Clupeiformes
| Clupeiformes | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clupeiformes Edwin Stephen Goodrich 1909 | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Os clupeiformes (Clupeiformes) son unha orde de peixes osteíctios da superorde dos clupeomorfos (Clupeomorpha), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como os arenques, as sardiñas ou os bocareus.[1][2]
A orde comprende 397 especies agrupadas en 6 familias. Son peixes de pequeno tamaño e coloración prateada polos flancos e o ventre, peláxicos, que viaxan a miúdo en grandes cardumes.[2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Caracterízanse por presentaren unha aleta caudal homocerca (é dicir, formada por dous lobos iguais e sen prolongación da columna vertebral), careceren de raios espiñosos nas aletas e presentaren —normalmente— grandes escamas cicloides. Teñen unha curta aleta dorsal, coas ventrais xusto por debaixo.[3]
Carecen de aleta adiposa e de liña lateral; porén, poden percibir e identificar a dirección dos sons e as ondas de presión porque son peixes fisóstomos, é dicir, coa vexiga natatoria unida por un conduto á parte anterior do tubo dixestivo e conectada ao oído medio.[3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en dúas subordes:[4]
- Suborde Clupeoidei:[5]
- Familia Chirocentridae
- Familia Clupeidae (arenques e sardiñas)
- Familia Engraulidae (bocareus)
- Familia Pristigasteridae
- Familia Sundasalangidae
- Suborde Denticipitoidei:[6]
- Familia Denticipitidae
En Galicia
[editar | editar a fonte]Nas augas da nosa comunidade están citadas s seguintes especies da orde:[7]
- Familia Clupeidae
- Familia Engraulidae
- Engraulis encrasicolus, o bocareu, bocarte ou bucareu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nelson, Joseph S. (2006)
- 1 2 Clupeiformes en ADW. (en inglés)
- 1 2 3 Muus, Bent J. (1998), p. 87.
- ↑ Clupeiformes (Taxonomic Serial No.: 161694) en SIIT. (en inglés)
- ↑ Clupeoidei(Taxonomic Serial No.: 161699) en SIIT. (en inglés)
- ↑ Denticipitoidei (Taxonomic Serial No.: 161695) en SIIT. (en inglés)
- ↑ Solórzano et al. (1988), pp. 18-19.
- 1 2 "Dicionario da RAG". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 04 de agosto de 2013.
- 1 2 3 4 5 6 7 Ríos Panisse (1977), pp. 210-218.
- 1 2 3 4 5 Rodríquez Solórzano (1983), p. 62.
- 1 2 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 65-
- 1 2 Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 24-25.
- ↑ Rodríquez Solórzano (1983), p. 61.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 164.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Clupeiformes |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Clupeiformes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
- Xunta de Galicia (1999): Guía do consumidor de peixe fresco. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Clupeiformes en NCBI. (en inglés)
- Clupeiformes en FishBase. Taxonomía e algunhas informacións sobre as características da orde. (en inglés)