Chingiz
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de marzo de 1991 Moscova |
| Outros nomes | Chingiz |
| Educación | Baku Academy of Music (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, cantautor |
| Período de actividade | 2007 |
| Xénero artístico | Música pop e música folk |
| Instrumento | Voz e guitarra |
| Participou en | |
| maio de 2019 | Festival de Eurovisión 2019 (8º) |
Chingiz Mustafayev, máis coñecido simplemente como Chingiz, é un cantante, compositor e guitarrista acerbaixano nado en Moscova. Representará ao seu país no Festival de Eurovisión 2019 en Tel Aviv coa canción "Truth".
Biografía
[editar | editar a fonte]Chingiz naceu en Moscova e mudouse a Qazax, Azerbaidján, cando tiña seis anos de idade. Aprendeu a tocar a guitarra e empezou a compor cancións cando era moi novo.[1]
Carreira
[editar | editar a fonte]Con 13 anos, mudouse coa súa nai e o seu irmán a Bakú, onde se presentou á versión acerbaixana de Pop Idol en 2007. Chingiz gañoua competición, e pouco despois converteuse nunha nova estrela na industria musical de Azerbaidján. En 2013, representou a Azerbaidján internacionalmente no Festival New Wave en Jūrmala, Letonia, quedando na posición 11 e cantando nun solo con Polina Gagarina. Tres anos despois, Mustafayev audicionou para a sexta edición de The Voice of Ukraine, quedando eliminado nas batallas. Dende aí, Chingiz fixo carreira co seu grupo Palmas, chamándose así Chingiz & Palmas, mesturando o folk tradicional de Azerbaidján e Turquía con aires flamencos e pop. A principios de 2019, Chingiz lanzou en solitario o sinxelo "Tənha gəzən".
O 8 de marzo de 2019, confirmouse que Chingiz representaría a Azerbaidján no Festival de Eurovisión 2019 coa canción "Truth", actuando na segunda semi-final o 16 de maio de 2019 en Tel Aviv.
Discografía
[editar | editar a fonte]Sinxelos
[editar | editar a fonte]| Título | Ano | Álbum |
|---|---|---|
| "Qürbət" | 2018 | — |
| "Get" | ||
| "Tənha gəzən" | 2019 | |
| "Truth" |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Chingiz - Eurovision Song Contest Tel Aviv 2019". eurovision.tv. Consultado o 2019-03-08.
| Predecesor: "X My Heart" Aisel |
Azerbaidján no Festival de Eurovisión 2019 |
Sucesor: "-" - |