Almallo Rugby Clube Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Almallo Ferrol
NomeAlmallo Rugby Clube Ferrol
Fundación1997
SedeFerrol, Galiza
Estadio(s)A Malata
Casa
Na rede
http://www.almalloferrol.com/

O Almallo R.C. foi un equipo de rugby galego, da cidade de Ferrol, fundado en 1997.

Historia[editar | editar a fonte]

O Almallo Ferrol tomou o relevo natural do anterior club de rugby da cidade, o "Marina Ferrol", trala desaparición deste a principios dos anos 90 e trala tentativa infrutuosa do traslado a Narón, a mediados da década.

O Almallo, na súa primeira tempada (1997-98) na competición, acadou o título da Segunda División, e na seguinte tempada (1998-1999) estivo a piques de gañar o título da Primeira División, acadando finalmente o segundo posto. Porén non chegou a disputar a fase de ascenso á liga Nacional ao carecer de categorías inferiores. Neste ano integrouse na Universidade da Coruña - Campus de Ferrol. Tralas tempadas 2000-01 e 2001-02, na que descende a Segunda División, o Campus retira o seu apoio ao club e decide non presentar equipo á Liga Galega, aínda que segue mantendo equipo de Rugby 7 e de Rugby Praia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]