Quirocéntridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Chirocentrus»)
Chirocentrus dorab. Debuxo do antigo artista de FishBase Robbie Cada

A dos quirocéntridos (Chirocentridae) é unha pequena familia de peixes osteíctios da orde dos clupeiformes.

Comprende tan só un xénero con dúas especies mariñas relacionadas cos arenques.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1849 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[2]

Xénero[editar | editar a fonte]

O xénero fora descrito en 1816 polo naturalista francés Georges Cuvier.[3]

Especies[editar | editar a fonte]

Como quedou dito, o xénero conta dó con dúas especies:[3]

Características[editar | editar a fonte]

Ambas as especies teñen corpos alongados e mandíbulas con dentes longos e afiados que facilitan o seu apetito voraz, principalmente para comer outros peixes.[4]

Ambas as especies alcanzan unha lonxitude de 1 m. Teñen os costados prateados e as costas azuladas.

Péscanse comercialmente, e comercialízanse frescos ou conxelados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: 560. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2009. Consultado o 3 de agosto de 2022. 
  2. Chirocentridae Bleeker, 1849 no WoRMS. Consultado o 3 de agosto de 2022.
  3. 3,0 3,1 Chirocentrus Cuvier, 1816 no WoRMS. Consultado o 3 de agosto de 2022.
  4. Nelson, Gareth (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-1254-7665-5, p. 94.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]