Emmanuelle Béart
Emmanuelle Béart | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de agosto de 1963 |
Lugar de nacemento | Gassin |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | cristianismo e xudaísmo |
Alma máter | Collège International Marie de France |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, modelo e actriz de teatro |
Pai | Guy Béart |
Nai | Geneviève Galéa |
Cónxuxe | Daniel Auteuil e Michaël Cohen |
Fillos | Nelly Auteuil |
Irmáns | Mikis Cerieix, Olivier Guespin e Ève Béart |
Premios | Oficial das Artes e das Letras, César de melhor atriz secundária, David di Donatello for Best Foreign Actress, Cabaleiro da Lexión de Honra, Prémio do Cinema Europeu de melhor atriz, Silver Bear for Outstanding Artistic Contribution e Stanislavsky Award |
Na rede | |
http://www.ebeart.co.uk/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Emmanuelle Béhart-Hasson, nada en Gassin o 14 de agosto de 1963, é unha actriz francesa, coñecida como Emmanuelle Béart.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Béart naceu na Riviera francesa, filla de Geneviève Galéa (pseudónimo de Geneviève Guillery), antiga modelo de ascendencia crota, grega e maltesa, e de Guy Béart, cantante e poeta.[1] A familia do seu pai, nado en Exipto, era descendente de xudeus libaneses.[2][3][4][5][6]
Ten unha media irmá, Ève (nada en 1959), por parte paterna, e seis medios irmáns de dúas relacións da súa nai, Ivan, Sarah e Mikis Cereix e Olivier, Lison e Charlotte Guespin.[7][8]
No final da súa adolescencia, pasou vacacións de verán coa familia anglofalante dun amigo íntimo do seu pai en Montreal. Ficaba con Beverly Mellen e William Sofin e os seus foud fillos, Andrew e Sean Sofin. A finais do verán, a familia convidouna a quedar con eles e completer o baccalauréat no Collège International Marie de France. Continuaron a manter a súa amizade.[9]
Béart conseguiu un papel no filme de 1976 Tomorrow's Children. Tamén apareceu en pequenas personaxes na televisión. Tras graduarse do Collège International Marie de France de Montreal, volveu a Francia para recibir clases de arte dramática en París. Pouco despois foi contratada para o seu primeiro papel adulto nun filme, e en 1986 acadou sona polo seu papel con Yves Montand, como a filla vingativa do éxito francés Manon des Sources. Pola súa interpretación gañou o César á mellor actriz secundaria. En 1995 gañou o premio de interpretación do Festival de Ciname de Moscova polo seu papel en Une femme française.[10]
No número do 5 de maio de 2003 da edición francesa da revista Elle, Béart, de 39 anos, apareceu espida:[11] a edición enteira de 550 000 copias veldeuse en tres días, converténdose no número máis vendido na historia de publicación.[12]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
A mediados da década de 1980, Béart comezou unha relación con Daniel Auteuil (coprotagonista de L'amour en douce, Manon des Sources, Un cœur en hiver e Une femme française); casaron en 1993 e divorciáronse en 1995. Béart relacionouse romanticamente co produtor musical David François Moreau[9][13] e co produtor cinematográfico Vincent Meyer durante dous anos ata que se suicidou en maio de 2003.[11] Ten tres fillos, incluíndo Nelly Auteuil (nada c. 1993) e Johan Moreau (nado c. 1996).[9] Casou co actor Michaël Cohen o 13 de agosto de 2008 en Genappe (Bélxica), e en 2009 adoptaron un neno de Etiopía chamado Surafel. Béart e Cohen separáronse en 2011. En 2011, comezou unha relación co director e director de fotografía Frédéric Chaudier.[14]
Ademais do seu traballo na pantalla, Béart é coñecida polo seu activismo social. É embaixadora de UNICEF, e mostrou a súa oposición ás leis francesas antiinmigración. En 1996 apareceu nos titulares cando foi evacuada dunha igrexa parisiense que ocupara o seu grupo en defensa dos "sans-papiers" ("sen papeis").
En marzo de 2012, Béart falou contra a cirurxía estética en Le Monde, dicindo que se arrepentía de operarse os beizos en 1990 cando tiña 27 anos.[15]
En setembro de 2018, casou con Frédéric Chaudier.[16]
Filmografía[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Emmanuelle Beart Biography (1965–)". Film Reference. Consultado o 21 de abril 2020.
- ↑ Binder, Carol (16 de setembro de 2015). Guy Béart: «Ma mère m'a enseigné les rituels juifs que je connais très bien» Arquivado 20 de decembro de 2018 en Wayback Machine.. ActualitéJuive (en francés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ "Emmanuelle Beart". Gossiprocks.com. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ Bu, Peter (24 de agosto de 2018). "Ces migrants qui abîment l'image de la France". Mediapart.fr (en francés). Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ Kerlereux, Pierre (xaneiro de 2019) [2019]. "Les chrétiens d'Orient" [Eastern Christians]. Besancon.fr (en francés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2020. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ Salameh, Franck (2018). Lebanon's Jewish Community: Fragments of Lives Arrested. Springer. p. 52. ISBN 978-3-319-99667-7.
- ↑ Média, Prisma. "Emmanuelle Béart - La biographie de Emmanuelle Béart avec Gala.fr". Gala.fr (en francés). Consultado o 30 de outubro de 2020.
- ↑ Arlin, Marc (12 de agosto de 2020). "Emmanuelle Béart : qui est sa soeur aînée, Eve Béart ?". www.programme-tv.net (en francés). Consultado o 30 de outubro de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "Emmanuelle Beart". Turner Classic Movies. Consultado o 16 de xaneiro de 2010.
- ↑ "19th Moscow International Film Festival (1995)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2013.
- ↑ 11,0 11,1 "Actress Conceals Grief At Cannes". Contactmusic.com (en inglés). World Entertainment News Network. 25 de maio de 2003. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ Mottram, James (20 de xuño de 2009). Emmanuelle Béart: 'Sometimes you feel more naked when you're totally dressed than the other way round'. The Independent. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ "Emmanuelle Béart a été en couple avec le frère de Patrick Bruel - Gala". Gala.fr (en francés). Consultado o 2022-01-29.
- ↑ "PHOTOS – Emmanuelle Béart and her lover Frédéric Chaudier accomplices for a glamorous evening Gala". The Siver Times. 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ Emmanuelle Béart : la chirurgie esthétique, "ça a été effroyable". Le Monde (en francés). 2 de marzo de 2012. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ La rédaction (26 de setembro de 2018). "Exclu – Vive la mariée : Emmanuelle Beart a épousé son compagnon Frédéric". Gala.fr (en francés). Consultado o 2018-09-26.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emmanuelle Béart ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gaffez, Fabien (10 de marzo de 2005). Emmanuelle Béart. Nouveau Monde Editions. ISBN 978-2-84736-090-5.