Cobol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
COBOL
Paradigma: Procedural, imperativa, orientada a obxectos
Data: 1959
Deseñador: Howard Bromberg
Howard Discount
Vernon Reeves
Jean E. Sammet
William Selden
Gertrude Tierney
Desenvolvedor: CODASYL, ANSI, ISO
Última versión: ISO/IEC 1989:2014
Postas en funcionamento: GNU Cobol, IBM COBOL, Micro Focus Visual COBOL
Influído por: AIMACO, C++, COMTRAN, FACT, FLOW-MATIC, Smalltalk
Influíu: CobolScript, PL/1
Portada do informe COBOL 60. Departamento de Defensa, abril 1960.

A linguaxe COBOL (acrónimo de COmmon Business Oriented Language) naceu co propósito de crear unha linguaxe de programación que puidera ser empregada en calquera ordenador (na década dos 60 convivían moitos sistemas incompatibles) e que estivera orientada á informática de xestión.

Na creación desta linguaxe tivo un papel fundamental a comisión CODASYL, composta por fabricantes de ordenadores, usuarios e o Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América. O primeiro prototipo naceu en 1960 denominándose COBOL-60. Evolucionou rapidamente e foi revisado en 1961 a 1965.

No ano 1968 publicouse a primeira versión ANSI, que sufriría varias revisións nos anos 1974 (COBOL ANS-74), 1985 (COBOL ANS-85), e no 2002 (COBOL ANS-2002).

Coa chegada da programación orientada a obxectos fixeronse intentos de dar ao COBOL dita funcionalidade, conseguíndo a prolongación do seu uso. Algunhas compañías tamén tentaron adaptalo á programación visual, en sistemas operativos como Windows.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.