Pedro Antonio Fernández de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Antonio Fernández de Castro
Pedro Antonio Fernandez de Castro.jpg
Nacemento20 de outubro de 1632
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento6 de decembro de 1672
Lugar de falecementoLima
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico
PaiFrancisco Fernández de Castro Andrade
NaiAntonia Girón Enríquez de Rivera
CónxuxeAna Francisca de Borja y Doria
FillosMaría Alberta Fernández de Castro Portugal Borja e Ginés Fernando Ruiz de Castro y Portugal
editar datos en Wikidata ]

Pedro Antonio Fernández de Castro, nado en Madrid en 1632 e finado en Lima en 1672, foi o X Conde de Lemos, administrador e político español vencellado a Galiza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pedro Antonio Fernández de Castro Andrade e Portugal, décimo Conde de Lemos, marqués de Sarria, duque de Taurisano e Vicerrei do Perú de 1667 a 1672. Nado en Madrid en 1632, foi educado para a guerra, sendo favorito da corte cando o rei Carlos II noméao vicerrei do Perú en 1666.

O 9 de novembro de 1667, chega ao porto do Callao e fai a súa entrada a Lima tomando posesión do seu cargo, o 21 de novembro como novo Vicerrei do Perú.

Foi famoso nese período ao ser xusticeiro e inflexible, preocupouse pola pureza de prácticas relixiosas. Deu impulso á construción de edificacións en Lima, e Fundou algunhas institucións públicas en Lima, como unha hospital para indios convalecentes e un hospicio para mulleres arrepentidas.

En Lima[editar | editar a fonte]

A principios dos 1670s as noticias que chegaron a Lima sobre o famoso corsario inglés Henry Morgan, quen tomara Chagres, capturado e saqueado a cidade de Panamá motivaron a que o Vicerrei Fernández de Castro enviase unha expedición de 18 barcos e case 3 000 soldados, pero o seu arrivo a Panamá foi demasiado tarde; Morgan xa abandonara a cidade.

A súa fe católica[editar | editar a fonte]

Fernández de Castro foi un católico moi devoto e un forte apoio dos Xesuítas. Axudou non só economicamente, senón que laboró durante a construción da Igrexa dos Desamparados, cerca á ponte no río Rímac, en Lima. Frecuentemente facía de axudante ou sacristán na misa do Pai Francisco del Castillo.

O Conde e a Condesa tamén foron importantes auspiciares da canonización de Santa Rosa de Lima, tanto na Corte en España e no Vaticano. O 12 de febreiro de 1668 Rosa foi beatificada, cunha celebración oficial que levou a cabo o 15 de abril dese ano, na Basílica de San Pedro, a comunicación oficial chegou a Lima o 18 de xaneiro de 1669. O Conde e a Condesa enviaron unha escultura de Santa Rosa ao Vaticano (Melchor Caffa foi o escultor). Con ocasión da súa beatificación, o seu féretro de madeira foi substituído por un de prata, custeado pola Condesa. Por requirimento da rexente española Mariana de Austria, o 11 de agosto de 1670 Rose foi nomeada Patroa das posesións españolas en América e Filipinas. Foi canonizada o 12 de abril de 1671 polo Papa Clemente X. Rosa foi a primeira nacida en América en ser consagrada como santa católica.

Durante o seu goberno produciuse un feito prodixioso ao intentar borrar a imaxe do Señor dos Milagres, polo cal mandou edificar unha ermida. O 14 de setembro de 1671 oficiouse a primeira misa ante as altas autoridades eclesiásticas e civís, data que coincide co día da Exaltación da Cruz, comezándose a difundir o culto e a chegar de diferentes lugares numerosos fieis, comezándoo a chamar ao crucificado Santo Cristo dos Milagres, ou de As Marabillas

Faleceu en Lima, o 6 de decembro de 1672. O seu corpo foi sepultado na Igrexa de San Pedro de Lima (entón chamada Igrexa de San Pablo, antes da expulsión dos xesuítas) sendo o seu corazón depositado aos pés da nosa Señora dos Desamparados, na Igrexa que axudou a construír. (Cando a antiga Igrexa da nosa Señora dos Desamparados, detrás de Palacio de Goberno, fóra demolida en 1938 o corazón do Conde de Lemos foi levado á Igrexa de San Pedro e posto nun nicho entre os altares de San Francisco de Borja e San Luís Gonzaga.)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]