Saltar ao contido

Concerto (forma musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frederico II de Prusia tocando un concerto de frauta en SanssouciC. P. E. Bach.

Como forma musical (non como interpretación dunha ou máis obras musicais ante un público), tradicionalmente coñécese como concerto, abreviándoo de concerto per soli (concerto para solistas) unha composición para un, dous (dobre), tres (triplo) ou máis instrumentos con acompañamento orquestral.[1][2] Como denominación anterior historicamente a palabra concerto é sinónima do termo concertante.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, o concerto compúxose en forma de sonata segundo o concepto clásico ou barroco, con modificacións para permitir o virtuosismo do solista, en especial as cadencias (moitas veces chamadas polo seu termo italiano cadence en plural, ou cadenza en singular). Estas adoitan ser interpretadas polo solista inmediatamente antes de que a orquestra dea conclusión cun tutti ao primeiro ou ao último movemento da obra.

Por contraste, o concerto grosso barroco anterior constitúe unha composición para orquestra completa, na que a orquestra non acompaña, oponse ou arroupa o solista, senón que forma un grupo habitualmente chamado tutti ou ripieno que intercambia material musical cun grupo de solistas chamado concertino. Foi Vivaldi quen, fronte ao concepto de Corelli e Torelli, entre outros, denominou o Concerto grosso como un diálogo entre solista e orquestra nun "balance de forzas" entre o grupo de solistas e o ripieno e estableceu unha estrutura compacta e orgánica do diálogo solista-orquestra, consolidando o concerto para solista ou Concerto per Soli. O modelo per soli ou simplemente concerto, é o modelo que a partir de entón se impuxo e que foi adoptado por unanimidade por todos os compositores preclásicos, clásicos e románticos, chegando practicamente até o día de hoxe salvo en casos puntuais ou de música experimental, levados a cabo xa na súa maioría a partir do século XX.

  1. Hughes, R. e Taylor, D./Kerr, R., Music Lover's Encyclopedia. New York: Garden City Books, Doubleday & Company Inc. 1954, p. 577 (en inglés).
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Concerto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía en inglés

[editar | editar a fonte]
  • Hill, Ralph, Ed., 1952, The Concerto, Penguin Books.
  • Randel, Don Michael, Ed., 1986, The New Harvard Dictionary of Music, Harvard University Press, Cambridge, MA e Londres.
  • Steinberg, Michael, 1998, The Concerto: A Listener's Guide, Oxford University Press.
  • Tovey, Donald Francs, 1936, Essays in Musical Analysis, Volume III, Concertos, Oxford University Press.
  • Wolf, Eugene K., Concerto, in Randel, Ed., 1986, pp. 186–191.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]