Quirocéntridos
Quirocéntridos Chirocentridae Rango fósil: Eoceno - Actualidade[1] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chirocentrus dorab | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
A dos quirocéntridos (Chirocentridae) é unha pequena familia de peixes osteíctios da orde dos clupeiformes.
Comprende tan só un xénero con dúas especies mariñas relacionadas cos arenques.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1849 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[2]
Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero fora descrito en 1816 polo naturalista francés Georges Cuvier.[3]
Especies
[editar | editar a fonte]Como quedou dito, o xénero conta dó con dúas especies:[3]
- Chirocentrus dorab (Forsskål, 1775), que habita en augas costeiras cálidas desde o Mar Vermello até o Xapón e Australia.
- Chirocentrus nudus Swainson, 1839, que vive nun rango similar. (Esta especie é difícil de distinguir de C. dorab; a primeira ten unha marca negra na súa aleta dorsal). Tamén se sabe que esta especie come cangrexos, ademais da súa dieta habitual de peixes máis pequenos).
Características
[editar | editar a fonte]Ambas as especies teñen corpos alongados e mandíbulas con dentes longos e afiados que facilitan o seu apetito voraz, principalmente para comer outros peixes.[4]
Ambas as especies alcanzan unha lonxitude de 1 m. Teñen os costados prateados e as costas azuladas.
Péscanse comercialmente, e comercialízanse frescos ou conxelados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: 560. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2009. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ Chirocentridae Bleeker, 1849 no WoRMS. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Chirocentrus Cuvier, 1816 no WoRMS. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ Nelson, Gareth (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-1254-7665-5, p. 94.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
- Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2011): "Chirocentridae" en FishBase.