Dimas Corral Rebellón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dimas Corral Rebellón
Nacemento3 de febreiro de 1820
Lugar de nacementoMondoñedo
Falecemento28 de xuño de 1868
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista, filósofo e médico
PaiLois Corral Rodríguez
FillosClara Corral e Rita Corral Aller
Na rede
WikiTree: Corral_Rebellón-1
editar datos en Wikidata ]

Dimas Corral Rebellón, nado en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1820 e finado en Lugo o 28 de xuño de 1868, foi un médico, xornalista e filósofo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Metafísica na Universidade de Santiago de Compostela (1832-36) e despois Medicina (1840-46). En 1846 doutorouse en Filosofía e Medicina e foi rexente de Psicoloxía e Lóxica da Facultade de Letras compostelá. Foi médico en Ourense e profesor de Filosofía no Seminario. Logo foi profesor de Lóxica no Instituto de Ourense, do que chegou a ser director. En 1852 trasladouse coa familia a Lugo. Foi redactor de El Eco de Galicia e La Aurora del Miño (que chegou a dirixir entre xuño e xullo de 1857) e colaborou en El Correo de Lugo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa compostelá Clara Aller Presas coa que tivo catro fillos: as escritoras Consuelo, Rita e Clara Corral Aller e o médico militar e profesor Dimas Corral Aller[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los Corral Rebellón, saga de médicos y escritores oriunda de Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-02-16. Consultado o 2020-08-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]