Conversa Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sobre o uso de maiúsculas e minúsculas é moi interesante este documento da Universidade da Coruña. --Xosé (✉) 21:24, 14 febreiro 2007 (UTC)

Nomes de persoa[editar a fonte]

Non me gusta nada, nada, que a norma sexa "nome+apelidos" en lugar de "apelidos,nome", que sería o máis académico e enciclopédico, pero supoño que será unha norma debatida e aprobada, e non son quen para reabrir debates.

Pero entendo, e vexo que o máis común, aínda que non estea especificado claramente, e escribir a entrada como nome+1apelido+2apelido.

Ben. No caso de Eladio Rodríguez González, ]] o artigo principal é Eladio Rodríguez, sen 2º apelido, e aparece de 3 formas:

Unha solución sería redirecciona-los enlaces cos 2 apelidos á entrada principal cun só apelido, pero non sería coherente coa política de nomes. Así que, quen teña poder para facelo, tería que cambia-la entrada principal engadindo o 2º apelido, e logo redireccionar eses 12 artigos á nova entrada completa.


Á hora de decidir qué nomes propios se traducen ou non, cómpre definir qué debemos entender por "figuras históricas". Por exemplo: Cristóbal Colón ou Cristovo Colón. O personaxe aparece escrito das dúas formas, en 57 e 39 páxinas respectivamente. Pedro --Lameiro (conversa) 17:59, 21 novembro 2007 (UTC) E, por outra banda, tería que borra-lo artigo "Autores famosos".

Pedro --Pedro 15:25, 14 abril 2007 (UTC)

Nomes de organismos vivos[editar a fonte]

Parece que actualmente os nomes dos artigos dos seres vivos veñen sendo os nomes cos que se coñecen normalmente, exemplo: gato e non Felis silvestris catus ou can e non Canis familiaris. Creo que se debería nomear os artigos co nome científico xa que non deixa de ser o seu derradeiro nome, mentras que os outros nomes non son máis que formas familiares de denominalos. Poderíase facer que esas formas familiares ou vulgares redirixíranse ata os artígos co nome correcto. Saudos --Ric delg Falemos Zoso.svg 23:37, 17 setembro 2007 (UTC)

Obras musicais[editar a fonte]

  • Non se fala do criterio das obras musicais, non me refiro ás cancións, senón ás óperas, concertos, suites etc., mantense o nome orixinal ou tradúcense. --Cheluco 20:34, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Grafía orixinal[editar a fonte]

Creo que esta frase: Mantense o nome na súa grafía orixinal no caso dos nomes de persoas, deberíase redactar doutro xeito, xa que de feito non empregamos en moitos nomes a grafía orixinal, o que facemos é empregar a grafía actual da lingua de orixe, de seguir ao pé da letra esa norma teriamos que mudar centos de nomes que tiveron en orixe unha grafía diferente, comezando por Francisco de Quevedo[1] que era na súa época Francisco de Quebedo.--Cheluco 16:16, 13 de xaneiro de 2011 (UTC)

Posibles casos a ter presentes[editar a fonte]

Na nova discusión aberta sobre a oportunidade de converter esta Convención nunha Política oficial, Toliño aconsella estudar tódolos posibles casos que se nos poden presentar. Boa idea, e por iso abro esta sección para ir apuntando posibles situacións conflitivas que quizais sexa hora de uniformar e definir. Pedro --Lameiro (conversa) 12 de abril de 2013 ás 18:04 (UTC) // Engado máis exemplos e advirto que me refiro a "imaxes de" ou "imaxes en". Pedro --Lameiro (conversa) 17 de abril de 2013 ás 21:38 (UTC)

  • Uso de "en Galicia" ou "de Galicia" nas categorías: Como norma xeral, deberiamos usar a forma en Galicia aínda que haberá casos que esixen de Galicia (Catedrais de Galicia, ríos de Galicia...). Neste momento temos un uso incoherente de de e mais en:
    • imaxes de peixes de Galicia, así como vacas ou cans; pontes de Galicia (pero pontes romanas en Galicia), pórticos, retablos, cemiterios e sepulcros de Galicia, obxectos de Galicia.
    • Fronte a estas formas, temos campás en Galicia, graffitis en Galicia, aras romanas en Galicia, cruces en Galicia e instrumentos musicais en Galicia.
Espazos de nomes da Wikipedia
Espazos de nomes básicos Espazos de nomes conversa
0 Principal (ou Artigo) Conversa 1
2 Usuario Conversa usuario 3
4 Wikipedia Conversa Wikipedia 5
6 Ficheiro Conversa ficheiro 7
8 MediaWiki Conversa MediaWiki 9
10 Modelo Conversa modelo 11
12 Axuda Conversa axuda 13
14 Categoría Conversa categoría 15
100 Portal Conversa portal 101
102 Libro Conversa libro 103
828 Módulo Conversa módulo 829
2300 Gadget Gadget talk 2301
2302 Gadget definition Gadget definition talk 2303
2600
Espazos de nomes virtuais
-1 Especial
-2 Media

Listas[editar a fonte]

Vexo que non se especifica a maneira de titular os artigos que son fundamentalmente listas. Na maioría das wikis optouse principalmente por titular "Lista de..." ou "Municipios de...", mentres que na wiki en castelán fano poñendo "Anexo:...". Eu aposto polo segundo xeito, xa que axuda a categorizar mellor os artigos.

Propoño que se introduza así na convención: Cando o artigo sexa principalmente unha lista, indicarase o prefixo "Anexo:" que irá seguido do tema a tratar, como pode ser "Anexo:Pontes máis longas do mundo" ou "Anexo:Distritos de Madrid".

--Pontevedra78 | Conversa 4 de xaneiro de 2014 ás 01:02 (UTC)

PD: Pódese empregar Anexo ou Lista, se ben, por si se deran casos nos que o anexo non fose estrictamente unha lista, opto polo primeiro, que acolle máis posibilidades. --Pontevedra78 | Conversa 4 de xaneiro de 2014 ás 01:06 (UTC)

Discordo. Na Galipedia (ao igual que en moitas outras wikipedias como en:Template:Namespaces) non temos ese espazo de nomes. Si o ten algunha wiki como a castelán (es:Ayuda:Espacio de nombres) ou a portuguesa (pt:Predefinição:Domínios_da_Wikipédia) mais eu o vexo completamente innecesario. Xa chamamos "Lista de..." a os artigos para os que é adecuado ese título (véxase Categoría:listas), sen problema ningún. --. HombreDHojalata.conversa 4 de xaneiro de 2014 ás 10:31 (UTC)

Nomes de reis[editar a fonte]

Na convención de nomes de persoas figura a tradución dos nomes dos reis, pero a tradición en todas as linguas do noso contorno é traducir os nomes dos membros da realeza, así o príncipe Carlos, príncipe Federico de Dinamarca, María de Dinamarca, etc., e por canto mesmo os apelidos dos membros da realeza se traducen, que moitas veces actúa como apelido simplemente o nome do país--Sernostri (conversa) 29 de xaneiro de 2014 ás 16:53 (UTC)

  • Habería que modificar a redacción deste punto, e eu engadiría aos santos e aos eclesiásticos de certo rango (papas, metropolitas de grandes metrópoles, patriarcas...). --Norrin_strange (Fala-me) 5 de marzo de 2014 ás 16:45 (UTC)
Creo que un bo documento, a ter en conta, é o de uso dos nomes propios elaborado polo SNL da USC [2]--Sernostri (conversa) 5 de marzo de 2014 ás 16:57 (UTC)
Certamente está moi ben. É interesante o punto dos partidos políticos, que polo xeral tradúcense (con excepcións, certo, mais na wiki tomamos a excepción como norma... arre demo!). --Norrin_strange (Fala-me) 6 de marzo de 2014 ás 09:37 (UTC)

Nomes de partidos políticos[editar a fonte]

Penso que deberían traducirse, agás cando a tradución perdese totalmente o sentido: Sinn Féin, Herri Batasuna, etc. --Norrin_strange (Fala-me) 6 de marzo de 2014 ás 15:15 (UTC)

ou haxa unha tradición asentada de non traducir, casos como ERC: Esquerra Republicana de Catalunya, partido cunha longa tradición en galego de manter a forma orixinal, e así aparece en ducias de libros e publicacións especializadas en galego,--Sernostri (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 22:09 (UTC)

Nomes de competicións e proba deportivas[editar a fonte]

Tradúcense sempre: Primeira División, etc. --Norrin_strange (Fala-me) 6 de marzo de 2014 ás 15:15 (UTC)

  • Symbol comment vote.svg Comentario Estou dacordo e en desacordo, debe rexir a mesma norma que para os partidos políticos, coma no caso da Premier ou da Bundesliga. Pontevedra78·conversa 6 de marzo de 2014 ás 21:08 (UTC)
Volverei sobre isto cando rematemos WP:NPP, vaiamos por partes :) --Norrin_strange (Fala-me) 7 de marzo de 2014 ás 07:55 (UTC)

Artigos sobre estradas[editar a fonte]

Xa o propuxera no WP Estradas:

Corresponderase coa nomenclatura oficial da estrada (AC-11, e non Avenida de Alfonso Molina). No caso de que unha mesma estrada reciba distintos nomenclaturas (por exemplo a Autoestrada Central Galega, que é AP-53 e AG-53), optarase por empregar, se o ten, o nome oficial, e de non telo, poñeranse, por orde alfanumérico (LU-903/OU-903), as distintas nomenclaturas, e farase unha redirección para cada unha delas. Pontevedra78·conversa 6 de marzo de 2014 ás 21:11 (UTC)

Aclaracións para a escolla de nomes comúns de seres vivos[editar a fonte]

Nota: esta conversa está copiada da conversa do artigo ourizo cacho que foi onde comezou o debate para aclarar a forma de poñer os nomes comúns en galego nos artigos de seres vivos. Tráese aquí para que continúe a conversa e se defina unha redacción axeitada para achegar a esta páxina de convencións

Este é o único ourizo de Galicia, polo que para nós é o ourizo cacho por antonomasia. Pero como sempre pasa, na Galipedia hai que facer páxinas e darlles nome a todas as especies de ourizo do mundo, polo que a "nosa" especie debería ter algún "apelido" e reservar o nome ourizo cacho (a secas) para a páxina de todos os ourizos en xeral (a subfamilia Erinaceinae). Este podería chamarse ourizo cacho europeo (ou ourizo cacho europeo occidental, porque hai outro en Europa oriental). Como sempre haberá que esperar a que haxa referencias.--Miguelferig (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 17:13 (UTC)

Miguelferig, non hai que darlle nome a nada..., a política di que as especies de animais terán o nome común en caso de existir referencias axeitadas en galego. A Galipedia non pode inventar nada, ten que poñer o que digan as referencias de calidade, do que non haxa referencias usamos o nome científico e listo. Non revisei o artigo pero se isto non está claro, hai que aclaralo para que se fagan as cousas ben e se amañen nos casos incorrectos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 17:56 (UTC)
Neste caso, mirando así por riba, eu diría que hai que movelo a ourizo simplemente, xa que a RAG di que o erinaceus europaeus é simplemente ourizo, o resto son sinónimos, e teremos que coller o nome principal, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 18:00 (UTC)
Como a páxina ourizo é de homónimos, propoño movela a ourizo (mamífero).... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 18:02 (UTC)
Se movemos Erinaceus europaeus a ourizo estamos co mesmo problema. Hai outras especies de ourizo, case 20. O noso ourizo ten que ter un apelido (non digo que haxa que facelo agora). Os ourizos (a secas) en xeral son os da subfamilia Erinaceinae. Naturalmente, mentres non haxa referencias haberá que usar os nomes científicos para os demais ourizos, pero iso é provisional, porque acabará habendo nomes comúns referenciados para eles e entón a páxina ourizo necesitará un apelido. Como dixen antes haberá que esperar polas referencias.--Miguelferig (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 18:18 (UTC)
Cando lle poñan apelido xa o moveremos, polo de agora temos que traballar co que temos. Si, os Erinaceae son ourizos, pero ourizos en xeral sin identificar, pero a RAG indica directamente que ourizo é o erinaceus europaeus así que non hai outra (a non ser que haxa outra referencia de máis autoridade que a RAG e que lle poña apelido, cousa que descoñezo, tentarei investigar). E se me dis, e que facemos cos outros 19 ourizos? Teñen referencia de autoridade en galego? Pois ese nome, non teñen? Pois o nome científico... Vou ver se esta especie ten apelidos con referencias. Por certo, no artigo Erinaceinae eu penso que non é correcto poñer que é o ourizo cacho, o ourizo cacho, segundo a RAG, é sinónimo de ourizo, debemos usar os termos principais da RAG e non os sinónimos, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 18:34 (UTC)
Parece que a Guía de mamíferos de Galicia de Baía, 2007, pon o nome de ourizo cacho a esta especie. Miguelferig, aceptamos que esta referencia ten máis autoridade que a da RAG xa que é un libro especializado na materia? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 18:47 (UTC)
Teoricamente a Guía é máis especializada. O DRAG non ten por que entrar en excesivos detalles taxonómicos. De todos modos, ten en conta que nas Guías teñen o mesmo problema cos nomes que temos nós aquí na Galipedia. Teñen que poñer nomes e optan por un.--Miguelferig (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 19:12 (UTC)
Xa Miguelferig, pero nalgún sitio temos que basearnos, e o que temos agora é isto, cando haxa unha referencia de máis autoridade teremos que cambiala, digo eu... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 00:06 (UTC)
Mira, a Lista dos mamíferos de Galicia, segundo se indica no artigo, está baseada na Guía dos mamíferos de Galicia de Baía e na Lista Vermella da IUCN (aínda que esa supoño que non se usará para referenciar os nomes comúns, se non as especies), se non a podemos considerar referencia de calidade haberá que refacela e revisar todos os artigos que usan ese libro como referencia, que deben ser uns cantos. Que dis Miguelferig, aceptamos polbo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 21:23 (UTC)
Si, xa sei. Polo momento hai que aceptar as referencias que hai. Esa da Lista de mamíferos da guía de baía tamén é a que adoito utilizar eu. O problema é que se eu digo "raposo" a que me estou referindo (á hora de poñer título a unha páxina), a todos os raposos? (iso sería o lóxico, e correspondería a unha familia, subfamilia ou o que fose onde se fala de todos os rapososo). Ou podo referirme a unha especie de raposo concreta. Se en Galicia vive só unha especie de raposo pois igual o DRAG rexistra que se lle chama raposo (a secas) a esa especie. Pero no mundo hai varias especies de raposos (ou de lobos ou de ourizos...) polo que terían que ter algún apelido: raposo vermello, raposo branco etc. Ás veces mesmo hai que poñerlle nomes a subespecies. Non é un problema que vaiamos resolver agora, hai que esperar e deixar as cousas como están, pero as guías e o DRAG quedan curtos para as nosas necesidades aquí.--Miguelferig (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 21:39 (UTC)
Claro, pero é que o raposo é a especie que hai aquí, o nome común non o inventaron para os raposos de fóra de Galicia, se houbera dúas especies de raposo en Galicia, e fosen coñecidas, o máis probable é que tiveran dous nomes diferentes. Quero dicir, ós raposos que non teñen referencias, porque non son comúns en Galicia, o que hai que facer é poñerlle o nome científico, se no futuro unha autoridade lle da un nome común cambiámolo e listo. Ok? Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 21:58 (UTC)
Entendo que estades concluíndo que os nomes comúns que titulan os artigos son os nomes comúns en Galicia, e que os nomes de especies semellantes doutras latitudes se designarán polo seu nome científico ou polo nome com´ñun que lle dean a cada un (é dicir, con apelido). Por exemplo: o noso ourizo se titularía ourizo (quizais tamén ourizo cacho, tamén con referencias) e o ourizo que teñan en Siberia sería -por exemplo- ourizo siberiano. Paréceme unha conclusión moi adecuada por máis que algúns veñan recordando, unha e outra vez, que esta é unha enciclopedia en galego non de Galicia. Sendo isto moi certo, ´tamén o é que usamos como referencias fontes galegas, que dan nomes comúns en Galicia. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 22:28 (UTC)
Eu polo menos non estou dicindo iso Lameiro. Eu o que digo é que, se non hai referencias de calidade para o nome común en galego para unha especie, entón que usemos o nome científico. É dicir, no teu exemplo do ourizo siberiano, se non temos referencias para o nome común en galego, teríamos que poñer como nome do artigo o nome científico. No artigo podemos dicir que é un ourizo e ligar esa palabra co artigo erinaceinae pero non podemos poñer como nome do artigo ourizo siberiano porque non temos referencias de calidade nas que basearnos, se o fixéramos seríamos fonte primaria para esa denominación, cousa que iría en contra da Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 00:13 (UTC)

Expliqueime mal, entón.

  • Temos referencias de abondo para denominar ourizo (ou ourizo cacho, xa dixen) ó noso ourizo de toda a vida. Logo o artigo debería titularse ourizo, a secas e sen máis complicacións.
  • Existen outros ourizos polo mundo adiante e cada un deles terá algún día artigo de seu. Imaxinemos que hai un ourizo común en Siberia: o seu artigo, a falta de nome común en galego, sería Erinaceus siberianus (entendédeme, estou inventando). Á par deste teriamos outro artigo para o Erinaceus britanicus, outro pàra o Erinaceus antillanus, e así sucesivamente.
  • Pero un día, un experto galego edita unha guía de tódolos ourizos do mundo e propón nomes galegos para todos eles. Daquela, o artigo sobre este segundo ourizo pasaría a ter como título o nome común que lle dera o noso experto, como tal ourizo siberiano. E á par, un ourizo británico e un ourizo das Antillas.
  • Nós non inventamnos nomes, por suposto, senón que collemos o nome común que lle dea a fonte -se llo dá, claro-.
  • O problema será, quizais, que ese experto non describirá o noso ourizo galego como ourizo, simplemente, senón que lle dará apelidos (ourizo común, ourizo europeo, ourizo occidental...), pero será un problema menor.
  • En resumo: nome galego común como artigo principal (a secas), e nome con apelidos para as variantes que se vaian bautozando e describindo no futuro.

A ver se agora fun quen de explicarme. Pedro, --Lameiro (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 00:29 (UTC)

E, por suposto, falo de ourizo a secas para o noso ourizo mamífero con pugas. O ourizo de mar será o que teña que denominarse co nome composto: non lle vexo sentido a ourizo (mamífero) para diferenciar. Pedro --Lameiro (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 00:35 (UTC)
Ah, si, perdoa, estabamos a dicir o mesmo, non te entendera ben.
Eu a dúbida que teño agora é, deixamos este Erinaceus europaeus co nome de ourizo cacho (segundo a Guía de mamíferos de Galicia), ou cambiámolo a ourizo (algo) (segundo a RAG) (porque ourizo é unha páxina de homónimos)... Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 01:59 (UTC)
Aínda que se poida aforrar traballo e evitar problemas coas ligazóns internas deixándoo estar así (ourizo como homónimos e ourizo cacho como mamífero insectívoro), creo que despois de tan longa discusión compriría crear ourizo (homónimos) e reservar ourizo (a secas) para o bicho. Aínda que o importante é sentar o precedente, establecer o criterio para denominar bichos (lembrade os exemplos de Miguel: raposo, gaivota, etc.). Chámame a atención que a primeira acepción de ourizo no DRAG sexa o ourizo das castañas. Pedro --Lameiro (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 12:14 (UTC)
Si, iso tamén o pensei eu onte despois de apagar o ordenata e meterme na cama, a piques estiven de volver aquí a poñer case o mesmo ca ti :). Vale, pois para a semana ocupareime eu de cambiar este artigo a ourizo e de facer ourizo (homónimos) (hoxe e mañá non vou ter tempo de cambiar todo isto que penso que vai ser bastante choio porque seguramente a páxina actual de ourizo terá bastantes páxinas que ligan con ela e haberá que amañalas para que queden ben). Penso que esta conclusión é bastante importante e que deberíamos integrala en Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos para que non se perda nos arquivos. Podemos ampliar un pouco a sección de Artigos sobre seres vivos engadindo a conclusión á que chegamos aquí e poñendo un par de exemplos para clarificala. Se tal podemos copiar esta conversa na páxina de conversa desa convención definir alí o texto a engadir e de paso que quede tamén de lembranza no sitio axeitado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 12:44 (UTC)

Nomes de festividades, tanto civís como relixiosas e días oficiais[editar a fonte]

Boas, falta unha aclaración no texto sobre o uso de maiúsculas nos títulos/denominación de festividades, tanto civís como relixiosas e días oficiais. A día de hoxe gaña o uso de maiúsculas nos substantivos e adxectivos, quedando fóra os artigos, preposicións, conxuncións. As fontes que fagan mencións explicitas foron estas, Manual de estilo DOG,Criterios lingüísticos da Univ. de Santiago, Criterios da Univ. de Vigo Maria zaos (conversa) 2 de abril de 2019 ás 09:09 (UTC)

Copio aquí a referencia que se decidiu para unificar o criterio Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
epígrafe Maiúsculas e minúsculas. 17. Divisións temporais e festividades. 1 Leva maiúscula inicial e mais en todos os substantivos e adxectivos o nome das festividades, relixiosas e civís, estatais e populares: Pentecostés, Epifanía, Nadal, Corpus, Venres Santo, a noite de San Xoán, Día da Constitución, Día da Independencia, Día da Patria Galega.[1]
  1. Ortografía da lingua galega de Begoña González Rei (Galinova, 2004) p. 254