Charaxes jasius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Charaxes jasius
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Superclase: Hexapoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Nymphalidae
Subfamilia: Charaxinae
Tribo: Charaxini
Xénero: Charaxes
Especie: C. jasius
Linnaeus, 1767
Nome binomial
'Charaxes jasius'
Sinonimia
  • Papilio jasius Linnaeus, 1767
  • Papilio jason Linnaeus, 1767
  • Charaxes pelias brunnescens Poulton, 1926
  • Charaxes pelias saturnus ab. brunnescens Rothschild, 1900
  • Charaxes epijasius Reiche, 1850
  • Charaxes epijasius maculatus Suffert, 1904
  • Charaxes epijasius f. murina Le Cerf, 1923
  • Charaxes epijasius f. feisthameli Le Cerf, 1923
  • Charaxes pelias liberiae Le Cerf, 1923
  • Charaxes jasius epijasius f. aeson Stoneham, 1960
  • Charaxes jasius epijasius f. plutus Stoneham, 1960
  • Charaxes jasius epijasius f. alcimede Stoneham, 1960
  • Charaxes jasius epijasius var. melas van Someren, 1963
  • Charaxes jasius epijasius f. aesonius Stoneham, 1964
  • Charaxes harrisoni Sharpe, 1904
  • Charaxes jasius harrisoni f. saturnalis van Someren, 1963
  • Charaxes pelias pagenstecheri Poulton, 1926
  • Charaxes saturnus ab. pagenstecheri Schultze, 1913
  • Charaxes castor var. flavicinctus Butler, 1895

A Charaxes jasius é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae. Atópase amplamente distribuída en toda a África subsahariana e tamén nas rexións do litoral mediterráneo e atlántico da Península Ibérica, sur de Francia, Italia, Grecia, Albania, a costa dálmata, illas mediterráneas e norte de África, onde as súas eiruga aliméntanse do érbedo. É o único representante europeo do xénero Charaxes, que está constituído por numerosas especies de distribución africana tropical principalmente.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Larva de Charaxes jasius.

As eirugas desta bolboreta son alongadas, de cor verde. Caracterízanse por unhas seis protuberancias na parte superior da cabeza, similares a cornos. A pupa tamén é de cor verde. Os imagos teñen a cabeza pequena con grandes ollos e antenas de mediano tamaño, un tórax de cor branca, negra e marrón avermellada e un pequeno abdome de cor gris. A parte interior das ás presenta franxas de cor negra, laranxa e amarela. A parte exterior presenta debuxos complexos, alternando as cores branca, negra, laranxa e marrón avermellada, e cuns ocelos nas ás posteriores. Os machos alcanzan 65-75 mm de envergadura alar e as femias 75-90 mm.[2]

Subespecies[editar | editar a fonte]

  • C. j. jasius (Sur de Europa, Norte de África)
  • C. j. brunnescens Poulton, 1926 (Gabón, norte de Angola, República Centroafricana, suroeste da República Democrática do Congo)
  • C. j. epijasius Reiche, 1850 (Senegal, Gambia, Guinea-Bissau, Guinea, Malí, Serra Leoa, Liberia, Costa de Marfil, Burkina Faso, Ghana, Togo, Benín, Nixeria, Níxer, Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, sur de Sudán, norte de Uganda, norte de Etiopía, Somalia, noroeste de Kenya)
  • C. j. harrisoni Sharpe, 1904 (suroeste de Uganda, suroeste de Kenya, noroeste de Tanzania)
  • C. j. pagenstecheri Poulton, 1926 (sur de Etiopía, Somalia)
  • C. j. saturnus Butler, 1866 (este e nordeste de Kenya, Tanzania, Malawi, centro e sur da República Democrática do Congo, Angola, Zambia, Mozambique, Zimbabue, Botsuana, nordeste de Namibia, Suráfrica, Suazilandia)

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

As larvas das poboacións africanas aliméntanse de Sorghum roxburghii, Lonchocarpus cyanescens e especies de Cassine, mentres que as poboacións mediterráneas fano de Arbutus unedoen[1] no medio natural. En contornas máis antropizadas indicáronse tamén como plantas nutricias varias especies do xénero Brachychiton, que son árbores exóticas utilizadas en xardinaría urbana, e ocasionalmente a laranxeira. Os adultos aliméntanse xeralmente dos zumes de froitas maduras ou podrecidas e tamén de lixiviados de excrementos e cadáveres en descomposición.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Charaxes, funet.fi
  2. Woodhall, Steve. Field Guide to Butterflies of South Africa, Cape Town: Struik Publishers, 2005.