Charles-François Brisseau de Mirbel
Charles-François Brisseau de Mirbel | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de marzo de 1776 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 12 de setembro de 1854 |
Lugar de falecemento | Levallois-Perret |
Nacionalidade | francesa |
Ocupación | botánico, político, profersor universitario |
Cónxuxe | Lizinska Aimée Zoé Rue |
Coñecido por | pioneiro da citoloxía, histoloxía e a fisioloxía vexetal |
Organización | Facultade de Ciencias da Sorbona Museo Nacional de Historia Natural de Francia |
Premios | Membro da Royal Society Membro da Leopoldina Membro da Academia de Ciencias de Francia Cabaleiro da Légion d'Honneur |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Charles-François Brisseau de Mirbel, nado o 27 de marzo de 1776 en París, e finado o 12 de setembro de 1854 en Levallois-Perret, Illa de Francia, foi un botánico e político francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos 20 anos converteuse en naturalista axudante no Museo Nacional de Historia Natural de Francia. En 1802 publicou un importante Traité d'anatomie et de physiologie végétales, o que fixo que fora consideralo o pai da citoloxía, a histoloxía e a fisioloxía das plantas. En 1803 obtivo o posto de administrador dos xardíns do Château de Malmaison, de París. As súas publicacións valéronlle para, en 1808, ingresar na Academia de Ciencias de Francia e obter a cátedra de Botánica na Sorbona.
Durante a Restauración, o seu amigo Élie Decazes, ministro da Policía en 1815 e presidente do Consello de Ministros de Luís XVIII en 1819, ofreceulle un posto de Secretario Xeral. Pero a caída do goberno en 1829, preludio da Revolución de 1830, marcou o fin das súas ambicións políticas e obtivo unha cadeira no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
A súa segunda esposa, Lizinska de Mirbel (de solteira Lizinska Aimée Zoé Rue), foi unha famosa miniaturista nos círculos da Corte.
Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]
- Histoire naturelle, générale et particulière de plantes, 1802-1806.
- Exposition de la théorie de l'organisation végétale, 1809.
- Traité d'anatomie et de physiologie végétale, 1813.
- Éléments de physiologie végétale et de botanique, 1815.
Honores[editar | editar a fonte]
Foi membro da Membro da Academia de Ciencias de Francia, da Royal Society e da Academia Leopoldina, e cabaleiro da Légion d'Honneur.
En 1877, unha parte da rúa de l'Abbé-de-l'Épée no 5e arrondissement de París pasou a denominarse rúa de Mirbel na súa honra.
Eponimia[editar | editar a fonte]
O xénero Mirbelia Sm. 1805 foi nomedo no seu honor.
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Mirb. emprégase para recoñecer a Charles-François Brisseau de Mirbel como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles-François Brisseau de Mirbel |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Charles-François Brisseau de Mirbel |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gillispie, Charles Coulston, ed. (1970): "Mirbel, Charles Francois Brisseau De (1776-1854)" Dictionary of Scientific Biography: Volumes I-XIV. Nova York: Charles Scribner's Sons.