Saltar ao contido

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hospital Arquitecto Marcide.

O Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) é unha institución sanitaria dependente do Sergas localizada na parroquia de Santa Cecilia de Trasancos, en Ferrol. O CHUF está formado polo Hospital Arquitecto Marcide, o Hospital Profesor Nóvoa Santos e o Hospital Naval[1]. O Complexo atende a poboación da Área sanitaria de Ferrol, que abarca as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, no norte da provincia da Coruña.

O Hospital Arquitecto Marcide está situado na avenida da Residencia, preto de Catabois, ao norte da cidade de Ferrol. Nesa mesma vía están o Hospital Naval (antigo Hospital Básico da Defensa) e o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMPF), antigo Centro de Asistencia a Minusválidos Psíquicos e Físicos, que depende do Imserso. Na mesma zona, na rúa Irmandade de Doantes de Sangue de Ferrolterra, está o Centro de Educación Especial Terra de Ferrol. Menos dun quilómetro cara ao norte pola estrada de Catabois está o Hospital Profesor Nóvoa Santos.

En 2018 dispuña de 457 camas instaladas (413 delas en funcionamento), 12 quirófanos e 2 paridoiros[2]. En 2006 contaba con 393 camas de agudos e 8 quirófanos[3].

Área sanitaria de Ferrol
Concellos que atende
Ferrol
Narón
Valdoviño
Cerdido
Cedeira
Cariño
Ortigueira
Mañón
As Pontes
As Somozas
Moeche
San Sadurniño
Neda
A Capela
Monfero
Pontedeume
Cabanas
Fene
Mugardos
Ares

Hospital Arquitecto Marcide

[editar | editar a fonte]

O hospital, inaugurado en 1976, foi deseñado polo arquitecto Martín José Marcide Odriozola, que lle dá o nome.

Hospital Profesor Nóvoa Santos

[editar | editar a fonte]

Inaugurado no ano 1953 como Sanatorio Antituberculoso de Catabois[4], está situado nun terreo de 58.959 metros cadrados a carón da estrada de Catabois, ao norte da cidade de Ferrol. Ten planta en forma de duplo T e sete alturas. Leva o nome do médico galego Roberto Nóvoa Santos.

Centros dependentes

[editar | editar a fonte]
  • Centro de Saúde Fontenla Maristany (Ferrol)
  • Centro de Saúde de Caranza (Ferrol)
  • Centro de Saúde de Serantes (Ferrol)
  • Consultorio Manuel Comellas (Ferrol)
  • Consultorio de A Graña (Ferrol)
  • Centro de Saúde de Ares (Ares)
  • Centro de Saúde de Cabanas (Cabanas)
  • Centro de Saúde de Capela (A Capela)
  • Centro de Saúde de Cariño (Cariño)
  • Centro de Saúde de Cedeira (Cedeira)
  • Centro de Saúde de Cerdido (Cerdido)
  • Centro de Saúde de Fene (Fene)
  • Consultorio de Maniños (Fene)
  • Centro de Saúde de Mañón (Mañón)
  • Consultorio de Grañas do Sor (Mañón)
  • Consultorio Campo de Mañón (Mañón)
  • Centro de Saúde de Moeche (Moeche)
  • Centro de Saúde de Monfero (Monfero)
  • Consultorio A Graña-Xestoso (Monfero)
  • Consultorio Vite-Queixeiro (Monfero)
  • Consultorio Xiao-Val do Xestoso (Monfero)
  • Centro de Saúde de Mugardos (Mugardos)
  • Consultorio do Seixo (Mugardos)
  • Centro de Saúde de Narón SERGAS (Narón)
  • Consultorio do Val (Narón)
  • Consultorio de Pedroso (Narón)
  • Centro de Saúde de Neda (Neda)
  • Centro de Saúde de Ortigueira (Ortigueira)
  • Consultorio Casa do Mar Espasante (Ortigueira)
  • Consultorio de Mera (Ortigueira)
  • Centro de Saúde de Pontedeume SERGAS (Pontedeume)
  • Centro de Saúde das Pontes (As Pontes de García Rodríguez)
  • Centro de Saúde de San Sadurniño (San Sadurniño)
  • Centro de Saúde das Somozas (As Somozas)
  • Centro de Saúde de Valdoviño (Valdoviño)
  1. "Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol - Área Sanitaria de Ferrol (Hospitais, Centros de Saúde, Casas do Mar e Consultorios)". ferrol.sergas.gal. Consultado o 2020-09-09. 
  2. [1] Área Sanitaria de Ferrol. Memoria 2018.
  3. Área Sanitaria de Ferrol Memoria Anual 2006 Sergas (en PDF)
  4. Castro, Man. Acotaciones de un ferrolés, ed. "Tirando de Hemeroteca". Consultado o 19 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]