Odón I de Tolosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Odón I de Tolosa
Nacementoséculo IX
Falecemento918
Lugar de falecementoTolosa
Ocupaciónmonarca
PaiRaimundo I de Rouergue
CónxuxeGarsinde
FillosRaimundo II de Toulouse e Rouerge, Armengol de Rouerge e de Toulouse e Garsinda, Countess of Barcelona
IrmánsBernard II, Count of Toulouse e Fulcoald de Llemotges
editar datos en Wikidata ]

Odón I de Tolosa (Eudes na súa forma en francés), nado c. 875 e finado en 919, foi conde de Tolosa e de Rouergue (886 - 919), marqués de Gotia[1] e conde de Albi ius uxoris, é dicir, o da súa muller (860 - 919).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ramón I de Tolosa e Berta do Maine. Á morte de Bernardo Plantapilosa no 886, recibiu os condados de Tolosa, Nîmes, Quercy e Roergue que aquel lle usurpara ao seu pai. Casou o ano 860 con Garsenda de Albi, condesa de Albi, filla do conde Armengol de Albi, coa que tivo tres fillos:

  • Ramón II de Tolosa (861 - 923), conde de Tolosa, que o sucedeu en Tolosa, Albi e Nimes.
  • Armengol de Roergue, (870 - 937), conde de Roergue e Quercy.
  • Garsenda de Narbona e Tolosa (875 - 915), casada con Vifredo II de Barcelona. Sobre as orixes de Garsenda como descendente de Odón e Garsenda de 'Albi, hai discrepancias entre os historiadores. O xenealoxista húngaro Szabolcs de Vajay propuxo, nun artigo publicado en 1980, que a muller do conde Vifredo II de Barcelona era filla do conde Odón I de Tolosa e de Garsenda de Albi. Baseábase en argumentos onomásticos: a coincidencia do nome Garsenda, entre a muller de Vifredo Borrell e a da súa suposta nai, a muller de Odón. Ademais, o nome de Riquilda que a parella condal lle puxo á súa única filla non se coñecía ata ese momento na casa de Barcelona. Vajay atribuía a este nome unha orixe albixense, a liña materna[2]. Pero esta tese sobre a orixe tolosana da condesa Garsenda foi rexeitada por Martin Aurell e Christian Settipani que sosteñen que o nome Riquilda xa fora usado por unha das irmás do conde Vifredo[3] [4]. Garsenda de Albi (860 - 919) foi tía de Borrell II, tamén muller de Odón I de Tolosa, tivo importancia política, xa que foi condesa de Xirona e de Tortosa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Odó I de Tolosa". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. de Vajay, Szabolcs (1980). "Comtesses d'origine occitane dans la Marche d'Espagne aux 10e et 11e siècles". Hidalguía 28: 601–603. 
  3. Aurell, Martin (1997). "Du nouveau sur les comtesses catalanes (IXe-XIIe siècles)". Annales du Midi 109 (219-220). 
  4. La noblesse du Midi carolingien: études sur quelques grandes familles d'Acquitaine et du Languedoc du IXe au XIe siècle, Toulousain, Périgord, Limousin, Poitou, Auvergne (en francès). Occasional Publications UPR. ISBN 9781900934046.