Peter Forsskål
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de xaneiro de 1732 Helsinqui |
| Morte | 11 de xullo de 1763 (31 anos) Iemen |
| Causa da morte | malaria |
| Outros nomes | Pehr Forsskål, Peter Forskaol, Petrus Forskål ou Pehr Forsskåhl |
| País de nacionalidade | sueca |
| Educación | Universidade de Gotinga (1751–) Universidade de Uppsala (1742–) |
| Director de tese | Carl von Linné |
| Q89547790 | ser un dos chamados dezasete apóstolos de Linneo. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Botánica, filosofía e antropoloxía |
| Lugar de traballo | Uppsala Gotinga |
| Ocupación | naturalista (botánico, ictiólogo), escritor, explorador |
| Empregador | Universidade de Uppsala |
| Membro de | |
| Obra | |
| Abreviación dun autor en botánica | Forssk. |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Forsskål |
| Familia | |
| Pai | Johannes Forsskål |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC Encyclopædia Britannica |
Peter Forsskål, tamén coñecido como Pehr Forsskål, Peter Forskaol, Petrus Forskål ou Pehr Forsskåhl, nado o 11 de xaneiro de 1732 en Helsinqui e finado o 11 de xullo de 1763 no Iemen, foi un naturalista, explorador e orientalista sueco, un dos chamados dezasete apóstolos de Linneo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Uppsala, onde foi alumno de Linneo, e despois na universidade de Gotinga, sendo alí alumno de Johann David Michaelis.
En 1760 únese á expedición danesa á península arábiga baixo a dirección de Carsten Niebuhr. No Iemen recolecta e describe unha serie de plantas e animais.
En 1767 Niebuhr regresa a Copenhaguen como único sobrevivente da expedición e publica os datos recolectados e unha recensión da campaña. Pertencen aos traballos de Forsskål, e aparece en 1775 como Descriptiones Animalium - Avium, amphiborum, insectorum, vermium quæ in itinere orientali observavit Petrus Forskål. O mesmo ano aparece un índice das plantas do Iemen e Exipto: Flora Ægyptiaco-Arabica sive descriptiones plantarum quas per Ægyptum Inferiorem et Arabiam felicem detexit, illustravit Petrus Forskål.
Taxons dedicados
[editar | editar a fonte]- Forsskaolea L., que lle dedicou Linneo.[1][2]
- (Euphorbiaceae) Chamaesyce forsskaolii (J.Gay) Figueiredo.[3]
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Forssk. emprégase para indicar a Peter Forsskål como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
- A abreviatura Forsskål emprégase para indicar a Peter Forsskål como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Linneo on line - Resa till "det lyckliga Arabien"
- ↑ Opobalsamum 17 (-18). 22 de dic 1764 (IK)
- ↑ Fl. Cabo Verde 54: 48, 1996.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Peter Forsskål |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peter Forsskål |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vesa Oittinen (2006): "Peter Forsskål - ein radikaler Aufklärer", en: Jahrbuch für finnisch-deutsche Literaturbeziehungen. pp. 25-34.