Galifontes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo do Galifontes.

Galifontes é a versión en galego do Wikisource, unha biblioteca dixital de fontes de texto libres en formato wiki, operado pola Wikimedia Foundation. O proxecto é un repositorio de obras no dominio público ou con licenza libre. O contido inclúe obras publicadas ou documentos históricos, que cumpran certos requisitos de verificabilidade.

O concepto orixinal para o Wikisource foi o de ser un almacén de textos históricos útiles ou importantes, coa intención de dar apoio aos artigos da Wikipedia coma fonte primaria de evidencias e verificabilidade, e coma arquivo de seu. A colección tivo un enfoque inicial nos materiais históricos e culturais, distinguíndose de outros arquivos dixitais coma o Proxecto Gutenberg.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]