Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal
Nome completoPedro Fernández de Castro-Andrade e Portugal
Nacemento19 de xuño de 1524
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento21 de agosto de 1590
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeCoroa de Castela e España
Ocupaciónaristócrata
PaiFernando Ruiz de Castro y Portugal
NaiTeresa de Andrade y Ulloa, 3.Condesa de Villalva
FillosFernando Ruiz de Castro Andrade y Portugal
editar datos en Wikidata ]

Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, nado na Coruña o 19 de xuño de 1524 e finado en Madrid o 21 de agosto de 1590, foi o V conde de Lemos e un dos aristócratas máis importantes do reino de Galiza durante o século XVI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o fillo primoxénito de Fernando Ruiz de Castro Osorio e Portugal, ao que sucedeu en 1575, e da súa esposa Tareixa de Andrade, primoxénita de Fernando de Andrade, II Conde de Vilalba e I Conde de Andrade. Ostentou os títulos de V Conde de Lemos, II Marqués de Sarria, III conde de Vilalba e II conde de Andrade. Na súa persoa fusiónanse as Casas de Andrade e Lemos

Tivo varios fillos, entre eles Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal.

Criado na corte do emperador Carlos V prestou grandes servizos militares a Filipe II durante a guerra con Portugal. Faleceu repentinamente aos 66 anos de idade.