Wikipedia:Libros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Vista xeral

Os libros da Wikipedia son unha colección dalgúns dos contidos da Wikipedia gardados dun xeito doado, renderizados electronicamente en formato PDF ou OpenDocument ou pedidos como libro impreso. Hai máis información e axuda sobre os libros da Wikipedia en Axuda:Libros.

O andel de libros

Libros da Wikipedia impresos.

Consellos para crear libros

Tema e título

Apenas hai límites á hora de crear libros con contidos da Wikipedia. Os bos libros céntranse en certos temas e cobren o asunto o máximo posible. Un título significativo axuda ao resto de usuarios a ter unha idea correcta do que hai no libro.

Extensión

Os libros deberían ter un número razoable de artigos. Un único artigo non é suficiente, pero os libros que dan como resultado un PDF con máis de 500 páxinas son, probablemente, longos de máis, mesmo podendo causar problemas de rendemento en ordenadores vellos.

Introdución

Os libros gardados pódense modificar para que inclúan unha introdución. O texto introdutorio pódese almacenar nunha subpáxina do libro. Olla a axuda para expertos para aprender o procedemento.