Clara Corral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tumba de Clara Corral no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Clara Corral Aller, nada en Ourense o 8 de xuño de 1847 e finada na Coruña o 9 de febreiro de 1908, foi unha poeta galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fila de Dimas Corral Rebellón. En 1852 trasladouse coa familia a Lugo. Orfa de pai e nai mudouse coas súa irmás Consuelo e Rita a Santiago de Compostela en 1868 e dedicouse ao seu labor literario. Consérvanse os seus poemas aparecidos na prensa da época, El Diario de Santiago, Revista Compostelana de Instrucción y Recreo e La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1884 trasladouse a vivir á Coruña co seu irmán e a súa cuñada. En 1891 publicou A Herminia, dedicado á morte da súa sobriña, filla da súa irmá Rita.

En 1980 publicáronse Poesías en gallego y castellano. 1847-1908, en edición de Dimas Romero Vázquez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • González Paz, Carlos Andrés (ed.) (2014). Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, ed. Escritoras na Galicia do século XIX. Santiago de Compostela. pp. 90–93. ISBN 978-84-00-09895-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]