Ciropedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ciropedia
Autor/aXenofonte
Ilustrador/aF. Philelfus
OrixeGrecia
Linguagrego clásico
Xénero(s)novela biográfica e ficción histórica
editar datos en Wikidata ]
Cyropaedia

Ciropedia (do grego Κύρου παιδεία, Kýru paidéia, "Educación de Ciro"), é unha obra de ficción biográfica que abarca a mocidade, ascenso e goberno de Ciro, escrita por Xenofonte posibelmente entre os anos -365 e -380[1][2].

Esta obra consta de oito libros, os cales teñen o obxectivo de representar o ideal de soberano e cabaleiro a partir da figura exemplar de Ciro. O libro I presenta o devir do seu personaxe, en cambio os libros do II ao VIII narran o seu modo de actuar, produto dese devir[3].

Libros[editar | editar a fonte]

Ana Vegas Sansalvador, na introdución da obra "Ciropedia", escribe[4]:

O título adquire, por tanto, o seu total significado referido ao conxunto da obra, que constitúe unha asistemática Summa das ideas do seu autor sobre a educación, caza, equitación, política, moral e arte militar, que o propio Xenofonte plasmara ou había expresar máis sistematicamente en tratados especializados[3].

O libro I empeza coa reflexión sobre as dificultades que implica gobernar, logo fai referencia a un home que fai caso omiso a estas dificultades e en cambio faise respectar e amar polo seu vasto imperio: o persa Ciro. Relata as orixes deste gobernador, sobre os seus pais e a educación persa que tivo. Seguido conta as ocorrencias, cando Ciro era neno, da estancia e volta na corte xunto ao seu avó Astiaxes, quen foi o último rei medo[5]. Á súa volta a Persia narra a vida de Ciro cando era príncipe, os deberes que cumpría en contraste aos demais mozos e o ensino que tivo de parte do seu pai, Cambises, sobre cuestións militares con relación á súa persoa, aos seus homes e aos seus inimigos[6].

Os libros II e III narran os preparativos previos á contenda e as campañas de Armenia e Caldea. Ciro, agora con máis carácter, gaña estas dúas contendas, grazas ao bo desempeño que tivo cos seus soldados ao fomentarlles o ánimo con diversos concursos e recompensas, ademais do bo armamento que levaban[7][8].

Os libros IV até VII contan a campaña de Asiria. Empeza cos preparativos, as tácticas que se habían utulizar nesta campaña, logo a marcha contra o inimigo e a primeira vitoria[9]. Logo do abandono de Ciaxares, tío de Ciro, este segue o seu rumbo co seu exército e algúns voluntarios medos, quen logo reciben a axuda dos hircanios, quen eran aliados dos asirios. Tamén relata sobre o espía que mandou Ciro aos asirios, quen se facía pasar por un desterrado persa polo seu vulgar comportamento por namorarse de Pantea, muller de Ciro. Xa no libro VII, fala sobre os pobos sometidos por Ciro no seu paso a Babilonia e termina coa captura desta cidade[10].

Ao termo do libro VII, Ciro preséntase xa como soberano asentado en Babilonia, logo no libro VIII comeza a organización da corte e logo o imperio, controlada por Ciro. Neste libro tamén relata os encontros de Ciro cos seus amigos, colmándoos de agasallos, e algúns poboadores, como Feraulas[11]. Xa case finalizando a obra Xenofonte fala dun Ciro xa ancián, próximo a morrer na súa cama e rodeado dos seus fillos, a quen lles advirte sobre os perigos da división e demais últimos consellos, sendo as súas últimas palabras:

Por último, lembrade tamén estas palabras miñas: facendo ben aos vosos amigos, seredes quen de castigar aos vosos inimigos. Adeus fillos queridos, e dicide adeus á vosa nai da miña parte. Adeus todos, amigos meus, presentes e ausentes.

Este último libro conclúe co epílogo, que describe a decadencia do imperio despois da morte de Ciro e contrastando estes dous tempos[12]. Este epílogo entra en controversias, considerándose como sospeitoso, auténtico e por outros como apócrifo[13][14].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zaragoza Botella, J. "Jenofonte". Gran Enciclopedia Rialp. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 12 de abril de 2018. (en castelán)
  2. W. Schmid, 1934:518. Sostén unha data tardía, sobre o -362
  3. 3,0 3,1 de Atenas Xenofonte 1987:7
  4. Xenofonte 1987:5. Escritora da introdución, tradución e notas de Ciropedia
  5. "Astyages". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 12 de abril de 2018. 
  6. Xenofonte, 1947:87 tomo primeiro
  7. de Atenas Xenofonte, 1987:152
  8. Xenofonte, 1987:149
  9. Xenofonte 1987:228
  10. Xenofonte, 1987:411
  11. Xenofonte, 1987:455-457
  12. Xenofonte, 1987:493
  13. Xenofonte e Pierre Chambry, 1932
  14. M. Hémardinquer, 1872

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Schmid;, W.; O Stählin (1934). Geschichte der griechischen Literatur. (en alemán). Beck, Biederstein. OCLC 39964644. 
  • Xenofonte; Pierre Chambry (1932-1935). Xenophon ... Traduction nouvelle avec notices, notes et index (en francés). París: Garnier fréres. OCLC 10285877. 
  • M., Hémardinquer (1872). La Cyropédie : essai sur les idées morales et politiques de Xénophon (en francés). París: E. Thorin. OCLC 150804022. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]