalata.conversa 05:54, 6 de outubro de 2011 (UTC)

Beninho, pódelo revisar para lle quitarmos o marcador? --Atobar (conversa comigo) 09:53, 13 de outubro de 2011 (UTC)

2000 artigos creados[editar a fonte]

Parabéns [2] --Atobar (conversa comigo) 23:14, 16 de outubro de 2011 (UTC)

Talking Heads[editar a fonte]

Bo día, Beni! Podes botarlle un ollo a este artigo e darlle formato? Supoño que xa os coñeces, pero recoméndochos igual. Grandes.

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:22, 31 de outubro de 2011 (UTC)

1991: The Year Punk Broke[editar a fonte]

Ola, meu! Parabéns pola estrea blogueira, por certo. Unha cousa: a este artigo quédalle vaga a categoría de documentais, habería que relacionalo coa música; por xénero, ou algo? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:28, 8 de novembro de 2011 (UTC)

Formatos[editar a fonte]

Boa tarde, meu!

Non sei se miraches que alguén aumentou o artigo de The Strokes; anímaste a revisalo, porfi? A mesma IP está agora a editar en Oasis (grupo musical), se o mirases tamén e falases ti coa persoa sería ideal, comentándolle o das categorías, mencionar a orixe, e estas cousas. Graciñas 1000!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:54, 14 de decembro de 2011 (UTC)

Comentarios[editar a fonte]

Ola Beninho e graciñas. No artigo http://gl.wikipedia.org/wiki/The_Strokes tiven un problema, porque borrei sen querer esa parte. Existe algunha ferramenta para restablecer o que se borrou, como, por exemplo, no OpenOffice?

Os 80.000[editar a fonte]

Dixeron na taberna que non eramos capaces de chegar ós 80.000 artigos antes da finde, ti que dis? ;). Saúdos e bó ano novo!, --Elisardojm (conversa) 03:13, 30 de decembro de 2011 (UTC)